El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA convocan el IV Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos terminará el 28 de febrero de 2011 y el fallo del jurado se dará a conocer el 1 de abril, previo a la celebración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la XI Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka.

El prestigioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “Las aventuras de Pinocho”, “La historia de Erika” o “La casa”, y galardonado con el Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte del jurado del certamen.

-------------------------------------------

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e KALANDRAKA.

O prestixioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.

BASES EN CASTELLANO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMES ILUSTRADOS

BASES EN GALEGO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMS ILUSTRADOS

REGULAMENTO EM PORTUGUÉS: IV PRÉMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUNS ILUSTRADOS

RULES IN ENGLISH: IV INTERNATIONAL COMPOSTELA PRIZE FOR PICTURE BOOKS

 

El Premio Compostela está dirigido a autores e ilustradores de cualquier nacionalidad que presenten obras originales e inéditas. Las personas interesadas en presentarse al certamen deberán enviar cinco copias del texto escrito en cualquier lengua oficial de la Península Ibérica, tres ilustraciones originales y cinco fotocopias en color de cada una de ellas, junto con una maqueta acabada de todo el proyecto. El material, firmado bajo lema o pseudónimo, se enviará al Registro General del Ayuntamiento de Santiago (calle del Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

KALANDRAKA publicará la obra premiada en las cinco lenguas oficiales peninsulares -castellano, gallego, catalán, euskera y portugués- en octubre de 2011. La editorial podrá publicar también los trabajos que reciban una mención especial. Además de contar con Roberto Innocenti, el jurado se completará con otros profesionales de reconocido prestigio en el ámbito de la literatura y la ilustración infantil. Las bases completas de participación se pueden consultar en las respectivas páginas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) y del Ayuntamiento de Santiago (www.santiagodecompostela.org).

La ganadora de la primera edición del Premio Compostela -a la que se presentaron 335 trabajos de varios países- fue la argentina Natalia Colombo, autora e ilustradora del álbum titulado “Cerca”. En la convocatoria de 2009 -a la que optaban 280 aspirantes- el mexicano Felipe Ugalde recibió el galardón por “Un gran sueño”. El autor Pep Bruno y la ilustradora Mariona Cabassa fueron distinguidos en la tercera edición por el libro “La familia C”, que compitió con otros 518 trabajos de 22 países. KALANDRAKA editó los tres títulos en castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano, con una tirada conjunta de 20.000 ejemplares de cada obra.

La convocatoria de este certamen internacional se encuadra en la Campaña de Animación a la Lectura que el Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA organizan anualmente en el mes de abril, y que en 2011 alcanzará su undécima edición. Las actividades programadas -sesiones de cuentos y música, talleres de ilustración y de escrita creativa, actos en las librerías de la ciudad, charlas para docentes y familias- llegan a más de 5.000 escolares de la comarca compostelana.

-------------------------------------------

O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto escrito en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou seudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

KALANDRAKA publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2011. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio na área da literatura e da ilustración infantil. As condicións completas de participación pódense consultar nas respectivas páxinas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) e do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.org).

A gañadora da primeira edición do Premio Compostela -á que se presentaron 335 traballos de varios países- foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora do álbum titulado “Cerca”. Na convocatoria de 2009 -á que optaban 280 aspirantes- o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro “A familia C”, que competiu con outros 518 traballos de 22 países. KALANDRAKA editou os tres títulos en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano, cunha tiraxe conxunta de 20.000 exemplares de cada obra.

A convocatoria deste certame internacional encádrase na Campaña de Animación á Lectura que o Concello de Santiago e KALANDRAKA organizan anualmente no mes de abril, e que en 2011 acadará a súa undécima edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actos nas librarías da cidade, charlas para docentes e familias- chegan a máis de 5.000 escolares da bisbarra compostelá.