Animación Lectora

  1. X CAMPAÑA 'UN GRAN SOÑO': MARC TAEGER NAS ESCOLAS INFANTÍS

    O ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro ao acordeón, visitou as Escolas Infantís Municipais de Conxo e de Fontiñas. O obxectivo destes encontros é achegar os cativos á ilustración nun ambiente lúdico, para gozar da creación artística en directo. Así, as intervencións de Marc Taeger consistiron na elaboración de figuras de gran formato que serven para decorar os centros. Utilizando papel, pinturas de cores, tesoiras e habilidade compositiva, Marc Taeger converteu os muros destas escolas infantís nunha sorte de zoolóxicos nos que se asoman leóns e xirafas, elefantes e gatos, monos e paxaros. Marc Taeger é o ilustrador de "A verdadeira historia de Carapuchiña", "Aquiles o puntiño", "Garavanciño" e "Tic-Tac".

    ---------------------------------------------------

    El ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro al acordeón, visitó las Escuelas Infantiles Municipales de Conxo y de Fontiñas. El objetivo de estos encuentros es acercar a los niños y niñas a la ilustración en un ambiente lúdico, para disfrutar de la creación artística en directo. Así, las intervenciones de Marc Taeger consistieron en la elaboración de figuras de gran formato que sirven para decorar los centros. Utilizando papel, pinturas de colores, tijeras y habilidad compositiva, Marc Taeger convirtió los muros de estas escuelas infantiles en una suerte de zoológicos en los que se asoman leones y jirafas, elefantes y gatos, monos y pájaros. Marc Taeger es el ilustrador de "La verdadera historia de Caperucita", "Aquiles el puntito", "Garbancito" y "Tic-Tac".

    Lee mas »
  2. X CAMPAÑA EN SANTIAGO: ESCRITA CREATIVA

    A X Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago ‘Un gran soño’, chega esta semana ao seu fin. Entre as actividades escolares realizadas, destacan os obradoiros de escrita creativa impartidos por Alberto Barreiro, que se desenvolveron do 7 ao 15 de abril co obxectivo de achegarlle ao alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria os procesos de creación literaria.

    -------------------------------------------

    La X Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de  Santiago ‘Un gran sueño’, llega esta semana a su fin. Entre las actividades escolares realizadas, destacan los talleres de escrita creativa impartidos por Alberto Barreiro, que se desarrollaron del 7 al 15 de abril con el objetivo de acercar al alumnado de tercer ciclo de Educación Primaria los procesos de creación literaria.

    Lee mas »
  3. 'O CARTAFOL DO LÉREZ'

    A Concellería de Educación de Pontevedra e KALANDRAKA van pór en marcha do 3 ao 7 de maio a Campaña de Animación á Lectura “O Cartafol do Lérez”, dirixida a escolares de 10 e 11 anos de idade pertencentes ao 3º ciclo de Educación Primaria dos centros públicos do municipio. Entre as actividades que se desenvolverán destaca a edición dun xornal impreso co nome da campaña, que terá tamén versión dixital en Internet, cuxos contidos van ser os traballos que realicen os alumnos e alumnas nos obradoiros propostos, de escrita creativa, de creación poética e de oralidade.

    Lee mas »
  4. VISITA INSTITUCIONAL NA X CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA DE SANTIAGO

    O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitaron esta mañá na Galería Sargadelos aos escolares dos colexios Vilas Alborada e San Jorge, que participaban na sesión de contos e música da X Campaña de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA. Xuntos, contemplaron a exposición das ilustracións de Felipe Ugalde para a obra “Un gran soño”, coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, e escoitaron a Patricia González narrando o conto, co acompañamento de Pablo Díaz ao clarinete.

    Lee mas »
  5. PARTICIPACIÓ A MÁN LLIBRE | KALANDRAKA en Món Llibre

     

    Aquest cap de setmana es celebra a Barcelona la sisena edició de Món Llibre, dies abans del dia de Sant Jordi, el gran dia de la Rosa i el Llibre. Durant aquests dos dies el Raval s'omplirà d'activitats per a joves lectors de totes les edats. Kalandraka i 40 editorials més hi participaran activament.

    ---------------------------------

    Este fin de semana se celebra en Barcelona la sexta edición de Món Llibre. En vísperas del Día del Libro, la gran fiesta de Sant Jordi, la ciudad se llenará de actividades para lectores infantiles y juveniles. KALANDRAKA es una de las 40 editoriales que participará activamente en la programación.

