Animación Lectora

  1. KALANDRAKA NA 'FESTA DOS LIBROS' DE PONTEVEDRA

    Máis dunha ducia de autoras e autores dos ‘Libros para soñar’ que KALANDRAKA ten publicado ao longo dos seus 20 anos de traxectoria déronse cita na derradeira xornada da ‘Festa dos Libros’ de Pontevedra: Manuel Lourenzo González, María Xosé Fernández, Pepe Cáccamo, Óscar Villán, Olalla González,

    Lee mas »
  2. XVII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN COMPOSTELA

    XVII Campaña de Animación á Lectura en Compostela

    A XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por KALANDRAKA, coa colaboracion da Fundación Sargadelos- vén de poñer en marcha as sesións de contacontos, de ilustración e de escrita creativa coa participación de alumnado dos colexios de Fontiñas, Lamas de Abade e Vite 1, respectivamente. Ata o 13 de maio, data de clausura da programación, a Galería Sargadelos fica convertida nun “pequeno museo” onde se expoñen ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, entre os que destaca a obra da que se tomou o lema deste ano, “Unha última carta”, coa que os gregos Antonis Papatheodoulou e

    Lee mas »
  3. ESPACIO KALANDRAKA: PROGRAMACIÓN ENERO 2017

    Espacio Kalandraka: programación enero 2017

    El 17 de enero se abre al público en el ESPACIO KALANDRAKA la exposición "Al pie de la letra", de Miguel Calatayud, que se podrá visitar durante dos meses.

    La programación de este primer mes de año se completa con las sesiones habituales de cuentacuentos, los sábados a mediodía, y las sesiones especiales de cuentos para bebés, los jueves a las 17:30 horas.

    LA HORA DEL CUENTO

    -Sábado 21, 12h: Al pie de la letra

    -Sábado 28, 12h: Cuentos con pan y caramelos de fresa

    SESIONES PARA BEBÉS

    -Jueves 19, 17:30h: Tengo, tengo, tengo... gallinitas

    -Jueves 26, 17:30h: Tengo, tengo, tengo... gatos

    Lee mas »
  4. 2 DE ABRIL: 18º ANIVERSARIO DE KALANDRAKA

    "Ganapán das palabras", de Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández

    KALANDRAKA cumpre 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da editorial.

    KALANDRAKA elixiu este obra para botar unha ollada ás súas orixes e sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que aínda segue vixente: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense do revés, nun xogo de rimas e de versos.

    A celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terá unha trascendencia especial en Santiago de Compostela, onde a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia” ábrese ao público familiar cunha sesión de contacontos e música, mañá sábado a pa

    Lee mas »
  5. 18º CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE KALANDRAKA

    Paco Nogueiras no Centro de Educación Especial Príncipe Felipe, de Pontevedra.

    [Paco Nogueiras visitou o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe, de Pontevedra]

    Esta semana chegou a Pontevedra a 17º Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA que, ao longo dos próximos meses, farase extensible a máis de 200 centros escolares de toda Galicia. A campaña, que está dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de 1º ciclo de Educación Primaria, xurdiu á par que o labor editorial de KALANDRAKA, no ano 1998.

    Con esas dúas facetas a editora pretende afondar na normalización da nosa lingua dende as primeiras idades. Poesía, contos tradicionais e relatos de autor acordes á idade do público conforman o repertorio destas actividades, nas que a narración oral enriquécese cun acompañamento musical elaborado expresamente para cada historia.

    Paco Nogueiras no

    Lee mas »
  6. TALLER SOBRE ¿QUIÉN FALTA? CON NIÑOS Y NIÑAS MEXICANOS

    Taller sobre "¿Quién falta?" en Mëxico

    El Centro Cultural de España en México ha acogido un taller infantil de animación a la lectura y de plástica creativa, organizado por KALANDRAKA MÉXICO a partir del libro “¿Quién falta?”, de Arianna Papini, para conocer algunas historias de animales que están en peligro de extinción y de otros que lamentablemente ya no volverán a habitar en nuestro maltrecho planeta. Aprender cuáles fueron las causas que llevaron a la desaparición de esas especies y asumir que los seres humanos hemos tenido mucha responsabilidad en esta pérdida irreparable, han sido algunos retos de esta propuesta, enfocada también al desarrol

