Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.

 

ACTIVIDADES de KALANDRAKA e FAKTORÍA K programadas durante a Feira do Libro da Coruña:

1 de agosto, 20:00 horas: o narrador Tim Bowley e o ilustrador Óscar Villán asinarán exemplares do seu libro “O Rei Oso Branco

4 de agosto, 20:00 horas: o músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger adicarán exemplares do libro-disco “Tic-Tac”

5 de agosto, 19:00 horas: o escritor Manuel Rivas asinará exemplares de “Milu

6 de agosto, 19:00 horas: o profesor Xulio Gutiérrez e o ilustrador Nicolás Fernández presentan o libro “Construtores” e a colección ‘Animais Extraordinarios’ de FAKTORÍA K

7 de agosto, 19:00 horas: o dúo de humoristas gráficos Pinto&Chinto -Carlos López e David Pintor- presentan o seu libro de relatos ilustrados titulado “Contos para nenos que dormen deseguida

9 de agosto, 19:00 horas: o autor Toño Núñez asinará exemplares do álbum infantil “Mago Goma