Página 27 - Actos | Actividades
-
Publicado: Mayo 10, 2011
“Titirilibro: a los títeres vamos” es el título de un libro-cd editado por KALANDRAKA, con texto del escritor y poeta Ignacio Sanz, música del Nuevo Mester de Juglaría y fotografías de Pelu Vidal. Coincidiendo con la celebración del 25º Festival Internacional de Títeres de Segovia Titirimundi, del 12 al 16 de mayo, el Palacio Quintanar acogerá la presentación de esta obra, este miércoles día 11, con la participación del director de Titirimundi, Julio Michel, el grupo Nuevo Mester de Juglaría, el autor Ignacio Sanz, y el director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
------------------------------------
“Titirilibro: a los títeres vamos” é o título dun libro-cd editado por KALANDRAKA, con texto do escritor e poeta Ignacio Sanz, música do Nuevo Mester de Juglaría e fotografías de Pelu Vidal. Coincidindo coa celebración do 25º Festival Internacional de Títeres de Segovia Titirimundi, do 12 ao 16 de maio, o Palacio Quintanar acollerá a presentación desta obra, este mércores día 11, coa participación do director de Titirimundi, Julio Michel, o grupo Nuevo Mester de Juglaría, o autor Ignacio Sanz, e o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
...
-
Publicado: Mayo 09, 2011
Velaquí o mago Goma,
un mago moi especial,
failles rir ata ás pedras
e ás cebolas, chorar.
O seu corpo é de goma,
os seus ollos son de mar,
ten o corazon de ouro
e a alma de mazá!
Toño Núñez, autor de “Mago Goma”, visitará a libraría ZampaContos, en Ourense, este próximo venres 13 de maio. Recitará este simpático conto rimado que describe a un divertido personaxe, entrañable e excéntrico. Toño Núñez compartirá cos rapaces e rapazas a súa experiencia como escritor, lector e mestre. Esta presentación forma parte do programa de actividades organizadas por ZampaContos para celebrar o mes do libro. Ao remate do encontro co autor farase a entrega dos premios do IV Concurso “A conquista da illa marabillosa” de Relatos Ilustrados.
...
-
Publicado: Mayo 06, 2011
“Max: Panóptica 1973-2011” es el título de la exposición comisariada por Marta Sierra Caussó que se ha inaugurado en el MuVIM de Valencia y del libro-catálogo homónimo, diseñado por Aina Capdevila y coeditado por el propio MuVIM, el Instituto Cervantes y KALANDRAKA. La muestra, que permanecerá abierta al público hasta el 28 de agosto, es una retrospectiva de la obra de Francesc Capdevila ‘Max’, que abarca desde la década de 1970 hasta la actualidad. Presenta 120 trabajos originales del que está considerado como uno de los ilustradores y dibujantes de cómic más rebeldes, polifacéticos y galardonados. Carteles, revistas de banda diseñada, libros infantiles o diseño gráfico a donde se asoman los principales iconos gráficos de Max, desde Gustavo hasta Bardín, pasando por Peter Pank.
...
-
Publicado: Mayo 05, 2011
LIBROS PARA SOÑAR vai medrando. Coma os nenos e nenas que dende hai 11 anos levan visitando a libraría, asistindo ás sesións de contacontos, aos obradoiros, aos encontros con autores e ilustradores. E ao tempo que medra, LIBROS PARA SOÑAR enriquece a súa oferta: cursos de formación para adultos, exposicións de ilustración, sesións de contos para bebés, libros de narrativa, arte e poesía que complementan o catálogo de literatura infantil e xuvenil... Cada venres, LIBROS PARA SOÑAR abre a súa porta para que nenos e nenas, nais e pais, a familia en xeral, tamén o profesorado, teñan unha cita coa palabra, coa imaxe, ás veces mesmo coa música. A pasada semana a libraría do Casco Vello vigués celebrou o seu aniversario compartindo con cativos e maiores a satisfacción polo camiño percorrido e a ilusión da andaina que seguimos facendo xuntos. Grazas.
----------------------------------------
LIBROS PARA SOÑAR va creciendo. Como los niños y niñas que desde hace 11 años llevan visitando la librería, asistiendo a las sesiones de cuentacuentos, los talleres, los encuentros con autores e ilustradores. Y al tiempo que crece, LIBROS PARA SOÑAR enriquece su oferta: cursos de formación para adultos, exposiciones de ilustración, sesiones de cuentos para bebés, libros de narrativa, arte y poesía que complementan el catálogo de literatura infantil y juvenil... Cada viernes, LIBROS PARA SOÑAR abre su puerta para que niños y niñas, madres y padres, la familia en general, el profesorado también, tengan una cita con la palabra, la imagen, a veces incluso coa música. La pasada semana la librería del Casco Viejo vigués celebró su aniversario compartiendo con pequeños y mayores la satisfacción por el camino recorrido y la ilusión del itinerario que seguimos haciendo juntos. Gracias.
...
