Primeira xornada da Feira do Libro da Coruña. Claudia chega co seu exemplar de “O Rei Oso Branco”, ben atesourado entre os brazos. Tim Bowley e Óscar Villán, autor e ilustrador deste libro de relatos, recíbena cunha sensación entre expectante e abraiada, con curiosidade e entusiasmo. Preguntámonos que estrana e marabillosa maxia leva os lectores a quedar prendados dun libro, a ensimismarse na súa lectura e, máis aínda, a procurar o contacto cos seus creadores.

---------------------------------

Primera jornada de la Feria del Libro de A Coruña. Claudia llega con su ejemplar de “El Rey Oso Blanco”, bien sujeto entre los brazos. Tim Bowley y Óscar Villán, autor e ilustrador de este libro de relatos, la reciben con una sensación entre expectante y sorprendida, con curiosidad y entusiasmo. Nos seguimos preguntando qué extrana y maravillosa magia lleva a los lectores a quedar prendados de un libro, a ensimismarse en su lectura y, más aún, a procurar el contacto con sus creadores.

Tim investiga, viaxa, comparte e busca contos por todo o mundo que logo converte en fascinantes sesións de narración oral. Óscar, lapis e pincel en ristre, capta imaxes ás que lles dá forma e color sobre o papel, para converter o libro nun pequeno museo de arte. Mans escritoras e mans artistas, unidas por KALANDRAKA para guiarnos pola senda da fantasía.

“O Rei Oso Branco” é a suma de Tim Bowley e Óscar Villán, que por separado tamén son artífices de “Amelia quere un can” e “Xaime e as landras” no caso do contacontos británico, e de “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “A cebra Camila”, “Un becho estraño”, ou a colección “Do berce á lúa”, entre outros, no caso do ilustrador galego.

Títulos que se poden atopar na caseta nº 14 de KALANDRAKA, ata o 10 de agosto na Feira do Libro da Coruña.

-----------------------------

Tim investiga, viaja, comparte y busca cuentos por todo el mundo que luego convierte en fascinantes sesiones de narración oral. Óscar, lápiz y pincel en ristre, capta imágenes a las que da forma y color sobre el papel, para convertir el libro en un pequeño museo de arte. Manos escritoras y manos artistas, unidas por KALANDRAKA para llevarnos por la senda de la fantasía.

“El Rey Oso Blanco” es la suma de Tim Bowley y Óscar Villán, que por separado también son artífices de “Amelia quiere un perro” y “Jaime y las bellotas” en el caso del cuentacuentos británico, y de “El pequeño conejo blanco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “La cebra Camila”, “Un bicho extraño”o la colección “De la cuna a la luna”, entre otros, en el caso del ilustrador gallego.

Títulos que se pueden encontrar en la caseta nº 14 de KALANDRAKA, hasta el 10 de agosto en la Feria del Libro de A Coruña.