Campaña en Santiago

  1. CLAUSURA DA XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA DE SANTIAGO

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, chega mañá sábado ao seu fin. “Contando e cantando coa familia C”, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado “A familia C”, comezou o pasado 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias. O colofón a todo este abano de actividades será unha sesión especial de contacontos e música que se celebrará mañá, sábado 30 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago. A festa continuará no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.

    Lee mas »
  2. XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: A EXPOSICIÓN

    A GALERÍA SARGADELOS ACOLLE ATA O 30 DE ABRIL A EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E LIBROS DA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA

     

    A mostra recolle a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional nun espazo con diferentes ambientacións escénicas

     

    Ata o 30 de abril pódese visitar na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16) de Santiago, e en horario comercial, a exposición de ilustracións e libros da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. A mostra reúne a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional: o galego David Pintor, os barceloneses Mariona Cabassa e Adrià Fruitós, o oscense Antonio Santos, a arxentina Vanina Starkoff e a italiana Giulia Campolmi. As sesións de contos e música para os escolares dos centros educativos da bisbarra de Santiago celebráronse neste incomparable marco artístico, que está tamén aberto ao público en xeral.

    Lee mas »
  3. ROBERTO INNOCENTI EN COMPOSTELA: CONFERENCIA

    Lee mas »
  4. CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CONTOS+MÚSICA

    Había unha vez un paraugas amarelo nunha fábrica de paraugas negros. A quen lle iría gustar un paraugas desa cor? Había unha vez un papá, unha mamá e un neno aos que lles gustaba moito o circo. Gústanche máis os pallasos, os equilibristas, os domadores? Había unha vez un mago que era feliz facendo felices aos nenos e nenas. Que aspecto tiña o Mago Goma? Había unha vez un pequeno elefante grisazulado que vivía na sabana. Sabes o que lle pasou por gustarlle unha tea de cadros? Había unha vez un pobo que crecía, e crecía, con máis e máis casas. Con que lle gustaba bailar á nena protagonista desta historia? Patricia e Nébeda póñenlle voz e música a estes relatos na Galería Sargadelos de Santiago, no marco da XI Campaña de Animación á Lectura: escoitar a narración, contemplar as ilustracións, participar imaxinando posibles finais para estes contos... Os nenos e nenas da Escola Infantil Cativos, de Vedra, do CEIP Lamas de Abade, e da EEI de Sabaxáns foron os protagonistas desta experiencia tan enriquecedora a carón dos libros e da lectura.

    Lee mas »
  5. 7 DE ABRIL: CHARLA DE INNOCENTI EN COMPOSTELA

    Roberto Innocenti é un ilustrador de prestixio internacional, galardoado en 2008 co Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, a máxima distinción no eido da Literatura Infantil e Xuvenil. Entre as súas obras destacan “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” e “A casa”, editadas por Kalandraka. No marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, o artista italiano participará nun encontro aberto ao público, que terá lugar este xoves 7 de abril, a partir das 19:00 horas, na Fundación Caixa Galicia de Santiago (Rúa do Vilar, 19). Ao día seguinte, venres 8, Roberto Innocenti será un dos integrantes do xurado qu

    Lee mas »
  6. PABLO OTERO NAS ESCOLAS INFANTÍS DE SANTIAGO

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chega esta semana ás Escolas Infantís. O ilustrador Pablo Otero visitou a Escola Infantil Municipal de Conxo para converter os seus alumnos e alumnas nos protagonistas dun circo moi especial: o Circus Conxo. Na liña da imaxe circense desta campaña, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, Pablo Otero propúxolles aos nenos e nenas elaborar un mural colectivo a base de elementos adhesivos de cores e formas diferentes que foron pegando nas súas respectivas fotografías, creando una composición orixinal e divertida que vai quedar ocupando un lugar destacado na propia escola.

    Lee mas »
  7. CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO 2011: INAUGURACIÓN

       

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago xa está en marcha, un ano máis. Ata o 30 de abril, na Galería Sargadelos de Santiago, nas diversas escolas infantís e nas librarías da cidade, respirarase ambiente lector e arrecendo a fantasía. Máis de 5.000 escolares de Compostela e da súa bisbarra van estar “Cantando e contando coa familia C”; tamén os seus educadores, os bibliotecarios, e o público familiar en xeral. Na xornada inaugural de onte, a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, e o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, visitaron a exposición de ilustracións e libros, asistiron á sesión de contacontos e música na que participaron os nenos e nenas das Escolas Municipais Infantís de Conxo e de Fontiñas, e aos obradoiros de ilustración e de escrita. Tamén se sumou o ilustrador David Pintor, cuxo caderno de viaxe “Compostela” inspira os relatos creados polo alumnado.   

    Lee mas »
  8. XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    A XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO CONTARÁ CO PRESTIXIOSO ILUSTRADOR ITALIANO ROBERTO INNOCENTI

    A programación, do 14 de marzo ao 30 de abril, inclúe sesións de contos para escolares, familias e educadores, obradoiros, exposicións e encontros con creadores

    O 8 de abril anunciarase a obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e mais Kalandraka, coa colaboración da Galería Sargadelos e da Deputación da Coruña, comeza este próximo 14 de marzo e vaise prolongar ata o 30 de abril, con sesións de contacontos e obradoiros para escolares, xornadas formativas para o profesorado, exposicións, encontros con ilustradores e actividades abertas ás familias. A principal novidade desta edición, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, en alusión á obra que en 2010 gañou o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, é a presenza do prestixioso artista plástico italiano Roberto Innocenti, Premio Hans Christian Andersen.

    Lee mas »
  9. CONVOCATORIA IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

    El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA convocan el IV Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos terminará el 28 de febrero de 2011 y el fallo del jurado se dará a conocer el 1 de abril, previo a la celebración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la XI Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka.

    El prestigioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “Las aventuras de Pinocho”, “La historia de Erika” o “La casa”, y galardonado con el Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte del jurado del certamen.

    -------------------------------------------

    O Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e KALANDRAKA.

    O prestixioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.

    BASES EN CASTELLANO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMES ILUSTRADOS

    BASES EN GALEGO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMS ILUSTRADOS

    REGULAMENTO EM PORTUGUÉS: IV PRÉMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUNS ILUSTRADOS

    RULES IN ENGLISH: IV INTERNATIONAL COMPOSTELA PRIZE FOR PICTURE BOOKS

    Lee mas »
  10. EN DELIBROS

    El número de junio de la Revista DeLibros contiene un reportaje de Jorge Riobóo sobre la X Campaña de Animación a la Lectura “Un gran sueño” que organizaron el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA. Otro grato hallazgo, en la sección de Libros con encanto, es la reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

    ---------------------------------------

    O número de xuño da Revista DeLibros contén unha reportaxe de Jorge Riobóo sobre a X Campaña de Animación á Lectura “Un gran soño” que organizaron o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Outro grato achado, na sección de Libros con encanto, é a reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

    Lee mas »