O Cartafol do Lérez

  1. O CARTAFOL DO LÉREZ, ENTREGADO NOS COLEXIOS DE PONTEVEDRA

    O Cartafol do Lérez nº7-maio 2015

    O Cartafol do Lérez nº7-maio 2015

    A campaña O CARTAFOL DO LÉREZ vén de concluír unha nova etapa animando a ler e a escribir en galego. Máis centros educativos e máis escolares do Concello de Pontevedra sumáronse neste sétimo número aos obradoiros de creación literaria, facendo dos libros propostos un trampolín para a expresión das emocións dos nenos e das nenas, para canalizaren o seu potencial imaxinativo. As páxinas da edición impresa que ao longo destes días chegou aos colexios, son un petisco dos contidos que, con máis amplitude, se atopan na versión dixital (www.ocartafoldolerez.org) desta publicación impulsada pola Concellaría de Educación, en colaboración con KALANDRAKA.

    Nos encontros cos autores Paco Nogueiras

    Lee mas »
  2. O CARTAFOL DO LÉREZ: COMEZAN OS OBRADOIROS NAS ESCOLAS DE PONTEVEDRA

    6ª edición da campaña O Cartafol do Lérez nos colexios de Pontevedra.

    Comezaron esta semana nos centros educativos de Pontevedra as actividades da sexta edición da campaña de dinamización lectora O Cartafol do Lérez, que organiza a Concellería de Educación de Pontevedra e coordina KALANDRAKA. No seu transcurso, os escolares van ir elaborando os materiais literarios que conformarán o xornal escolar que xa poderán ler en torno ao Día das Letras Galegas. Textos en galego tan singulares e creativos que fan, precisamente, que O Cartafol do Lérez sexa unha publicación única e moi seguida por toda a comunidade educativa. Non só no formato impreso convencional, senón tamén nunha vistosa versión dixital a través da web www.ocartafoldolerez.org.

    Lee mas »
  3. CONCLUSIÓNS DA CAMPAÑA 'O CARTAFOL DO LÉREZ'

    Existe un xornal que non sementa a preocupación e o desalento dende a súa primeira plana ata a contraportada con noticias que teñen que ver coa situación da economía, ou cos conflictos internacionais; que non se axusta a ningunha ideoloxía nin dogmatiza dende as súas páxinas de opinión; un xornal que, a diferenza da maioría, non pasa de refilón pola sección de cultura e que lle adica a práctica totalidade do seu espazo á participación dos lectores. Ese xornal nace nos colexios de Pontevedra e chámase O Cartafol do Lérez. A quinta entrega desta publicación escolar xa está na rúa, coincidindo co remate do curso académico.
    Lee mas »
  4. O CARTAFOL DO LÉREZ, EN PONTEVEDRA: 3ª ETAPA

    As actividades da campaña “O Cartafol do Lérez”, organizada pola Concellería de Educación e coordinada por Kalandraka, volveron esta semana aos centros escolares de Educación Primaria do concello de Pontevedra. Ata o xoves 12 de maio, os alumnos e alumnas van participar na creación de textos propios baseados en libros como “Galego á beira do mar”, “Sopa de soño” ou “Batalla de naipes”; van traballar arredor de aspectos vencellados á historia e á tradición oral. Cunha escolma do material que resulte destas sesións confeccionarase a terceira entrega do xornal escolar “O Cartafol do Lérez”, unha publicación impresa de 2.000 exemplares que ten a súa continuación, nunha versión más completa, na páxina www.ocartafoldolerez.org, que está a disposición de toda a comunidade educativa e do público en xeral.

    Lee mas »
  5. 'O CARTAFOL DO LÉREZ' VOLVE ÁS AULAS

    A campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ retornou ás aulas dos centros escolares de Pontevedra. Os primeiros alumnos e alumnas en participar nesta nova xeira de obradoiros de escrita creativa foron os do CEIP Marcos da Portela, en Monte Porreiro. Reunidos na biblioteca da escola e baixo a atenta ollada do Trasno dos Libros, estes rapaces e rapazas crearon relatos baseadas no conto “Batalla de naipes”, de Juan Ignacio Pérez e Josep Rodés.

    Lee mas »
  6. 'O CARTAFOL DO LÉREZ', SEGUNDA PARTE

    Os centros educativos de Pontevedra retoman este mércores 13 de outubro a súa participación na campaña de animación lectora O Cartafol do Lérez. Ata o venres 22, uns 600 escolares de 5º e 6º de Primaria dos CEIP Marcos da Portela (Monte Porreiro), Manuel Vidal Portela, Vilaverde (Mourente), Cabanas (Salcedo), Froébel, San Bieito de Lérez, Xeve e Marcón traballarán nun total de 24 obradoiros de escrita creativa. Co material resultante publicarase unha nova entrega do xornal escolar O Cartafol do Lérez, de cuxo primeiro número editáronse 2.000 exemplares. Os traballos dos alumnos e alumnas tamén se poderán consultar na páxina de Internet www.ocartafoldolerez.org. Haberá outra fase de “O Cartafol do Lérez” para o vindeiro mes de maio, coa publicación impresa dun terceiro número do xornal escolar. A campaña no seu conxunto deseñouse para realizar uns 60 obradoiros nos que participen arredor de 1.500 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10

    Lee mas »
  7. FELIZ VERÁN, CO CARTAFOL DO LÉREZ!

    Os escolares de Pontevedra despedíronse xa das aulas por este curso académico e teñen por diante un plácido verán para descansar, repasar leccións quen teña que recuperar materias... e ler moito. Tamén a campaña “O Cartafol do Lérez” -organizada pola Concellería de Educación e KALANDRAKA- fai unha paréntese para preparar novos obradoiros, para artellar outras propostas de achegamento ao libro e á lectura, para compartir co profesorado estratexias novidosas de traballo co alumnado. A edición impresa do xornal “O Cartafol do Lérez” chegou hai uns días aos centros de Educación Infantil e Primaria e os rapaces xa poden apreciar as súas propias creacións e as dos seus compañeiros. A partir do próximo mes de setembro, os colexios poden sumarse á campaña: é o caso dos nenos e nenas do CEIP Marcos da Portela, que poderán participar na creación de contos fantásticos, coplas renovadas, noticias imaxinarias... e adiviñas de animais fluviais como as que se recompilan nunha interesante montaxe audiovisual. Para xogar con estes acertixos elaborados polos escolares de 5ºB do CEIP Manuel Vidal Portela, e baseados na lectura da colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, basta con acceder ao blog de “O Cartafol do Lérez” no enderezo www.ocartafoldolerez.org.

      

    (Adiviña animais do río. do blog de O Cartafol do Lérez).

    Lee mas »
  8. 'O CARTAFOL DO LÉREZ': NÚMERO 0

    Os centros escolares de Pontevedra que participaron na campaña de animación lectora O Cartafol do Lérez comezan a recibir hoxe o número cero do xornal escolar que recolle unha escolma dos traballos elaborados polos alumnos e alumnas nos obradoiros de escrita creativa que se realizaron nos CEIP de Barcelos, Vilaverde-Mourente, Cabanas-Salcedo, Manuel Vidal Portela, San Bieito de Lérez, San Martiño-Salcedo e Froebel. Editáronse 2.000 exemplares desta publicación, que tamén se pode consultar na páxina de Internet

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.