Libros para Soñar-A Coruña

  1. FIN DA TEMPADA EN LIBROS PARA SOÑAR-A CORUÑA CON TIM E ÓSCAR

    Non hai escapatoria e outros contos marabillosos” foi o libro destacado na libraría Libros para Soñar-A Coruña na súa derradeira actividade desta tempada. O autor Tim Bowley e o ilustrador Óscar Villán foron os protagonistas desta sesión, na que Tim exercitou a súa veterana faceta como narrador, deleitando o público infantil con outras obras da súa autoría: “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”.

    ---------------------

    No hay escapatoria y otros cuentos maravillosos” fue el libro destacado en la librería Libros para Soñar-A Coruña en su última actividad de la temporada. El autor Tim Bowley y el ilustrador Óscar Villán fueron los protagonistas de esta sesión, en la que Tim ejercitó su veterana faceta como narrador, deleitando al público infantil con otros relatos de su autoría: “Jaime y las bellotas” y “Amelia quiere un perro”.

    Lee mas »
  2. CREACIÓN DE 'SUPERCIDADES', CON PABLO OTERO

    As cidades da Coruña e Vigo encheranse de arquitectos, urbanistas e obreiros durante a primeira quincena deste mes de xullo. Son os participantes no obradoiro de verán “Supercidades” que impartirá o ilustrador Pablo Otero nas librarías LIBROS PARA SOÑAR: na Coruña do 2 ao 6, e en Vigo do 9 ao 13 de xullo, en horario de 10:00 a 13:30 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, que traballarán no deseño e na produción dunha cidade en miniatura, tal e como lles gustaría que fose a poboación na que viven.

    Lee mas »
  3. 'O PRINCIPIO' / 'EL PRINCIPIO', DE PAULA CARBALLEIRA & SONJA DANOWSKI

    Houbo unha vez unha guerra. Despois da guerra, quedamos sen casa.

    –Non importa –dixo miña nai–. Temos un coche.

    Fomos vivir ao coche. Desde entón, vivir era viaxar...

    “O principio” reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é quen de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións realistas de Sonja Danowski trasladan os lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos.

    Paula Carballeira (Fene, 1972) presentou “O principio” na libraría LIBROS PARA SOÑAR da Coruña, onde ata finais do mes de maio están expostas as ilustracións de Sonja Danowski, que se poden admirar en horario comercial. Faloulles a cativos e a maiores desta obra tan cálida e á vez tan crúa, que chega ao corazón deixando na memoria o pouso imborrable dunha mestura de melancolía e superación.

    A próxima cita dos lectores con Paula Carballeira e “O principio” será o domingo 6 de maio, a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro de Santiago que se celebra na Alameda.

    ---------------------------------

    Una vez hubo una guerra. Cuando acabó la guerra nos quedamos sin casa.

    –No importa –dijo mi madre–, tenemos un coche.

    Nos fuimos a vivir al coche. Desde entonces, vivir era viajar...

    “El principio” refleja la ternura frente al horror, la imaginación ante la más absoluta precariedad, la fortaleza de la familia unida ante el drama humano. Paula Carballeira es capaz de poetizar sobre los efectos crueles y devastadores de una guerra mientras las ilustraciones realistas de Sonja Danowski trasladan a los lectores hasta las mismas ruinas de los bombardeos.

    Paula Carballeira (Fene, 1972) presentó “El principio” en la librería LIBROS PARA SOÑAR de A Coruña, donde hasta finales de mayo están expuestas las ilustraciones de Sonja Danowski, que se pueden admirar en horario comercial. Les habló a pequeños y mayores de esta obra tan cálida y a la tan dura, que llega al corazón dejando en la memoria el poso imborrable de una mezcla de melancolía y superación.

    La próxima cita de los lectores con Paula Carballeira y “El principio” será el domingo 6 de mayo, a partir de las 18:00 horas, en la Feria del Libro de Santiago que se celebra en la Alameda.

     

    Lee mas »
  4. EXPOSICIÓN DE DAVID PINTOR EN LIBROS PARA SOÑAR-A CORUÑA

    LIBROS PARA SOÑAR-A CORUÑA (Avda. Fisterra, 64) acolle unha exposición de doce ilustracións do debuxante David Pintor (A Coruña, 1975). “Un paseo ilustrado II” poderase visitar ata o 16 de abril en horario comercial. A mostra presenta unha escolma de traballos incluidos en diversos libros infantís, algúns deles editados por KALANDRAKA, como “Contos para nenos que dormen deseguida”, “Compostela” ou “Almanaque musical”. Este último presentarase o venres 23 de marzo ás 19:00 horas, nun acto aberto ao público, coa asistencia de David Pintor.

