Página 4 - Campaña en Santiago

  1. XIV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    O ilustrador portugués João Vaz de Carvalho será o protagonista da charla titulada “Ilustrar a música”, que se celebrará este xoves día 10 ás 18:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago. Con esta actividade comeza a XIV Campaña de Animación á Lectura, co lema “…Outro conto, mamá”, que se prolongará ata o 31 de maio cun amplo programa de actividades para escolares, docentes e público en xeral. Nesta sesión formativa tamén participará o especialista en didáctica da música José Antonio Abad, autor dos álbums “As catro estacións” e “O carnaval dos animais”, este último ilustrado por João Vaz de Carvalho.

    João Vaz de Carvalho estudou pintura no taller de Vasco Berardo, en Coimbra. Como ilustrador, outras obras súas son o libro-cd-dvd “Na punta do pé”, do grupo Pesdelán, e “28 historias para rir”, con relatos de Ursula Wölfel. Foi premiado na Bienal Internacional de Ilustración Infantil de Barreiro.

    Ademais, autores e ilustradores de todo o mundo están pendentes esta semana do fallo...

    Lee mas »
  2. LETRAS GALEGAS: ROSALÍA DE CASTRO, VISTA POR BELÉN PADRÓN

    Este Día das Letras Galegas 2013 ten un dobre significado: o recoñecemento á figura do dramaturgo, actor e director teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) e festexar os 150 anos da publicación de “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro. A poeta galega é a protagonista dunha das salas da Galería Sargadelos de Santiago, onde transcorre a XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura Unha bandada de contos, que rematará o vindeiro 25 de maio.

    O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA repasa a súa vida, tan intensa no persoal e no literario, co profesorado e cos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria que asisten ás sesións de contos e música. Unha proxección de imaxes abrangue a nenez de Rosalía, as circunstancias históricas e sociais dunha época marcada pola emigración e pola situación de abandono da lingua galega, o seu ambiente familiar, a publicación dos seus libros, e a súa traxectoria ata o seu pasamento na Casa da Matanza, convertida en museo...

    Lee mas »
  3. EXPOSICIÓN 'UNHA BANDADA DE CONTOS' EN COMPOSTELA

    Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado con “Bandada”, unha metáfora sobre a historia da humanidade protagonizada por varias especies de aves. O libro, cunhas espectaculares ilustracións en branco e negro, foi seleccionado pola Biblioteca Internacional...

    Lee mas »
  4. PRESENTACIÓN DA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN AO PROFESORADO

    Como se de escolares de Educación Infantil e Primaria se tratase, o profesorado dos centros docentes de Santiago que participan na XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura asistiu a unha sesión demostrativa de contos e música nas salas da Galería Sargadelos, ambientadas especialmente para este programa de actividades que ata o 25 de maio vai acoller contacontos, obradoiros de escrita creativa e de ilustración, e xornadas formativas.

    Xosé Pérez, de KALANDRAKA, foi o condutor desta presentación especial, xustificando a elección dos relatos elixidos para o repertorio, suxerindo outras propostas de lectura complementarias e orientando sobre o desenvolvemento de posibles estratexias educativas nas aulas a partir destas sesións. A voz de Patricia González na narración dos contos e o acompañamento musical de Álex Fente situaron os mestres e mestras ante o escenario fantástico do que a cotío é partícipe o alumnado.

    "Bandada", a obra coa que Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional...

    Lee mas »
  5. INAUGURACIÓN DA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    “Una bandada de contos” é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que organizan o Departamento de Educación e Kalandraka. Ata o 25 de maio, a Galería Sargadelos ficará convertida nun pequeno museo de ilustracións, instalacións artísticas e libros no que se van realizar sesións de contos e música, obradoiros de escrita e de plástica creativa para escolares, actividades para público familiar, contacontos especiais para bebés e xornadas formativas para o profesorado. Uns 4.500 alumnos e alumnas dos centros educativos de Santiago participarán na programación.

    Os nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria son recibidos pola narradora Patricia González e polo músico Álex Fente, que os van guiando a través dunha exposición chea de colorido polos espazos especialmente ambientados para cada conto.

    O percorrido comeza con “Bandada”, a obra coa que os mexicanos Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbum...

    Lee mas »
  6. VI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA

    El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka Editora convocan el VI Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos concluirá el 1 de marzo de 2013 y el fallo del jurado se dará a conocer en torno al 2 de abril, en el marco del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil y de las actividades de la XIII Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago.

    .................................

    O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos concluirá o 1 de marzo de 2013 e o fallo do xurado darase a coñecer arredor do 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XIII Campaña de Animación á Lectura do Concelo de Santiago.

    .................................

    El Departament d’Educació de l’Ajuntament de Santiago i Kalandraka convoquen el IV Premi Internacional COMPOSTELA per a àlbums il·lustrats, amb una dotació de 9.000 euros en concepte d’avançament pels drets d’autor. El termini per presentar els treballs finalitza l'1 de març de 2013 i la decisió del jurat es donarà a conèixer al voltant del 2 d'abril, tot coincidint amb el Dia Internacional del Llibre Infantil i Juvenil i emmarcat dins les activitats de la XIII Campanya d’Animació a la Lectura que organitza l’Ajuntament de Santiago i Kalandraka.

