Librerías / Librarías

  1. INÊS CARDOSO Y SUSANA MATOS PRESENTAN "AS MÃOS DA AVÓ"

    INÊS CARDOSO Y SUSANA MATOS PRESENTAN "AS MÃOS DA AVÓ"

    La importancia de los antiguos saberes y su transmisión generacional, maravillarse ante la magia de la vida cotidiana y, sobre todo, el vínculo tan especial entre una niña observadora y su abuela están presentes en las páginas de «Las manos de mi abuela». Este entrañable relato de la periodista proencense Inês Cardoso ilustrado por la artista lisboeta Susana Matos ha llegado a las mesas de novedades en portugués, castellano y galego, y se acaba de presentar en la icónica Livraria Lello de Porto, con las autoras acompañadas por la cantante y compositora Ana Matos Capicua, y la editora de Kalandraka Portugal, Ana Margarida Noronha.

    Narrado en primera persona y en tiempo presente, la protagonista nos hace partícipes de la profunda admiración y del respeto que siente por su abuela y de cuánto aprende a su lado: el proceso artesanal para elaborar queso, la utilidad de la costura para reutilizar telas, la estrecha relación con la naturaleza a través del cultivo de la huerta y el cuidado...

    Lee mas »
  2. PRESENTAMOS OS ECOS DO VENTO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

    PRESENTAMOS OS ECOS DO VENTO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

    Celebramos o Día da Poesía coa nova obra de Antonio García Teijeiro ilustrada por Noemí Villamuza, "Os ecos do vento". A libraría Cartabón de Vigo foi a anfitrioa da primeira presentación, coeautor acompañado pola profesora e crítica literaria Alba Piñeiro: "Mosaico de doce voces femininas que conflúen na voz propia que nos aloumiña, nos belisca e nos fai vibrar; velaí o gran poder da poesía”, explicou.

     

    Tamén participou o artista plástico Xosé Cobas, analizando polo miúdo as imaxes a través do dinamismo dos personaxes e a progresión do tránsito vital da figura feminina dende a idade infantil ata a senectude, sen esquecer outros detalles sen esquecer outros detalles como o papel amarfilado , as cores -azul, sanguina- predominantes, a presenza do mundo acuático e do silencio.

     

    A histórica librería Lume da Coruña foi o seguinte porto, ao que se sumou María Jesús Fernández: "As nenas e os nenos son ritmo; a poesía, tamén. O xogo é fundamental, a infancia debe ter dereito a xogar e as palabras...

    Lee mas »
  3. PRESENTACIÓN HISTÓRICA CON JOSEBA SARRIONANDIA

    PRESENTACIÓN HISTÓRICA CON JOSEBA SARRIONANDIA

    O escritor Joseba Sarrionandia presentou o seu novo libro, “Unha volta ao mundo” na Libraría Cartabón de Vigo, na compaña do director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros. Por primera vez en Galicia, o autor vasco compartiu as súas reflexións sobre algúns aspectos que aborda nesta obra: as relacións de poder, as desigualdades, as diferenzas culturais, o concepto da propiedade, a memoria histórica, o colonialismo e o sometemento das poboación indíxenas, o papel da Igrexa no reparto do mundo…

    Ilustrado polo artista cubano Arístides Hernández Ares e traducido ao galego por Isaac Xubín, “Unha volta ao mundo” presenta unha visión crítica sobre una parte da Historia moderna relacionada coas expedicións marítimas, a apertura de rutas comerciais e a colonización, centrándose no periplo capitaneado en 1519 polo explorador portugués Fernão de Magalhães que finalizou en 1522 ao mando do vasco Juan Sebastián Elcano, tras completar a primeira circunnavegación da Terra. Lonxe da mitificación e da épica desta...

    Lee mas »
  4. MES DE "MONCHO E A MANCHA"

    O ilustrador Kiko Da Silva finalizará os encontros do 'Mes de «Moncho e a mancha»' o mércores 29 de setembro na Libraría Paz (Peregrina, 29), onde asinará exemplares desta obra, que vén de cumprir o seu 20º aniversario estreando unha edición especial conmemorativa. As visitas do autor ás librarías de Pontevedra tamén se fixeron extensibles ao Espazo Lector Nobel, Seijas e Sant-Yago, que completaron a homenaxe ao autor con escaparates especiais.

    Protagonizada por un neno entusiasta da pintura, esta divertida historia segue vixente dúas décadas despois da súa creación pola orixinal visión que achega arredor do mundo da arte contemporánea e de como interpretala. Tamén sobresae por ter presentado unha nova proposta gráfica a través de figuras tridimensionais tan chamativas como únicas, xa que cada ilustración é unha escultura feita con cerámica e cemento policromado.

    Vinte anos despois, «Moncho e a mancha» segue sorprendendo a infancia e o público adulto pola súa frescura e colorido, afondando...

    Lee mas »
  5. PRESENTACIÓN DE 'O PINTOR CEGO'

    A libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35) da Coruña acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño, a partir das 19:00 horas, a presentación do libro «O pintor cego», a derradeira obra de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas. Trátase dun diálogo literario e artístico entre ambos autores, ao que contribuíu de forma especial o cadro «A illa dos mortos», de Arnold Böcklin, e no que abundan as referencias pictóricas, xunto coa importancia da música no relato .

    Ademais de cumprir coas medidas de protección sanitaria, será un encontro con aforo limitado, polo que cómpre inscribirse a través do enderezo de correo electrónico [email protected]. Canda o ilustrador, tamén participará a especialista en Literatura Infantil e Xuvenil María Xesús Fernández, para trazar as claves deste libro, cun pano convertido na metáfora visual da cegueira. O encontro completarase co acompañamento musical de Álex Fente .

    O amor e os soños, mais tamén a vinganza e a crueldade, están presentes na historia...

    Lee mas »
  6. PRESENTAMOS 'A TORRE', DE ANTONIO SANDOVAL

    “A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”

    A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.

    Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (San Andrés, 35) da Coruña. Canda el participarán a directora da Torre de Hércules, Ana Santorum, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que introducirá “A Torre” no marco da nova colección Vitamina N de lecturas sobre a natureza.

    En “A Torre”, o protagonismo do mar, xunto coa importancia da flora e da fauna nun espazo xeográfico senlleiro, complétanse con narracións sobre feitos...

    Lee mas »
  7. DEIXAR A PIPPI EN LIBERDADE

    Na semana do 8 de Marzo, entre os libros a prol da igualdade, cómpre darlle preponderancia a un singular personaxe, xa clásico e imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil: Pippi Mediaslongas.

    «Deixar a Pippi en liberdade» significa, entre outras moitas cousas, volver ás súas páxinas por primeira ou por enésima vez, entregarnos á lectura (con nenas e/ou nenos moitísimo mellor) e enchouparnos deses aires de liberdade e dese arrecendo a infancia, a independencia e a autenticidade que caracteriza estes relatos da autora sueca Astrid Lindgren.

    • Icona da diferenza, estímulo de igualdade

    Pippi é unha nena que vive na compaña dun mono e dun cabalo, mais sen ningún adulto. É moi alegre e moi dinámica, viste como quere, pensa por si mesma e vai descubrindo o mundo a golpe de aventuras e de aventurarse, sen moito máis control que o que ela mesma se impón. Pippi ten pencas, o pelo roxo con dúas trenzas tesas, usa medias a raias e unhas botas con cordóns de cores diferentes. É unha...

    Lee mas »
  8. ANTONIO RUBIO, EN GALICIA

    O poeta Antonio Rubio, autor da colección “Do berce a lúa” para pre-lectores, ilustrada polo galego Óscar Villán e publicada por KALANDRAKA, visita Galicia durante esta semana.

    A primeira cita será mañá martes ás 18:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16), para impartir unha sesión formativa co lema “Do berce á lúa: o traballo poético na escola”. O encontro, aberto ao público e dirixido especificamente a educadores, bibliotecarios, mediadores, nais e pais, e público en xeral, está organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, en colaboración con KALANDRAKA.

    O mércores acudirá á libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (Rúa Triunfo, 1), onde participará en dúas actividades: ás 17:30 horas, na sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos; e ás 19:00 horas, na charla-encontro “Do berce á lúa: o traballo poético na escola”. Na primeira cómpre inscribirse previamente no enderezo electrónico...

    Lee mas »
  9. 'GANAPÁN DAS PALABRAS' EN LIBRARÍAS DE PONTEVEDRA

    Libraría Paz

    O libro “Ganapán das palabras”, do escritor Pepe Cáccamo e da artista María Xosé Fernández, asómase estes días ao escaparate de cinco librarías da cidade de Pontevedra: Seijas, Paz, Nobel, Pataka Frita e Amarante.

    Amarante

    Na recta final deste mes do libro e da lectura no que KALANDRAKA cumpriu o seu 18º aniversario, e ás portas da celebración en maio do Día das Letras Galegas, esta acción serve para visibilizar a literatura infantil-xuvenil e invitar o público a atopar nela unha fiestra aberta á imaxinación e á creatividade.

    Libraría Nobel

    “Ganapán das palabras” foi un dos primeiros títulos que saíu da factoría dos Libros para soñar de KALANDRAKA, en 1998. Recuperando as imaxes orixinais, KALANDRAKA vén de publicar unha edición especial deste álbum para botar unha ollada ás súas raíces e, ademais, sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que mantén plenamente a súa vixencia: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense...

    Lee mas »
  10. 'LA ESCALERA ROJA', EN OLETVM (VALLADOLID)

     

    El ilustrador Fernando Pérez Hernando presenta “La escalera roja” en la Librería Oletvm de Valladolid (Pza. Salvador s/n). Publicado por KALANDRAKA, es un divertido álbum ilustrado para pre-lectores y primeros lectores, con un pájaro ingenuo y un ingenioso conejo como protagonistas. En su encuentro con los lectores, el autor explicará el proceso creativo de esta obra, algunas de cuyas ilustraciones originales van a estar expuestas en la librería.

    "La escalera roja" ya entusiasmó al público que participó en la reciente Semana Cultural de Renedo de Esgueva, donde Fernando Pérez Hernando expuso ante pequeños y mayores el proceso creativo de esta obra. En la Biblioteca Municipal de Renedo le acompañaba Belén Sáez, de KALANDRAKA, en cuya voz sonaron las peripecias del peculiar pájaro que protagoniza esta fábula moderna.

     

    [Reportaje fotográfico: Raúl González]

    Lee mas »