    Parte das ilustracións incluidas en “Un paseo ilustrado II” son o resultado de diversas experiencias viaxeiras: Compostela, Florencia, Amsterdam... As paraxes naturais e as paisaxes urbanas -aderezadas con elementos imaxinarios- están presentes na obra de David Pintor, que comparte cos lectores a súa impresión dos lugares que visita, plasmándoa en imaxes fermosas e lixeiras nas que o propio debuxante se retrata coma un turista accidental, un novo Hermes, un Gulliver contemporáneo.

    Lee mas »
  5. CON BONI OFOGO: 'UNA VIDA DE CUENTO'

     

    ...Tomar la palabra! Es el lema del narrador camerunés Boniface Ofogo, autor del álbum “El león Kandinga”, que recorre toda nuestra geografía y viaja incluso a otros países proclamando la importancia de la oralidad y contando cuentos tradicionales africanos. En su paso por la librería Libros para Soñar de Vigo no se encontró con niños y niñas ávidos de historias, sino con adultos que querían conocer cómo se transmitía esa herencia mágica e inmaterial: “Todas las noches, en mi casa, a falta de luz y de televisión, hacíamos veladas en torno al fuego, a base de cantos, cuentos, leyendas, epopeyas, proverbios, mitos... durante horas y horas”, explicó Boni

     

    En su reciente estancia por Galicia también visitó un centro escolar de A Coruña, donde tuvo la oportunidad de acercarse hasta la librería Libros para Soñar de la Avenida de Fisterra. Pero sin duda, donde más intensos fueron el recibimiento y los aplausos fue en el colegio San Narciso, en Marín, donde Boni compartió con varios grupos de escolares de Educación Primaria los recuerdos de su niñez en la Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún, y cuentos, muchos cuentos!

     

    ---------------------------

     

    ...Tomar a palabra! É o lema do narrador camerunés Boniface Ofogo, autor do álbum “O león Kandinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa mesmo a outros países proclamando a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos. No seu paso pola libraría Libros para Soñar de Vigo non se atopou con nenos e nenas ávidos de historias, senón con público adulto que quería coñecer como se transmitía esa herdanza máxica, ancestral e inmaterial: “Todas as noites, na miña casa, a falta de luz e de televisión, faciamos veladas arredor do lume, a base de cantos, contos, lendas, epopeas, proverbios, mitos... durante horas e horas”, explicou Boni.

     

    Na súa recente estancia por Galicia tamén visitou un centro escolar da cidade da Coruña, onde non perdeu a ocasión de achegarse ata a a libraría Libros para Soñar da Avenida de Fisterra. Pero sen dúbida, onde máis intenso foron o recibimento e os aplausos foi no colexio San Narciso, en Marín, onde Boni compartiu con varios grupos de escolares de Educación Primaria as lembranzas da súa nenez na Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún e contos, moitos contos!

     

    Lee mas »
  6. EXPOSICIÓN DE KVETA PACOVSKÁ EN LIBROS PARA SOÑAR

     

    Coa súa cuberta de vinilo transparente, a curiosidade é a primeira emoción que suscita “Hasta el infinito”. Que hai detrás dun minimalista e enigmático collage de formas circulares e poligonais feitas de cartón branco? Kveta Pacovská dálles a benvida aos lectores deste libro peculiar: “Las letras: arquitectura del placer”, un enunciado que nos abre a porta a un mundo dominado pola cor, a xeometría, o tacto, a orde e o caos, o continente e o contido, a materia e o baleiro. As vocais e as consoantes convértense nos personaxes humanizados ou cousificados dunha historia que se constrúe na imaxinación de cada un. De súpeto, as páxinas troqueladas invítannos a percorrer cos dedos os ocos que deixaron as letras que fuxiron do papel, na procura da liberdade. Outras páxinas son destellos de luz, espellos nos que a realidade se reflicte dunha forma difusa e enigmática. Entón, xorde do corazón do libro unha estrutura en tres dimensións: unha máscara de entroido, un refuxio das palabras, unha escultura do alfabeto. O aire habita no interior desta obra; cólase por grandes aberturas ou por pequenos buraquiños dispostos ao azar, creando sons rebuldeiros que se impregnan da pátina brillante que adorna algúns recunchos. A viaxe vai rematando nos números, que desafían as leis da gravidade, que practican o xogo da matemática fantástica, e da que resultan contas onde calquera resultado é válido. É entón cando descubrimos marabillados que “Hasta el infinito”, como di o seu título, non ten final, porque acaba onde tamén pode comezar outra vez. E repetimos!

     

    Ata o 28 de febreiro, exposición da obra de Kveta Pacovská na libraría Libros para Soñar de Vigo (r/ Triunfo, 1) e ata o 12 de marzo na libraría Libros para Soñar da Coruña (Avda. Fisterra, 64). Actividade incluida no marco do Festival de Literatures i Arts Infantil i Juvenil FLIC que se organiza dende Cataluña.