    Lee mas »
  6. X CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO

    A Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago e KALANDRAKA cumpre 10 anos. Esta semana comezaron as actividades desta décima edición, titulada “Un gran soño”. Dende 2001 con “Novas olladas”, pasando por “Libros para soñar”, “Contos para comer cos ollos”, “O son dos soños”, “Palabras no bosque”, “Un dous tres, que les?”, “Ler, unha aventura diferente”, “O eco da memoria” e “Lendo máis Cerca” en 2009, ata “Un gran soño”, moitos miles de nenos e nenas asistiron ás sesións de contos e música, aos obradoiros, ás exposicións e ás demais propostas. Os docentes dos centros escolares asistiron a unha presentación na que se repasaron as campañas anteriores e se marcaron os obxectivos desta.

    ----------------------------------

    La Campaña de Animación a la Lectura del Concello de Santiago y KALANDRAKA cumple 10 años. Esta semana comenzaron las actividades de esta décima edición, titulada “Un gran sueño”. Desde 2001 con “Nuevas miradas”, pasando por “Libros para soñar”, “Cuentos para comer con los ojos”, “El son de los sueños”, “Palabras en el bosque”, “Un dous tres, que lees?”, “Leer, una aventura diferente”, “El eco de la memoria” y “Leyendo más Cerca” en 2009, ata “Un gran sueño”, muchos miles de niños y niñas asistieron a las sesiones de cuentos y música, a los talleres, las exposiciones y las demás propuestas. Los docentes de los centros escolares asistieron a una presentación en la que se repasaron las campañas anteriores y se marcaron los obxectivos de ésta.

    Lee mas »
  7. 'ELS CARAGOLS', DE VALENCIA

    Els escolars de 5 anys A de la classe de 'Els caragols' d'Educació Infantil del CEIP José Mollà de Canals, a València, varen ser els guanyadors del concurs 'Libros para soñar' que organitzen KALANDRAKA i el suplement escolar La Tiza del Diario Información.

    ---------------------------

    Los escolares de 5 años A de la clase 'Els caragols', de Educación Infantil del CEIP José Mollá de Canals, en Valencia, fueron los ganadores del concurso 'Libros para soñar' que organizan KALANDRAKA y el suplemento escolar La Tiza del Diario Información.

    ---------------------------

    Os escolares de 5 anos A da clase 'Els caragols', de Educación Infantil do CEIP José Mollá de Canals, en Valencia, foron os gañadores do concurso 'Libros para soñar' que organizan KALANDRAKA e o suplemento escolar La Tiza do Diario Información.

    Lee mas »
  8. REMATA A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA 'LIBROS PARA SOÑAR'

     Ana e Luis cos escolares do CEIP Remedios de Ponteareas

    Patricia e Pablo no CPI de Xanceda

    A próxima semana chega ao seu fin a XI Campaña de animación á lectura “Libros para Soñar” coa que KALANDRAKA percorreu nos últimos meses máis de 150 colexios de toda Galicia. Dous equipos de contacontos -un para a zona norte e outro para a zona sur- visitaron as aulas de Educación Infantil e de 1º ciclo de Primaria. Como novidade, nesta edición tamén se realizaron obradoiros de oralidade e de escrita creativa para escolares de 2º e 3º de Primaria.

    Lee mas »
  9. AO COMPÁS DE 'TIC-TAC' EN QUIMBAMBA

    "Tic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar..." en Quimbamba

    Afinamos a vista e o oído, aclaramos a voz e poñemos a punto o corpo enteiro. Imos cantar e bailar ao son de “Tic Tac”. Con quen? Cos nenos e nenas da libraría Quimbamba, na Coruña. Pablo e Patricia ofrecéronlles unha sesión de contos e música chea de ritmo, contaron e cantaron contos como o “O poliño da abeleira” e “Un dous tres, que ves? ” e bailaron ao son do “Rock do porco celta”. Queredes ver como transcorreu a festa?

    Lee mas »
  10. LECTURAS EN "ALTAVOZ", EN TENERIFE

    Lecturas ilustradas en Altavoz, en Tenerife (foto, Equipo PARA)

    La Asociación Cultural Equipo PARA, de Santa Cruz de Tenerife, ha puesto en marcha un ciclo de actividades de animación a la lectura para público infantil y adulto, que se llevarán a cabo el último viernes de cada mes. Han inaugurado esta iniciativa con varios títulos de la colección 7 Leguas: “28 historias para reírse”, “29 historias disparatadas” y “Sopa de Sueño y otras recetas de CocoCina”.

    -------------------

    A Asociación Cultural Equipo PARA, de Santa Cruz de Tenerife, puxo en marcha un ciclo de actividades de animación á lectura para público infantil e adulto, que se levarán a cabo o último venres de cada mes. Inauguraron esta iniciativa con varios títulos da colección 7 Leguas: “28 historias para rir”, “29 historias disparatadas” e “Sopa de soño”.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.