Página 2 - Campaña en Santiago

  1. IX PREMIO COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO: ACTO DE ENTREGA

    “Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas.

    O último día de ser o único carteiro en toda a illa.

    Naquel tempo non había teléfono nin correo electrónico,

    e todas as noticias viaxaban a pé...”

    Este xoves 10 de novembro, ás 19:00 horas, celebrarase no Pazo de Raxoi, en Santiago, o acto público de entrega do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado aos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores da obra titulada UNHA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de novembro nas cinco linguas peninsulares. Narra o derradeiro día de traballo dun entrañable carteiro que reparte a correspondencia entre os habitantes dunha illa mediterránea. A visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi tamén inclúe un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o mesmo xoves ás 11:00 horas, para amosar o proceso de elaboración deste traballo dende o punto de vista literario e plástico. Ao día seguinte, venres 11 ás 18:30 horas, visitarán...

    Lee mas »
  2. XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN COMPOSTELA: COS DOCENTES

    Docentes dos 52 centros escolares que participan na XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago participaron na presentación das actividades, cunha visita guiada á exposición de ilustracións e instalacións artísticas, na que se narraron algúns dos "Contos para despois da chuvia" -lema desta edición- que forman parte da bibliografía.

    ...Dende "Despois da chuvia", de Miguel Cerro, cuxas imaxes articulan a mostra gráfica; ata "O artista que pintou un cabalo azul", de Eric Carle, que se enmarca na recreación do estudio artístico onde se contextualizan as ilustracións de Xosé Cobas para o libro-disco "Cadros dunha exposición"; pasando por "A que sabe a lúa?", de Michael Grejniec, sobre a mesma temática que as imaxes da autora de "A lúa de Xoán", Carme Solé Vendrell; ou "Balea", na sala onde remata a exposición cunha proxección do proceso de creación do libro despregable creado por Federico Fernández e Germán González Pintos.

    A XVI Campaña de Animación...

    Lee mas »
  3. 2 DE ABRIL: 18º ANIVERSARIO DE KALANDRAKA

    KALANDRAKA cumpre 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da editorial.

    KALANDRAKA elixiu este obra para botar unha ollada ás súas orixes e sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que aínda segue vixente: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense do revés, nun xogo de rimas e de versos.

    A celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terá unha trascendencia especial en Santiago de Compostela, onde a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia” ábrese ao público familiar cunha sesión de contacontos e música, mañá sábado a partir das 12:00 horas na Galería Sargadelos....

    Lee mas »
  4. XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO

    A Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -co lema “Contos para despois da chuvia”- vaise inaugurar para todos os públicos este sábado 2 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que tamén coincide co 18º aniversario de KALANDRAKA. A Galería Sargadelos, convertida nun “pequeno museo” no que se exporán ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, acollerá unha sesión aberta de contos e música, a partir das 12:00 horas.

    As actividades para escolares correrán a cargo de membros do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA: as sesións de contacontos coa narradora Patricia González e co músico Álex Fente, e os obradoiros de escrita creativa e de ilustración con Alberto Barreiro e Pablo Otero, respectivamente, comezarán o venres día 1. Ata o final da Campaña -que se vai clausurar o 14 de maio- participarán na programación uns 5.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra...

    Lee mas »
  5. 'CONTOS PARA DESPOIS DA CHUVIA', EN COMPOSTELA

    A Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela vaise inaugurar ao público o sábado 2 de abril, no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que coincide co 18º aniversario de KALANDRAKA. A Galería Sargadelos, convertida nun “pequeno museo” no que se exporán ilustracións e instalacións artísticas relacionados cos libros protagonistas da Campaña, acollerá unha sesión aberta de contos e música, ás 12:00 horas.

    As sesións de contacontos a cargo do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, ademais dos obradoiros de escrita creativa e de ilustración impartidos por Alberto Barreiro e Pablo Otero, respectivamente, comezarán o 1 de abril. Ata o final da Campaña -que se vai clausurar o 14 de maio- participarán na programación uns 5.000 nenos e nenos de Santiago e da bisbarra compostelá. Tamén haberá actividades específicas para pre-lectores nas escolas infantís de Meixonfrío-Salgueiriños...

    Lee mas »
  6. MIGUEL CERRO: VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA

    Las emociones a flor de piel han marcado el acto institucional de entrega del VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, en el Salón Noble del Ayuntamiento de Santiago. Emoción de Miguel Cerro, ganador del certamen; empatía del público, partícipe de un momento tan especial para un autor al que se le acababa de cumplir un sueño.

    ...Emoción en la interpretación de los músicos Pablo Pascual y Óscar Fernández, profesores en la Escuela Municipal de Música de Santiago. También en las palabras del concejal de Educación y Ciudadanía, Manuel Dios, y del alcalde de la ciudad, Martiño Noriega, reforzando su apuesta por la Campaña de Animación a la Lectura y por el Premio Compostela de Álbum Ilustrado, del que han destacado su proyección internacional.