     

     

    Con su cubierta de vinilo transparente, la curiosidad es la primera emoción que suscita “Hasta el infinito”. ¿Qué hay detrás de un minimalista y enigmático collage de formas circulares y poligonales hechas de cartón blanco? Kveta Pacovská les da la bienvenida a los lectores de este libro peculiar: “Las letras: arquitectura del placer”, un enunciado que nos abre la puerta a un mundo dominado por el color, la xeometría, el tacto, el orden y el caos, el continente y el contenido, la materia y el vacío. Las vocales y las consonantes se convierten en los personajes humanizados o cosificados de una historia que se construye en la imaginación de cada uno. De repente, las páginas troqueladas nos invitan a recorrer con los dedos los huecos que dejaron las letras que huyeron del papel buscando la libertad. Otras páginas son destellos de luz, espejos en los que la realidad se refleja de una forma difusa y enigmática. Entonces, surge del corazón del libro una estructura en tres dimensiones: una máscara de carnaval, un refugio de las palabras, una escultura del alfabeto. El aire habita en el interior de esta obra; se cuela por grandes aberturas o por pequeños agujeros dispuestos al azar, creando sonidos traviesos que se impregnan de la pátina brillante que adorna algunos rincones. El viaje va terminando en los números, que desafían las leyes de la gravedad, que practican el juego de la matemática fantástica, y de la que resultan cuentas donde cualquier resultado es válido. Es entonces cuando descubrimos maravillados que “Hasta el infinito”, como dice su título, no tiene final, porque acaba donde también puede comenzar otra vez. ¡Y repetimos!

     

    Hasta el 28 de febrero, exposición de la obra de Kveta Pacovská en la librería Libros para Soñar de Vigo (r/ Triunfo, 1) y hasta el 12 de marzo en la librría Libros para Soñar de A Coruña (Avda. Fisterra, 64). Actividad incluida en el marco del Festival de Literatures i Arts Infantil i Juvenil FLIC que se organiza desde Cataluña.

     

    Lee mas »
  7. PRESENTACIÓN DE 'CONTOS POR TELÉFONO' CON PABLO OTERO

    O artista plástico Pablo Otero (Ourense, 1970) visitou a libraría Libros para Soñar-A Coruña para presentar a edición especial de “Contos por teléfono” que acaba de publicar KALANDRAKA, cos textos maxistrais do mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari. As súas ilustracións elevan á enésima potencia o carácter surrealista, imaxinativo e insólito das historias. Pablo Otero interpretou os relatos con imaxes dun alto contido simbólico, que lles achegan valor engadido con audacia e imaxinación, xogando coas cores.

    O ilustrador guiounos polos cadros orixinais que están expostos ata finais deste mes de outubro en Libros para Soñar-A Coruña, comparando os lenzos coa edición impresa, debullando as intrahistorias secretas de cada imaxe. E a súa portentosa creatividade tamén nos deleita a cotío, grazas á espectacular e marabillosa composición que loce no escaparate da libraría, inspirada na portada do libro: un teléfono xigante de tea, unha escaleira que nos transporta ao mundo onírico e máxico e Rodari, pedras de cores que iluminan o noso camiño, letras para xogar coas palabras... 

    Lee mas »
  8. PRÓXIMAS ACTIVIDADES EN LIBROS PARA SOÑAR DE VIGO E A CORUÑA

    O vindeiro VENRES 14 DE OUTUBRO, a partir das 18:30 HORAS, celébranse dúas actividades simultáneas nas librarías LIBROS PARA SOÑAR da Coruña e de Vigo.

    Na Coruña, o artista plástico Pablo Otero presenta o seu último traballo: as ilustracións do libro “Contos por teléfono” (KALANDRAKA), do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari. As ilustracións de Pablo Otero están expostas na libraría e pódense visitar ata finais deste mes en hora

    Lee mas »
  9. POST-INAUGURACIÓN DE LIBROS PARA SOÑAR NA CORUÑA

    Libros para Soñar xa está dando os seus primeiros pasos na cidade da Coruña. A festa de inauguración foi todo un éxito de público que impregnou a libraría de ledicia, de optimismo, e de agarimo. Familias, docentes, profesionais das bibliotecas, autores e ilustradores, entusiastas da lectura... a todos, moitas grazas por ser partícipes desta iniciativa audaz, nos tempos de incertidume que corren, pero necesaria, para apostar polo futuro, que son os nenos e as nenas, e pola cultura, co libro e coa lectura como ferramentas para contribuir á construcción dun mundo mellor.

    Lee mas »
  10. INAUGURACIÓN DE LIBROS PARA SOÑAR NA CORUÑA

    Chegou o gran día da inauguración da libraría Libros para Soñar na Coruña. A partir das 18:00 horas, sesión inaugural de contos e música.

    Visita o blog de LIBROS PARA SOÑAR.

    Lee mas »
Página
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.