Mañá, 30 de abril, comeza a XXX Feira do Libro de Santiago, que se vai celebrar ata o domingo 8 de maio nunha carpa instalada no Paseo Central da Alameda. No programa de actividades destaca a celebración dun concerto protagonizado polo grupo PESDELÁN para presentar o libro-cd-dvd “Na punta do pé” (KALANDRAKA), que xa vai pola súa segunda edición dende o seu lanzamento hai tan só catro meses. O espectáculo, destinado a público de todas as idades, será o domingo 1 de maio a partir das 18:00 horas, con acceso libre e de balde.

"...Unha obra orientada a público de todas as idades para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo".

A libraría LIBROS PARA SOÑAR agárdavos na caseta número 10 cunha ampla oferta de literatura infantil e xuvenil, libros de narrativa, arte e poesía para adultos, e materiais específicos para pre-lectores. O horario da Feira do Libro de Santiago será de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 horas.