Comeza a 39º Feira do Libro da Coruña, na que KALANDRAKA vai ocupar ata o vindeiro 10 de agosto a caseta número 14. Entre as máis de 60 actividades que conforman a programación, KALANDRAKA promoverá presentacións e sinaturas de libros, cos seus autores e ilustradores. Velaquí as nosas citas:

-Domingo 1 de agosto, 20 h. O narrador británico afincado na Coruña TIM BOWLEY e o ilustrador galego ÓSCAR VILLÁN asinarán exemplares do libro de relatos titulado “O REI OSO BRANCO”. Na caseta de información.

-Mércores 4 de agosto, 20:00 h. O músico coruñés PABLO DÍAZ e o ilustrador suizo afincado en Galicia MARC TAEGER asinarán exemplares do libro-disco “TIC-TAC”, que se poderá escoitar a través da megafonía da Feira. Na caseta de información.

-Xoves 5 de agosto, 19:00 h. O escritor coruñés MANUEL RIVAS asinará exemplares de “Milu”, un libro solidario editado en favor da FUNDACIÓN MENIÑOS de axuda á infancia para colaborar en programas de protección social. Na caseta de información.

-Venres 6 de agosto, 19:00 h. O profesor galego XULIO GUTIÉRREZ e o ilustrador afincado na Coruña NICOLÁS FERNÁNDEZ participarán na presentación do libro “CONSTRUTORES” e da colección de ciencias “ANIMAIS EXTRAORDINARIOS”, editada no selo FAKTORÍA K. Na carpa da Feira.

-Sábado 7 de agosto, 19:00 h. Os humoristas gráficos coruñeses PINTO&CHINTO (DAVID PINTOR e CARLOS LÓPEZ) presentarán o seu libro de relatos “CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA”, coa participación do escritor XABIER P. DOCAMPO. Na carpa da Feira.

-Luns 9 de agosto, 19:00 h. O profesor e escritor lucense TOÑO NÚÑEZ asinará exemplares do seu libro infantil “MAGO GOMA”. Na caseta de información.

Agardámosvos na caseta nº 14 da Feira do Libro da Coruña, onde atoparedes unha ampla oferta de álbums ilustrados para público infantil, libros de cartón para pre-lectores, banda deseñada, novelas, libros de poesía e obras moi especiais dende o punto de vista do deseño e da edición.