"Tic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar..." en Quimbamba

Afinamos a vista e o oído, aclaramos a voz e poñemos a punto o corpo enteiro. Imos cantar e bailar ao son de “Tic Tac”. Con quen? Cos nenos e nenas da libraría Quimbamba, na Coruña. Pablo e Patricia ofrecéronlles unha sesión de contos e música chea de ritmo, contaron e cantaron contos como o “O poliño da abeleira” e “Un dous tres, que ves? ” e bailaron ao son do “Rock do porco celta”. Queredes ver como transcorreu a festa?

Aprendendo o tamaño dos "Chibos chibós", pequeno, mediano e grande... en Quimbamba

Como os "Chibos, chibóns", tamén hai pandeireta pequena, pandeireta e pandeira

Os nenos e nenas que asistiron á sesión de contos de KALANDRAKA, en Quimbamba, pasaron un rato moi divertido

E para rematar, baile colectivo ao ritmo do "Rock do porco celta"

Pablo adicoulles exemplares de "Tic-Tac", un libro-disco para que crezan ao son da música