Página 5 - Campaña en Santiago
-
Publicado: Abril 19, 2012Lee mas »
“Unha viaxe de ida e volta” é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino.
A programación está dirixida ao alumnado das Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque, Polígono do Tambre e Trasparlamento. Tamén participan escolares de primeiro, segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria. Na xornada inaugural realizouse unha presentación da campaña ao profesorado para explicarlle os eixos temáticos da campaña: as viaxes como fío condutor dun percorrido imaxinario a través de continentes, culturas, idiomas, tradicións e historias diferentes que enriquecen o coñecemento e a formación a nivel individual e colectivo.
...
-
Publicado: Octubre 25, 2011Lee mas »
(Premer na imaxe para aumentala).
Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno. Nunha casa moi, moi grande. Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou! Olaf camiñou e camiñou, e un peixe que tiña a cola do revés atopou.
–Vés comigo? –preguntoulle.
E como non dixo que non…
Así principia “A viaxe de Olaf”, a obra distinguida co IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante...
Mañá mércores no Pazo de Raxoi celebramos a presentación do libro -que foi editado en galego, castelán, portugués, catalán e éuscaro- e a entrega do galardón ao seu autor e ilustrador.
-----------------------------------------------
Olaj vivía en un planeta muy, muy chiquito, en una casa muy, muy grande. Un buen día, aburrido, Olaj salió a caminar… ¡y caminó!
Olaj caminó y caminó, y con un pez que tenía la cola al revés se encontró.
–¿Me acompañas? –le preguntó.
Y como no dijo que no…
Así comienza “El camino de Olaj”, la obra distinguida con el IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. El protagonista de este relato acumulativo de estructura repetitiva y circular es una suerte de Principito que, harto de la soledad, emprende un camino iniciático. Diversos animales fantásticos -de inspiración mítica y valor simbólico- le van haciendo compañía y conformando un grupo heterogéneo y compacto: el pez de la cola al revés, el caballo alado, el tigre arcoiris, el elefante elegante...
Mañana miércoles en el Pazo de Raxoi celebramos la presentación del libro -que fue editado en castellano, galego, portugués, catalán y euskera- y la entrega del galardón a su autor e ilustrador.
...
-
Publicado: Abril 30, 2011Lee mas »
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.
------------------------------------------------
La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.
...
-
Publicado: Abril 29, 2011Lee mas »
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, chega mañá sábado ao seu fin. “Contando e cantando coa familia C”, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado “A familia C”, comezou o pasado 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias. O colofón a todo este abano de actividades será unha sesión especial de contacontos e música que se celebrará mañá, sábado 30 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago. A festa continuará no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.
...
-
Publicado: Abril 14, 2011Lee mas »
A GALERÍA SARGADELOS ACOLLE ATA O 30 DE ABRIL A EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E LIBROS DA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA
A mostra recolle a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional nun espazo con diferentes ambientacións escénicas
Ata o 30 de abril pódese visitar na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16) de Santiago, e en horario comercial, a exposición de ilustracións e libros da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. A mostra reúne a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional: o galego David Pintor, os barceloneses Mariona Cabassa e Adrià Fruitós, o oscense Antonio Santos, a arxentina Vanina Starkoff e a italiana Giulia Campolmi. As sesións de contos e música para os escolares dos centros educativos da bisbarra de Santiago celebráronse neste incomparable marco artístico, que está tamén aberto ao público en xeral.
...
-
Publicado: Abril 08, 2011
-
Publicado: Abril 06, 2011Lee mas »
Había unha vez un paraugas amarelo nunha fábrica de paraugas negros. A quen lle iría gustar un paraugas desa cor? Había unha vez un papá, unha mamá e un neno aos que lles gustaba moito o circo. Gústanche máis os pallasos, os equilibristas, os domadores? Había unha vez un mago que era feliz facendo felices aos nenos e nenas. Que aspecto tiña o Mago Goma? Había unha vez un pequeno elefante grisazulado que vivía na sabana. Sabes o que lle pasou por gustarlle unha tea de cadros? Había unha vez un pobo que crecía, e crecía, con máis e máis casas. Con que lle gustaba bailar á nena protagonista desta historia? Patricia e Nébeda póñenlle voz e música a estes relatos na Galería Sargadelos de Santiago, no marco da XI Campaña de Animación á Lectura: escoitar a narración, contemplar as ilustracións, participar imaxinando posibles finais para estes contos... Os nenos e nenas da Escola Infantil Cativos, de Vedra, do CEIP Lamas de Abade, e da EEI de Sabaxáns foron os protagonistas desta experiencia tan enriquecedora a carón dos libros e da lectura.
...
-
Publicado: Abril 04, 2011Lee mas »
Roberto Innocenti é un ilustrador de prestixio internacional, galardoado en 2008 co Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, a máxima distinción no eido da Literatura Infantil e Xuvenil. Entre as súas obras destacan “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” e “A casa”, editadas por Kalandraka. No marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, o artista italiano participará nun encontro aberto ao público, que terá lugar este xoves 7 de abril, a partir das 19:00 horas, na Fundación Caixa Galicia de Santiago (Rúa do Vilar, 19). Ao día seguinte, venres 8, Roberto Innocenti será un dos integrantes do xurado que decidirá o fallo do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
-
Publicado: Marzo 28, 2011Lee mas »
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chega esta semana ás Escolas Infantís. O ilustrador Pablo Otero visitou a Escola Infantil Municipal de Conxo para converter os seus alumnos e alumnas nos protagonistas dun circo moi especial: o Circus Conxo. Na liña da imaxe circense desta campaña, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, Pablo Otero propúxolles aos nenos e nenas elaborar un mural colectivo a base de elementos adhesivos de cores e formas diferentes que foron pegando nas súas respectivas fotografías, creando una composición orixinal e divertida que vai quedar ocupando un lugar destacado na propia escola.
...
-
Publicado: Marzo 15, 2011Lee mas »
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago xa está en marcha, un ano máis. Ata o 30 de abril, na Galería Sargadelos de Santiago, nas diversas escolas infantís e nas librarías da cidade, respirarase ambiente lector e arrecendo a fantasía. Máis de 5.000 escolares de Compostela e da súa bisbarra van estar “Cantando e contando coa familia C”; tamén os seus educadores, os bibliotecarios, e o público familiar en xeral. Na xornada inaugural de onte, a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, e o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, visitaron a exposición de ilustracións e libros, asistiron á sesión de contacontos e música na que participaron os nenos e nenas das Escolas Municipais Infantís de Conxo e de Fontiñas, e aos obradoiros de ilustración e de escrita. Tamén se sumou o ilustrador David Pintor, cuxo caderno de viaxe “Compostela” inspira os relatos creados polo alumnado.
...