Página 52 - Autores e Ilustradores

  1. A CORUÑA: TIM BOWLEY & ÓSCAR VILLÁN

    Primeira xornada da Feira do Libro da Coruña. Claudia chega co seu exemplar de “O Rei Oso Branco”, ben atesourado entre os brazos. Tim Bowley e Óscar Villán, autor e ilustrador deste libro de relatos, recíbena cunha sensación entre expectante e abraiada, con curiosidade e entusiasmo. Preguntámonos que estrana e marabillosa maxia leva os lectores a quedar prendados dun libro, a ensimismarse na súa lectura e, máis aínda, a procurar o contacto cos seus creadores.

    ---------------------------------

    Primera jornada de la Feria del Libro de A Coruña. Claudia llega con su ejemplar de “El Rey Oso Blanco”, bien sujeto entre los brazos. Tim Bowley y Óscar Villán, autor e ilustrador de este libro de relatos, la reciben con una sensación entre expectante y sorprendida, con curiosidad y entusiasmo. Nos seguimos preguntando qué extrana y maravillosa magia lleva a los lectores a quedar prendados de un libro, a ensimismarse en su lectura y, más aún, a procurar el contacto con sus creadores.

    ...

    Lee mas »
  2. DOMINGO 1: TIM BOWLEY & ÓSCAR VILLÁN

    Reseña de “O REI OSO BRANCO”, de Tim Bowley e Óscar Villán, editado na colección Sete Leguas de KALANDRAKA. Dispoñible en castelán (“EL REY OSO BLANCO”) e portugués (“CONTOS DO MUNDO”).

    Lee mas »
  3. FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: KALANDRAKA, CASETA 14

    Comeza a 39º Feira do Libro da Coruña, na que KALANDRAKA vai ocupar ata o vindeiro 10 de agosto a caseta número 14. Entre as máis de 60 actividades que conforman a programación, KALANDRAKA promoverá presentacións e sinaturas de libros, cos seus autores e ilustradores. Velaquí as nosas citas:

    -Domingo 1 de agosto, 20 h. O narrador británico afincado na Coruña TIM BOWLEY e o ilustrador galego ÓSCAR VILLÁN asinarán exemplares do libro de relatos titulado “O REI OSO BRANCO”. Na caseta de información.

    -Mércores 4 de agosto, 20:00 h. O músico coruñés PABLO DÍAZ e o ilustrador suizo afincado en Galicia MARC TAEGER asinarán exemplares do libro-disco “TIC-TAC”, que se poderá escoitar a través da megafonía da Feira. Na caseta de información.

    -Xoves 5 de agosto, 19:00 h. O escritor coruñés MANUEL RIVAS asinará exemplares de “Milu”, un libro solidario editado en favor da FUNDACIÓN MENIÑOS de axuda á infancia para colaborar en programas de protección social. Na caseta de información.

    -Venres...

    Lee mas »
  4. EN MÉXICO (II)

    Lee mas »
  5. 125 CABODANO DE ROSALÍA

     

    15 de xullo de 1885: cúmprense 125 anos da morte de Rosalía de Castro, poeta galega por antonomasia e símbolo cultural imperecedeiro. A artista Belén Padrón ilustra os versos do libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, publicado na colección Trece Lúas de FAKTORÍA K. O escritor Xesús Alonso Montero esboza a figura desta muller senlleira, sensible e loitadora:

    “...Poeta con varios poetas dentro, escritora de expresión rica en rexistros, musa polifacética, espírito torturado, voz reveladora en tantas ocasións...” (fragmento da semblanza publicada na páxina web da Fundación Rosalía de Castro e no libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, de FAKTORÍA K).

    TAL COMO AS NUBES

    Tal com’as nubes

    Qu’impele o vento,

    Y agora asombran, y agora alegran

    Os espaços inmensos d’o ceo,

    Así as ideas

    Loucas qu’eu teño,

    As imaxes de múltiples formas,

    D’estranas feituras, de cores incertos,

    Agora asombran,

    Agora acraran

    O fondo sin fondo d’o meu pensamento.

    (Rosalía de Castro, “Follas Novas”)

    Poema incluido...

    Lee mas »
  6. EN ALICANTE (II)

    La Feria del Libro de Alicante, en la que no faltó la caseta de KALANDRAKA, llegó también a su fin en días pasados. Una Feria, como también la de Vigo, marcada por la coincidencia con el Mundial de Fútbol. Aún así, los lectores fueron fieles a su cita con la literatura y con el arte de la ilustración. El narrador Pablo Albo y el ilustrador Pablo Auladell, autores de “Diógenes”, uno de los títulos recientes de la colección SieteLeguas, firmaron ejemplares de la obra. Audaces ellos, su cita con el público era una hora antes de jugarse la gran Final. Tras las dedicatorias, se fueron a ver el partido y a celebrar la victoria...

    ...

    Lee mas »
  7. 'TIC-TAC' CON PABLO & MARC

    Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.

    ...

    Lee mas »
  8. CORMAC McCARTHY, EN GALEGO

    A colección de narrativa de FAKTORÍA K, selo editorial de KALANDRAKA, vén de incorporar este mes como principal novidade a novela titulada “A estrada”, do escritor norteamericano Cormac McCarthy. É a primeira vez que un libro deste destacado autor se publica en galego; Eva Almazán é a tradutora desta obra, galardoada co Premio Pulitzer de Ficción en 2007, co Premio James Tait Black Memorial en 2006 e finalista, nese mesmo ano, do Premio National Book Critics Circle.

    “A estrada”, publicada por McCarthy en 2006, está considerada como unha das mellores novelas da literatura norteamericana contemporánea. Trátase dunha crónica conmovedora e impactante sobre o mundo posterior a unha catástrofe nuclear, reflectindo o mellor, e tamén o peor, da condición humana. Foi levada ao cine en 2009 polo director John Hillcoat; outros títulos deste escritor foron adaptados á gran pantalla, como “Non é terra para vellos” e “Todos os cabalos lindos”.

    FAKTORÍA K seguirá enriquecendo o seu catálogo de narrativa...

    Lee mas »
  9. FEIRA DO LIBRO DE VIGO: 'TIC-TAC'

    Reseña de "TIC-TAC".

    Lee mas »
  10. FEIRA DO LIBRO DE VIGO

    ...vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.

    ...

    Lee mas »