    .................................

    O Departamento de Educação do Município de Santiago e a Kalandraka Editora tornam público o VI Prémio Internacional Compostela para Álbuns Ilustrados, com o valor pecuniário único de 9 000 euros, entendido como adiantamento de direitos de autor. O prazo para a apresentação dos trabalhos terminará a 1 de março de 2013 e a decisão do júri será divulgada por volta do dia 2 de abril, por ocasião do Dia Internacional do Livro Infantil e Juvenil e das atividades da XIII Campanha de Animação à Leitura do Município de Santiago.

    BASES EN ESPAÑOL

    BASES EN GALEGO

    BASES EN CATALÀ

    RULES IN ENGLISH

    REGULAMENTO EM PORTUGUÉS

    VI COMPOSTELA SARIA (EUSKERA)

    ...

    Lee mas »
  7. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    Nenos e adultos participaron este pasado fin de semana na sesión especial de contos e música celebrada na Galería Sargadelos de Santiago con motivo da clausura da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA. A actividade estivo amenizada por profesores e alumnos da Escola Municipal de Música, que interpretaron diversas composicións intercaladas no repertorio de contos: "Nadarín", de Leo Lionni; "Críctor", de Tomi Ungerer; e "Paco", de Paula Carballeira e Blanca Barrio, na voz dos narradores de Kalandraka. O ilustrador Marc Taeger debuxou en directo unha adaptación ao estilo chinés de "A verdadeira historia de Carapuchiña", mentres Olalla González contaba a historia.

    Dende o pasado mes de abril, a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema "Unha viaxe de ida e volta", realizou ducias de sesións de contos e música, de obradoiros de ilustración e de escrita creativa, que chegaron a milleiros de escolares dos centros educativos de Santiago. O programa tamén incluíu actividades formativas para pais e nais, profesorado e especialistas; así como sesións de contacontos para bebés e tamén para público familiar.

    Toda esta intensa programación desenvolveuse no marco escénico dunha exposición de ilustracións de artistas internacionais e de obxectos relacionados, que consta de imaxes dos seguintes libros: "A viaxe de Olaf", do urugauio Martín León Barreto (IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), "Que che gustaría ser?", da italiana Arianna Papini (finalista do certame); "O león Kandinga", da zaragozana Elisa Arguilé (Premio da Fundación CJ de Cultura de Corea); "O nacemento do dragón", da francesa Catherine Louis; "Letras nos cordóns", da italiana Marina Marcolin; e "Celso Emilio Ferreiro, escolma poética", do galego Baldo Ramos, co gallo do centenario do nacemento do escritor celanovés.

    ...

    Lee mas »
  8. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    A XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, chega estes días ao seu fin dende que, o pasado 16 de abril, comezaran a desenvolverse as sesións periódicas de contos e música para escolares, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as sesións de contacontos para bebés e as xornadas formativas para adultos, ademais da exposición de ilustradores internacionais que aínda se pode visitar ata o 31 de maio na Galería Sargadelos, en horario comercial. Mañá sábado, a partir das 12:00 horas, realizarase a derradeira actividade aberta ao público: unha sesión especial de contos que estará amenizada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

     

    Lee mas »
  9. XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTURA EN SANTIAGO: EXPOSICIÓN

    A Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) acolle ata o vindeiro 31 de maio unha exposición de ilustracións, libros e obxectos no marco da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “Unha viaxe de ida e volta”. A mostra, aberta ao público en horario comercial, ofrece a obra de diversos artistas internacionais: o galego Baldo Ramos, a zaragozana Elisa Arguilé, a chilena Paloma Valdivia, o uruguaio Martín León Barreto, as italianas Arianna Papini e Marina Marcolin, e a francesa Catherine Louis.

    Esta exposición é o espazo no que transcorren as sesións de contos e música nas que participan escolares dos centros educativos de Compostela, e as actividades abertas ás familias, como a sesión especial para bebés de 0 a 3 anos que se celebrará o vindeiro 12 de maio ás 11:30 e ás 12:30 horas.

    ...

    Lee mas »
  10. CONTOS E OBRADOIROS NA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    Escolares dos colexios Vilas Alborada, Ramón Cabanillas e San Jorge participaron hoxe na XII Campaña Municipal de Animación á Lectura. As sesións de contos e música para os máis cativos, complementáronse cun obradoiro de escrita creativa arredor da obra do autor Celso Emilio Ferreiro, e cun obradoiro de ilustración a cargo do artista plástico Óscar Villán. Mañá, sábado 28 a partir das 12:00 horas, a Galería Sargadelos de Santiago -onde transcorren as actividades- acollerá unha sesión de contos e música para público familiar.

    ...

    Lee mas »