    [Xosé Ballesteros, director de Kalandraka]

    Miguel Cerro sitúa a los animales que protagonizan "Después de la lluvia" bajo un aguacero que inunda su hogar. Un minidiluvio universal que pondrá a prueba a los habitantes de un colorido...

    Lee mas »
  7. MIGUEL CERRO: CON ALUMNADO DE ARTES

     

    El ganador del VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, Miguel Cerro, ha visitado el IES do Sar para compartir su experiencia como ilustrador y diseñador con los estudiantes de Bachillerato Artístico, además de presentarles "Después de la lluvia", la obra elegida por el jurado del certamen, que se acaba de publicar en todas las lenguas peninsulares.

    Especializarse, mantener un alto grado de autoexigencia, evolucionar en el desarrollo de un estilo propio y no desanimarse durante el proceso de hacerse un hueco en el ámbito artístico  han sido algunos de los consejos que ha compartido con el alumnado.

    De estar a punto de abandonar este oficio hasta llevar desde 2014 viviendo exclusivamente de la ilustración y el diseño, pasando por ganar el Premio Internacional Compostela, al que se había presentado en anteriores ediciones, son las etapas por las que ha pasado Miguel Cerro. 

    Experimentar con la composición, crear perspectivas imposibles y jugar con el color son algunas...

    Lee mas »
  8. VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA: ACTO DE ENTREGA

    “Houbo unha vez un bosque marabilloso,

    en que vivían toda clase de animais.

    Un día, de súpeto, empezou a chover.

    E cada vez chovía máis e máis e máis…”

    Agardámoste este xoves 5 de novembro, ás 19:00 horas no Pazo de Raxoi, en Santiago, para a presentación de “Despois da chuvia” e a entrega do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado ao seu autor, Miguel Cerro.

    Miguel Cerro manterá un encontro con alumnos e alumnas de Bacharelato Artístico do IES do Sar entre as 10:50 e as 12:30 horas do mesmo xoves para falarlles da súa experiencia como ilustrador e para explicarlles o proceso de creación de “Despois da chuvia”.

    ........................................

    "Hubo una vez un bosque maravilloso,

    lleno de luz, en el que vivían toda clase de animales.

    Un día, de repente, comenzó a llover.

    Y cada vez llovía más y más y más..."

    Te esperamos este jueves 5 de noviembre, a las 19:00 horas en el Pazo de Raxoi, en Santiago, para la presentación de “Después de la lluvia" y la entrega...

    Lee mas »
  9. CLAUSURA DA XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN COMPOSTELA

    O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA, formado pola narradora Patricia González e os músicos Álex Fente e Paco Nogueiras, foi o encargado de pórlle o broche de ouro á XV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que, co lema "Ler é voar", se desenvolveu dende o pasado 29 de marzo na Galería Sargadelos, organizada polo Departamento de Educación. Ducias de nenos e nenas, coas súas nais e pais, participaron nunha sesión de contos e música, cunha actuación inicial do alumnado da Escola Municipal de Música.

    "Ícaro", de Federico Delicado, "Quen é ese becho?", de Carmen Queralt, e os contos tradicionais "Chibos Chibóns" e "Once damas atrevidas, conformaron o repertorio desta actividade, amenizada con música e cancións expresamente compostas polo equipo de animación á lectura de KALANDRAKA, que invitaron o público infantil e adulto a participar coreando os retrousos.

    Máis de 5.000 escolares de Santiago e da bisbarra compostelá participaron nas sesións de contacontos, nos obradoiros de escrita e plástica creativa e nas visitas guiadas á exposición de ilustracións e libros. O programa completouse con actividades formativas para o profesorado e sesións de animación á lectura abertas á participación da cidadanía en xeral, como contacontos para público familiar e contacontos específicos para bebés.

    [Preme 'Seguir lendo' para ver a reportaxe fotográfica completa]

    ...

    Lee mas »
  10. "LER É VOAR", 15 ANOS ANIMANDO Á LECTURA EN COMPOSTELA


    A XV Campaña de Animación á Lectura rematará o vindeiro sábado 9 de maio, cunha sesión de contos e música programada para as 12:00 horas na Galería Sargadelos, con entrada libre.


    Este sinxelo video de pouco máis de 3 minutos permite facer unha visita 'virtual' á exposición LER É VOAR, lema da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura que se está realizando no concello de Santiago, no marco da Galería Sargadelos.

    Os personaxes de "Quen é ese becho?", de Carmen Queralt, guían o público polas escaleiras deste edificio histórico ata a sala de mostras, na que somos recibidos polas fermosas ilustracións de "Ícaro", a obra coa que Federico Delicado gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

    Con Ana Sande achegámonos a un dos clásicos de Andersen, "O patiño feo", que trascende as páxinas do libro para materializarse tamén nunha vistosa maqueta. E destaca a homenaxe a Leo Lionni, a través dos ratiños que protagonizan "Cores".

    "Orellas de bolboreta" é un dos títulos...

    Lee mas »