-
Publicado: Mayo 05, 2011
La autora e ilustradora Paloma Valdivia, junto con el escritor y artista plástico Gustavo Roldán, participó en el ciclo de sesiones de Edicció organizados por la Librería Laie con el objetivo de generar una aproximación entre lectores y profesionales de primer nivel vinculados al mundo del libro: editores, traductores, agentes literarios, libreros, clubes de lectura, periodistas. En esta ocasión, la ilustración era el hilo conductor de la sesión.
...
-
Publicado: Mayo 04, 2011
“Llegar a Cuenca es siempre un placer y tener el primer contacto con esta ciudad en la nueva estación de tren llamada ZOBEL es reconfortante. La pintura ha estado muy presente en mi infancia y he visitado esta ciudad varias veces cuando yo era un niño. Aquí descubrí a pintores como Sempere, Millares, Feito... Volver de nuevo a ella, para realizar un taller con niños, me ha devuelto un trocito de infancia, he vuelto a vivir momentos entrañables y recuerdos de la niñez”. Juan Vidaurre, mayo de 2011.
El diseñador Juan Vidaurre fue uno de los protagonistas de la Feria del Libro, la Lectura y las Industrias Culturales de Cuenca, que se celebra hasta el 8 de mayo y en la que participa KALANDRAKA. El ilustrador de “Imagina animales” mantuvo un encuentro con escolares de Educación Primaria.
-------------------------------------------
“Chegar a Cuenca é sempre un pracer e ter o primeiro contacto con esta cidade na nova estación de tren chamada ZOBEL é reconfortante. A pintura estivo moi presente na miña nenez e visitei esta cidade varias veces cando era neno. Aquí descubrín a pintores como Sempere, Millares, Feito… Volver de novo a ela, para realizar un obradoiro con nenos, devolveume un anaco de infancia, volvín vivir momentos entrañables e lembranzas da nenez”. Juan Vidaurre, maio de 2011.
O deseñador Juan Vidaurre foi un dos protagonistas da Feira do Libro, da Lectura e das Industrias Culturais de Cuenca, que se celebra ata o 8 de maio e na que participa KALANDRAKA. O ilustrador de “Imaxina animais” mantivo un encontro con escolares de Educación Primaria.
...
-
Publicado: Mayo 03, 2011
"Breve, contundente e dirixido ao lector", dixo o profesor Antón Losada ao argumentar por que recomenda a lectura de "Indignádevos! ". A Liga Estudantil Galega organizou, na Facultade de Ciencias Políticas da Facultade de Santiago, un faladoiro sobre o manifesto de Stéphane Hessel no que tamén participou o editor de FAKTORÍA K, Xosé Ballesteros.
"Indignádevos!", prologado por Manuel Rivas, é o primeiro título da colección Ágora, coa que o selo FAKTORÍA K pretende abrir canles de debate, achegándolles aos lectores textos que apelen ao pensamento crítico. A reivindicación da rebeldía, do inconformismo e da acción social están presentes nesta obra que xa vai pola súa terceira edición.
Na súa intervención, Antón Losada loubou tamén a inocencia coa que Hessel pensa o mundo, a súa habilidade para depositar un pouso reflexivo nos lectores e o seu acerto ao recuperar con esta obra a tradición do panfleto político.
-
Publicado: Mayo 02, 2011
A ritmo de valse, pasodobre ou muiñeira, un peciño tras doutro, arrebolándonos ou tocando o ceo cos dedos, o grupo Pesdelán logrou mesmo que as nubes e a auga de maio danzaran ao son da música, con algún que outro trono uníndose ao coro. Tralo mes dos libros, estreamos o mes da lingua e das letras na Feira do Libro de Santiago cun concerto-obradoiro baseado nos temas do libro-cd-dvd "Na punta do pé", que recupera pezas do folclore galego, portugués e mirandés. Montse Rivera e Mercedes Prieto presentaron os bailes e as cancións, Uxía Cribeiro e Bea Díaz foron as voces cantantes, Xan Pampín ao acordeón e Amando Gottardi ao baixo, Carlos Freire coa percusión e Miguel Flores tocando a guitarra, interpretaron "O xogo da carrasquiña", "A pulga na palla", "A caminho de Viseu" e o "Baiao". Fixeron que nais e pais bailaran cos seus nenos e nenas, se socializaran con outras familias, se divertiran e riran practicando sinxelos xogos e movementos. "Na punta do pé" xa vai pola súa segunda edición aos catro meses do seu lanzamento. Grazas ao talento dos integrantes de Pesdelán e aos lectores e lectoras pola súa confianza nesta obra multidisciplinar, participativa e sorprendente. KALANDRAKA agárdavos na caseta de LIBROS PARA SOÑAR ata o 8 de maio, na Alameda compostelá.
...
-
Publicado: Mayo 02, 2011
"Indignádevos!", o manifesto de Stéphane Hessel prologado en galego polo escritor Manuel Rivas e editado por FAKTORÍA K, vai xa pola súa terceira edición. A Liga Estudiantil Galega organiza para mañá, martes 3 de maio, unha presentación desta obra, a partir das 12:30 horas no Salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago. Participarán o editor, Xosé Ballesteros, e o profesor Antón Losada.
-
Publicado: Abril 30, 2011
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.
------------------------------------------------
La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.
...