Campaña en Santiago
-
Publicado: Abril 06, 2015
O ilustrador Federico Delicado, que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra titulada “Ícaro”, vai impartir este xoves día 9 unha charla co lema “O voo do debuxante”. A sesión, dirixida especialmente a educadores pero aberta tamén ao público en xeral, realizarase a partir das 18:30 horas na Galería Sargadelos, no marco da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA.
Federico Delicado é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. En 1970 iniciou a súa traxectoria profesional elaborando materiais audiovisuais e traballos para prensa. Particip
-
Publicado: Marzo 26, 2015
Na xornada inaugural da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago outra das actividades realizadas foi unha charla de presentación ao profesorado dos máis de 30 centros escolares inscritos: os obxectivos desta edición, o repertorio de contos, a bibliografía relacionada, a visita á exposición de ilustracións e de libros... Xosé Pérez, en representación de KALANDRAKA, e o equipo de animación á lectura formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, foron os anfitrións desta visita especial á Galería Sargadelos.
AXENDA DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES:
*Para profesorado e público en xeral:
-9 de abril ás 18:30 horas, encontro co ilustrador Federico Delicado, Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014 coa obra "Ícaro". O lema da súa intervención é O voo do debuxante.
*Abertas ao público:
-11 de abril ás 12:00 horas, sesión aberta de contos e música para as familias. Entrada de balde.
-25 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, sesións de contos para bebés (0-3 anos) Do berce á lúa. Capacidade limitada. Solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago ([email protected] - tlf 981 554 400/401).
-9 de maio ás 12:00 horas, sesión de contos, música e sorpresas na clausura da XV Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.
-
Publicado: Marzo 24, 2015
A narradora Patricia González e o músico Álex Fente comezan a sesión contando "Ícaro", de Federico Delicado
A XV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela inaugurouse na Galería Sargadelos coa visita dos primeiros grupos de escolares: os alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola asistiron á sesión de contacontos e música con Patricia González e Álex Fente, mentres que os do CEIP López Ferreiro foron os primeiros en participar nos obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico galego Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración, ao tempo que Alberto Barreiro coordinaba o taller de escrita creativa co alumnado do colexio San Jose de Cluny.
Ao longo dos 15 anos de traxectoria desta Campaña de Animación á Lectura, máis de 50.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra visitaron as salas da Galería Sargadelos, convertidas ben nun pequeno museo, ben nun laboratorio de creación. Nesta edición inscribíronse máis de 30 centros educativos que, sumando as actividades abertas ao público, permitirán superar un ano máis os 5.000 participantes.
-
Publicado: Noviembre 05, 2014Comments: 1
“Ahora quiero volar,
y sé que antes del silencio,
antes del bien y del mal, del cruel y del tirano
pasaba por el mundo sobre ángeles y cosas
un hombre libre con alas en las manos.
Ahora vuelvo a volar. Tengo unas alas blancas
con que abrazar el aire, rasgar el horizonte,
llegar hasta ciudades lejanas como sueños
y enseñarles a todos que es posible la vida…”
Es un fragmento de “Volar es para pájaros”, una canción de Hilario Camacho y Pablo Guerrero, compuesta en 1975, que bien podría ser la banda sonora de “Ícaro”, la obra galardonada con el VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Su autor, Federico Delicado, ha recibido el galardón en un acto institucional celebrado en el Museo das Peregrinacións e de Santiago, al que han acudido representantes municipales del Ayuntamiento de Santiago, de KALANDRAKA, integrantes del jurado del certamen, autores e ilustradores, profesionales de la docencia y mediadores de lectura. Los músicos Bleuenn Le Friec y Rodrigo Romaní han interpretado un breve recital de arpa.
–¿Al Polo Norte?
–Sí. Es la primera vez que lo hacen. Me dijeron que, una vez allí,
viajarían hasta el Polo Sur siguiendo las rutas migratorias.
Luego vendrán a por mí, de modo que no hay necesidad de buscarlos.
¿Sabe una cosa? Podrán vivir dos veranos en el mismo año.
¿No le parece fantástico?
–¿Acaso son científicos tus padres?
–No…, mis padres son pájaros.
El libro de Federico Delicado es una metáfora atemporal: tan antigua como el mito griego homónimo, tan contemporánea como la canción de Camacho y Guerrero...
Para estos tiempos de incertidumbre, de sueños rotos y miedos colectivos que necesitan certezas, “Ícaro” es el símbolo de la libertad, representa el impulso necesario para alzar el vuelo y huir de una realidad asfixiante que trasciende fronteras y continentes.
La lectura de “Ícaro” inquieta y emociona. Se trata de una gran obra que surge de un texto elaborado, sensible y rotundo, enmarcado en una propuesta plástica dual: una historia en clave pragmática contada en color sepia; otra, rebosante de luz y color que nos transporta hasta el territorio ideal de los sueños.
Al igual que el protagonista de esta obra, “Ícaro” ya ha emprendido su vuelo particular, impreso en las cinco lenguas peninsulares; un vuelo de larga distancia que permitirá llevar el nombre de Compostela por todo el mundo. Especialmente en Latinoamérica, donde este Premio Internacional de Álbum Ilustrado cuenta con un amplio seguimiento y mucha aceptación por parte del público y la crítica especializada.
Los libros premiados -en su versión en español- están presentes en las librerías y bibliotecas de Argentina, México, Chile, Colombia, Perú, Uruguay y Estados Unidos.
Gracias a esta convocatoria del Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA, es posible conocer y disfrutar de las mejores obras que se están creando en un género literario que ha revolucionado la Literatura Infantil y Juvenil: el álbum ilustrado.
En el marco de la Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago que ya suma XIV ediciones, el Premio Compostela está contribuyendo además a la formación artística y literaria de los que hoy son los niños y niñas del mañana.
........................................
-
Publicado: Junio 06, 2014
As Feiras do Libro de Ourense e de Ferrol acollen os próximos concertos de "Brinca Vai!", con Paco Nogueiras como músico e intérprete da escolma de cancións que pequenos e maiores cantan, bailan e brincan.
Dende o seu debut en Lugo, Paco Nogueiras vén percorrendo as principais cidades galegas cun espectáculo que combina voz e música en directo, humor e participación do público.
-
Publicado: Abril 21, 2014
Na véspera do Día do Libro, a XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA comezará mañá martes, a partir das 11:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago, con sesións de contacontos e música para escolares de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, así como obradoiros de ilustración e de escrita creativa para o alumnado de 2º e 3º ciclo, respectivamente. O lema desta nova edición, “…Outro conto, mamá”, alude ao álbum ilustrado titulado “Mamá”, co que a arxentina Mariana Ruiz Johnson gañou en 2013 o Premio Internacional Compostela, que lle foi publicado en sete idiomas. As actividades prolongaranse ata o 31 de maio.
Trala estrea das actividades na xornada matinal, será o turno do profesorado pertencente aos centros educativos inscritos na Campaña que, a partir das 18:30 horas, asistirán á presentación da programación: os docentes participarán na sesión de contacontos deseñada para os nenos e nenas, percorrerán as salas na
-
Publicado: Abril 14, 2014Comments: 2
“…Estamos no universo das sensibilidades”. Con esta frase do ilustrador João Vaz de Carvalho principiaba a charla formativa co lema “Ilustrar a música” que o ilustrador portugués e o autor José Antonio Abad impartiron na Galería Sargadelos de Santiago, no inicio da XIV Campaña de Animación á Lectura. Porque do que se trata é de que os nenos se acheguen á música “de forma didáctica, que a vivan e a entendan”, engadiu o autor dos textos de “As catro estacións: Vivaldi” e “
-
Publicado: Abril 08, 2014
O ilustrador portugués João Vaz de Carvalho será o protagonista da charla titulada “Ilustrar a música”, que se celebrará este xoves día 10 ás 18:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago. Con esta actividade comeza a XIV Campaña de Animación á Lectura, co lema “…Outro conto, mamá”, que se prolongará ata o 31 de maio cun amplo programa de actividades para escolares, docentes e público en xeral. Nesta sesión formativa tamén participará o especialista en didáctica da música José Antonio Abad, autor dos álbums “As catro estacións” e “
-
Publicado: Mayo 16, 2013
Este Día das Letras Galegas 2013 ten un dobre significado: o recoñecemento á figura do dramaturgo, actor e director teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) e festexar os 150 anos da publicación de “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro. A poeta galega é a protagonista dunha das salas da Galería Sargadelos de Santiago, onde transcorre a XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura Unha bandada de contos, que rematará o vindeiro 25 de maio.
O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA repasa a súa vida, tan intensa no persoal e no literario, co profesorado e cos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria que asisten ás sesións de contos e música. Unha proxección de imaxes abrangue a nenez de Rosalía, as circunstancias históricas e sociais dunha época marcada pola emigración
-
Publicado: Abril 29, 2013
“Unha bandada de contos” é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realiza na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. As sesións de contos e música para escolares de Educación Infantil e Primaria realízanse nun espazo especialmente ambientado para recrear a atmosfera estética e literaria de cada obra. Neste “pequeno museo” no que se converteron as paredes da Galería Sargadelos, pódense admirar as ilustracións dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez, do prestixioso autor británico Anthony Browne, da arxentina