Página 8 - Animación Lectora

  1. CONTOS E MÚSICA, EN QUIMBAMBA (A CORUÑA)

    Lee mas »
  2. "UN GRAN SOÑO" EN ESPAZO LECTURA

    Espazo Lectura, en Gondomar, adicoulle unha das recentes sesións infantís de animación lectora a “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, obra coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. A narración do conto completouse cun obradoiro no que os nenos e nenas contruiron unha caixiña para gardar nela os seus mellores soños.

    ...

    Lee mas »
  3. COAS 'TARTARUGAS' DE PANXÓN

    O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA visitou hai uns días os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil “As Dunas”, en Nigrán. O blog do centro, titulado Tartarugas de Panxón, amosa fragmentos da sesión, na que Sandra e Iria contaron e cantaron contos como “Crocodilo namorado”, “Un becho estraño” ou “Chibos chibóns”, co acompañamento musical de Luis Prego. Unha forte aperta aos escolares e ao profesorado pola súa agarimosa acollida.

    ...

    Lee mas »
  4. "CUANDO A MATÍAS..." EN MADRID

    ¡Ya llegan, ya llegan! ¿Tú has sido bueno, has sido buena? Yo sí... Este año, no quiero más carbón.

    Por eso, Esther e Isabel, las libreras de Kirikú y la bruja, en Madrid, con la colaboración de Blanca, Araceli y Ana, te van a contar la historia de un niño: “Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de Reyes”, de Chema Heras y Kiko Dasilva. Será este sábado, 2 de enero, a las 12:00 horas.

    ...

    Lee mas »
  5. SÁBADO 2, "TIC TAC" EN FERROL

    Reseña de “Tic Tac”.

    Lee mas »
  6. LECTURA DE "UNHA PARELLA DIFERENTE" EN VIGO

    A Biblioteca Central de Vigo acolle mañá un obradoiro infantil de lectura pola igualdade, a partir do álbum “Unha parella diferente”, de Daniela Kulot, editado por FAKTORÍA K.

    Lee mas »
  7. "MATÍAS" EN LI-BRI-TOS (MÁLAGA)

    Reseña de “Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de Reyes”.

    (En galego, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”).

    Lee mas »
  8. LOS CUENTOS, LA MEJOR MEDICINA | Os contos, a mellor menciña

    Nuestro compañero César ha ejercido de doctor-cuento con los niños y niñas ingresados en el área pediátrica del Hospital General de Alicante. Les ha llevado sueños calentitos y sonrisas contagiosas para acompañarles en estas fechas pre-navideñas y hacerles más llevadera su estancia temporal entre camillas, batas blancas y medicinas.

    ---------------------------------

    O noso compañeiro César exerceu de doutor-conto cos nenos e nenas ingresados na área pediátrica do Hospital Xeral de Alicante. Levoulles soños quentiños e sorrisos contaxiosos para acompañarlles nestas datas pre-navideñas e facerlles máis levadeira a súa estancia temporal entre camillas, batas brancas e menciñas.

    ...

    Lee mas »
  9. RECTA FINAL DE "CANTAR E CONTAR" EN ARTEIXO

    A campaña “Cantar e contar: da tradición oral ao álbum ilustrado”, que se viña celebrando dende o pasado 3 de novembro no Centro Cívico Cultural de Arteixo co gallo do vixésimo aniversario da Biblioteca Municipal, está chegando ao seu fin. Este sábado día 14, a partir das 12:00 horas, o equipo de animación á lectura de KALANDRAKA ofrecerá unha sesión de contos e música aberta ao público para clausurar este ciclo de actividades infantís.

    ...

    Lee mas »
  10. EXPOSICIÓN DE "CANTAR E CONTAR" EN ARTEIXO

    Ata este sábado 14 de novembro pódense contemplar no Centro Cívico Cultural de Arteixo as ilustracións que compoñen a exposición “Cantar e contar: da tradición oral ao álbum ilustrado”, título da Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Arteixo, a Rede de Bibliotecas Municipais e KALANDRAKA. Unha exposición de artistas internacionais na que destaca a obra dos galegos Alicia Suárez, Federico Fernández, Francisco Pérez Porto e Pablo Otero. Está aberta ao público en horario matinal e as tardes do martes, mércores e xoves de 17:00 a 19:00 horas.

    ...

    Lee mas »