    Lee mas »
  7. XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: PROFESORADO

    Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

    Na xornada inaugural da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago outra das actividades realizadas foi unha charla de presentación ao profesorado dos máis de 30 centros escolares inscritos: os obxectivos desta edición, o repertorio de contos, a bibliografía relacionada, a visita á exposición de ilustracións e de libros... Xosé Pérez, en representación de KALANDRAKA, e o equipo de animación á lectura formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, foron os anfitrións desta visita especial á Galería Sargadelos.

    AXENDA DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES:

    *Para profesorado e público en xeral:

    -9 de abril ás 18:30 horas, encontro co ilustrador Federico Delicado, Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014 coa obra "Ícaro". O lema da súa intervención é O voo do debuxante.

    *Abertas ao público:

    -11 de abril ás 12:00 horas, sesión aberta de contos e música para as familias. Entrada de balde.

    -25 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, sesións de contos para bebés (0-3 anos) Do berce á lúa. Capacidade limitada. Solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago (dptoeducacion@santiagodecompostela.org - tlf 981 554 400/401).

    -9 de maio ás 12:00 horas, sesión de contos, música e sorpresas na clausura da XV Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

    Lee mas »
  8. XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: INAUGURACIÓN

    XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

    XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

    XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

    A narradora Patricia González e o músico Álex Fente comezan a sesión contando "Ícaro", de Federico Delicado

    A XV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela inaugurouse na Galería Sargadelos coa visita dos primeiros grupos de escolares: os alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola asistiron á sesión de contacontos e música con Patricia González e Álex Fente, mentres que os do CEIP López Ferreiro foron os primeiros en participar nos obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico galego Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración, ao tempo que Alberto Barreiro coordinaba o taller de escrita creativa co alumnado do colexio San Jose de Cluny.

    Ao longo dos 15 anos de traxectoria desta Campaña de Animación á Lectura, máis de 50.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra visitaron as salas da Galería Sargadelos, convertidas ben nun pequeno museo, ben nun laboratorio de creación. Nesta edición inscribíronse máis de 30 centros educativos que, sumando as actividades abertas ao público, permitirán superar un ano máis os 5.000 participantes.

    Lee mas »
  9. XIV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA: ...OUTRO CONTO, MAMÁ

    "...Outro conto, mamá": XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

    Na véspera do Día do Libro, a XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA comezará mañá martes, a partir das 11:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago, con sesións de contacontos e música para escolares de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, así como obradoiros de ilustración e de escrita creativa para o alumnado de 2º e 3º ciclo, respectivamente. O lema desta nova edición, “…Outro conto, mamá”, alude ao álbum ilustrado titulado “Mamá”, co que a arxentina Mariana Ruiz Johnson gañou en 2013 o Premio Internacional Compostela, que lle foi publicado en sete idiomas. As actividades prolongaranse ata o 31 de maio.

    Trala estrea das actividades na xornada matinal, será o turno do profesorado pertencente aos centros educativos inscritos na Campaña que, a partir das 18:30 horas, asistirán á presentación da programación: os docentes participarán na sesión de contacontos deseñada para os nenos e nenas, percorrerán as salas na

    Lee mas »
  10. JOAO VAZ DE CARVALHO & JOSÉ ANTONIO ABAD: ILUSTRANDO MÚSICA

    João Vaz de Carvalho - José Antonio Abad

    “…Estamos no universo das sensibilidades”. Con esta frase do ilustrador João Vaz de Carvalho principiaba a charla formativa co lema “Ilustrar a música” que o ilustrador portugués e o autor José Antonio Abad impartiron na Galería Sargadelos de Santiago, no inicio da XIV Campaña de Animación á Lectura. Porque do que se trata é de que os nenos se acheguen á música “de forma didáctica, que a vivan e a entendan”, engadiu o autor dos textos de “As catro estacións: Vivaldi” e “

    Lee mas »