Página 96 - Blog K
-
Publicado: Mayo 02, 2011
A ritmo de valse, pasodobre ou muiñeira, un peciño tras doutro, arrebolándonos ou tocando o ceo cos dedos, o grupo Pesdelán logrou mesmo que as nubes e a auga de maio danzaran ao son da música, con algún que outro trono uníndose ao coro. Tralo mes dos libros, estreamos o mes da lingua e das letras na Feira do Libro de Santiago cun concerto-obradoiro baseado nos temas do libro-cd-dvd "Na punta do pé", que recupera pezas do folclore galego, portugués e mirandés. Montse Rivera e Mercedes Prieto presentaron os bailes e as cancións, Uxía Cribeiro e Bea Díaz foron as voces cantantes, Xan Pampín ao acordeón e Amando Gottardi ao baixo, Carlos Freire coa percusión e Miguel Flores tocando a guitarra, interpretaron "O xogo da carrasquiña", "A pulga na palla", "A caminho de Viseu" e o "Baiao". Fixeron que nais e pais bailaran cos seus nenos e nenas, se socializaran con outras familias, se divertiran e riran practicando sinxelos xogos e movementos. "Na punta do pé" xa vai pola súa segunda edición aos catro meses do seu lanzamento. Grazas ao talento dos integrantes de Pesdelán e aos lectores e lectoras pola súa confianza nesta obra multidisciplinar, participativa e sorprendente. KALANDRAKA agárdavos na caseta de LIBROS PARA SOÑAR ata o 8 de maio, na Alameda compostelá.
...
-
Publicado: Mayo 02, 2011
"Indignádevos!", o manifesto de Stéphane Hessel prologado en galego polo escritor Manuel Rivas e editado por FAKTORÍA K, vai xa pola súa terceira edición. A Liga Estudiantil Galega organiza para mañá, martes 3 de maio, unha presentación desta obra, a partir das 12:30 horas no Salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago. Participarán o editor, Xosé Ballesteros, e o profesor Antón Losada.
-
Publicado: Abril 30, 2011
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.
------------------------------------------------
La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.
...
-
Publicado: Abril 29, 2011
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, chega mañá sábado ao seu fin. “Contando e cantando coa familia C”, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado “A familia C”, comezou o pasado 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias. O colofón a todo este abano de actividades será unha sesión especial de contacontos e música que se celebrará mañá, sábado 30 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago. A festa continuará no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.
...
-
Publicado: Abril 29, 2011
Mañá, 30 de abril, comeza a XXX Feira do Libro de Santiago, que se vai celebrar ata o domingo 8 de maio nunha carpa instalada no Paseo Central da Alameda. No programa de actividades destaca a celebración dun concerto protagonizado polo grupo PESDELÁN para presentar o libro-cd-dvd “Na punta do pé” (KALANDRAKA), que xa vai pola súa segunda edición dende o seu lanzamento hai tan só catro meses. O espectáculo, destinado a público de todas as idades, será o domingo 1 de maio a partir das 18:00 horas, con acceso libre e de balde.
"...Unha obra orientada a público de todas as idades para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo".
A libraría LIBROS PARA SOÑAR agárdavos na caseta número 10 cunha ampla oferta de literatura infantil e xuvenil, libros de narrativa, arte e poesía para adultos, e materiais específicos para pre-lectores. O horario da Feira do Libro de Santiago...
-
Publicado: Abril 28, 2011
Mañá venres, ás 20:00 horas na Galería Dua2 de Vigo (Marqués de Valladares, 25), inaugúrase a exposición da artista plástica Belén Padrón. “La efigie del solitario” é o título desta mostra pictórica, que se poderá visitar ata o 30 de maio.
Belén Padrón (Oviedo, 1976) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na que acadou o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Actualmente reside en Lanzarote, onde compaxina a actividade docente co seu traballo artístico. Expuxo a súa obra en diversas cidades dentro e fóra de Galicia, onde están as súas raíces. Os seus cadros forma parte de numerosas coleccións públicas e privadas. Na súa faceta como ilustradora, realizou a proposta estética do libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, editada na colección Trece Lúas do selo FAKTORÍA K. Entre outros, gañou un premio adquisición no II Premio Nacional de Pintura Fundación María José Jove no 2007, e o 1º Premio de Pintura Eixo Atlántico no 2000. Tamén recibiu a Beca Novos Valores da...
-
Publicado: Abril 27, 2011
http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8
Este venres a partir das 19:00 horas, na Cidade da Cultura, o grupo Pesdelán vai ofrecer un concerto baseado nas pezas do libro-cd-dvd "Na punta do pé", editado por KALANDRAKA con ilustracións de Joao Vaz de Carvalho. O espectáculo vai contar coa presenza dun equipo do programa Alalá, da TVG, que prepara unha reportaxe sobre este grupo musical e o seu recente traballo discográfico, que xa vai pola súa segunda edición, dende o seu lanzamento en decembro de 2010.
-
Publicado: Abril 26, 2011
LIBROS PARA SOÑAR vén de cumprir o seu 11º aniversario e vaino celebrar cos lectores, ao longo de toda esta semana, con actividades especiais de promoción e de animación á lectura. Para mañá, mércores día 27 ás 17:30 horas, está programada unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos. O venres 29 ás 18:30 horas, os nenos e nenas a partir de catro anos serán os protagonistas da sesión habitual de animación á lectura, na que se sortearán varios lotes de libros. Durante estes días, tamén se van aplicar descontos pola compra de libros.
Unha das novidades que incorpora a libraría para intensificar a súa relación cos lectores, é a creación da páxina LIBROS PARA SOÑAR en Facebook. Coa súa incorporación ás redes sociais, LIBROS PARA SOÑAR dótase dunha ferramenta máis para seguir contribuindo ao dinamismo comercial do Casco Vello vigués.
...
-
Publicado: Abril 25, 2011
...Rosas, libros, lectores. El día de Sant Jordi es uno de los mayores acontecimientos culturales del año en Barcelona. En la Trovada d’Il•lustradors, organizada por Casa Anita en la Plaza de Salmerón, participaron creadores como Paloma Valdivia (“Los versos del libro tonto”, “Los de arriba y los de abajo”, “Gabriela Mistral, antología poética”) y Gusti (“Ecuador, cuaderno de viaje”). La afluencia de público a los puestos de las librerías fue constante y las calles se colapsaron con la avidez de la lectura. Entre la marea de títulos que inundó la ciudad sobresalían las ediciones de KALANDRAKA y FAKTORÍA K: audaces, vistosas, sugerentes.
...
-
Publicado: Abril 20, 2011
Descargar documento en PDF: "23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO".