LIBROS PARA SOÑAR vai medrando. Coma os nenos e nenas que dende hai 11 anos levan visitando a libraría, asistindo ás sesións de contacontos, aos obradoiros, aos encontros con autores e ilustradores. E ao tempo que medra, LIBROS PARA SOÑAR enriquece a súa oferta: cursos de formación para adultos, exposicións de ilustración, sesións de contos para bebés, libros de narrativa, arte e poesía que complementan o catálogo de literatura infantil e xuvenil... Cada venres, LIBROS PARA SOÑAR abre a súa porta para que nenos e nenas, nais e pais, a familia en xeral, tamén o profesorado, teñan unha cita coa palabra, coa imaxe, ás veces mesmo coa música. A pasada semana a libraría do Casco Vello vigués celebrou o seu aniversario compartindo con cativos e maiores a satisfacción polo camiño percorrido e a ilusión da andaina que seguimos facendo xuntos. Grazas.

----------------------------------------

LIBROS PARA SOÑAR va creciendo. Como los niños y niñas que desde hace 11 años llevan visitando la librería, asistiendo a las sesiones de cuentacuentos, los talleres, los encuentros con autores e ilustradores. Y al tiempo que crece, LIBROS PARA SOÑAR enriquece su oferta: cursos de formación para adultos, exposiciones de ilustración, sesiones de cuentos para bebés, libros de narrativa, arte y poesía que complementan el catálogo de literatura infantil y juvenil... Cada viernes, LIBROS PARA SOÑAR abre su puerta para que niños y niñas, madres y padres, la familia en general, el profesorado también, tengan una cita con la palabra, la imagen, a veces incluso coa música. La pasada semana la librería del Casco Viejo vigués celebró su aniversario compartiendo con pequeños y mayores la satisfacción por el camino recorrido y la ilusión del itinerario que seguimos haciendo juntos. Gracias.