A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.

------------------------------------------------

La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.

Na sesión de despedida, a narradora Patricia González e o músico Álex Fente fixeron un repaso polos contos que constituiron o fío argumental desta consolidada campaña de animación á lectura: “A Familia C” e “Bailar nas nubes” (gañador e finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, respectivamente), “Mago Goma” ou “Pancho”. Ademais dos contacontos con ambientación musical para todos os públicos, neste tempo tamén se realizaron sesións de contos específicas para bebés de 0 a 3 anos, obradoiros de ilustración impartidos polo artista plástico Óscar Villán e de escrita creativa coordinados por Alberto Barreiro, visitas do ilustrador Pablo Otero ás escolas infantís da cidade, xornadas formativas -entre as que destacou o encontro co Premio Andersen de Ilustración Roberto Innocenti- orientadas a profesionais do ensino, bibliotecarios e animadores socioculturais, e unha completa exposición de libros e ilustracións nun espazo con escenografía adaptada.

---------------------------------------

En la sesión de despedida, la narradora Patricia González y el músico Álex Fente hicieron un repaso por los cuentos que constituyeron el hilo argumental de esta consolidada campaña de animación lectora: “La Familia C” y “Bailar en las nubes” (ganador y finalista del III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, respectivamente), “Mago Goma” o “Pancho”. Además de los cuentacuentos con ambientación musical para todos los públicos, en este tiempo también se realizaron sesiones de cuentos específicas para bebés de 0 a 3 años, talleres de ilustración impartidos por el artista plástico Óscar Villán y de escrita creativa coordinados por Alberto Barreiro, visitas del ilustrador Pablo Otero a las escuelas infantiles de la ciudad, jornadas formativas -entre las que destacó el encuentro con el Premio Andersen de Ilustración Roberto Innocenti- orientadas a docentes, bibliotecarios y animadores socioculturales, y una completa exposición de libros e ilustraciones en un espacio con escenografía adaptada.