...vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.

Tamén lle queremos agradecer ao escritor Fran Alonso e ao fotógrafo Manuel G. Vicente, autores de “A araña e mais eu”, a súa presencia na xornada festiva do domingo. A próxima cita cos lectores terana este venres día 9 o músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger, que asinarán exemplares de “Tic-Tac”.

As ilustracións deste libro-disco decoran a caseta de LIBROS PARA SOÑAR, que ata o día 11 de xullo ofrece unha ampla oferta de material para pre-lectores e de álbums ilustrados para todas as idades, sen faltar tampouco unha escolma de libros de arte e de narrativa para lectores autónomos.