Página 70 - General

  1. TIC-TAC EN CULTURGAL

    O músico Pablo Díaz e a banda de "Tic-Tac" actuaron na xornada de clausura da Feira das Industrias Culturais Culturgal que se celebrou en Pontevedra. O público, entregado e entusiasmado: cativos e adultos bailaban diante do escenario e seguían as pautas de Pablo e Olga, marcando o ritmo coas mans, cos pés, co corpo enteiro...

    "Tic tac, tic tac, o reloxo vai soar.

    Tic tac, tic tac, témonos que levantar".

    ...

    Lee mas »
  2. PRE-LANZAMENTO DE 'NA PUNTA DO PÉ'

    http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8 

    A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.

    DESCARGA AS RESEÑAS: "Na punta do pé" - “Pezinhos de lã

    Lee mas »
  3. ESTE FIN DE SEMANA ESTAMOS EN CULTURGAL

    Lee mas »
  4. 'MILU', NA BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

    A Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra acollerá este venres día 26, a partir das 18:00 horas, unha sesión de contos para público infantil, organizada pola Fundación Meniños e impartida por Migallas Teatro. A actividade, que se enmarca nos actos con motivo do recente Día da Infancia, está enfocada a concienciar sobre o dereito dos nenos a vivir en familia. “Milu”, un texto do escritor Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco, será o eixe central da sesión.

    ...

    Lee mas »
  5. DÍA DA INFANCIA: 'HÁBLAME' | Día da infancia: 'Fálame'

    ...En cinco lenguas: castellano, gallego, catalán, euskera e italiano. Es la obra de Marco Berrettoni Carrara y Chiara Carrer que se acaba de incorporar al catálogo de KALANDRAKA en vísperas del Día de la Infancia, 20 de noviembre. Se titula “Háblame” y hace una aproximación poética y cercana al fenómeno del autismo. El narrador o narradora cuenta en primera persona cómo es su hermana: evoca su presencia enigmática, describe su cambiante estado de ánimo, expresa sus emociones y sentimientos hacia ella, el tipo de relación que la une al conjunto de la familia... La comunicación y la comprensión mutua no son tarea fácil, pero nada es comparable a la singularidad de Sara.

    ----------------------------------------------

    ...En cinco linguas: galego, castelán, catalán, euskera e italiano. É a obra de Marco Berrettoni Carrara e Chiara Carrer que se acaba de incorporar ao catálogo de KALANDRAKA en vésperas do Día da Infancia, 20 de novembro. Titúlase “Fálame” e fai unha aproximación poética e cercana ao fenómeno do autismo. O narrador ou narradora conta en primeira persoa como é a súa irmá: evoca a súa presenza enigmática, describe o seu cambiante estado de ánimo, expresa as súas emocións e sentimentos hacia ela, o tipo de relación que a une ao conxunto da familia... A comunicación e a comprensión mutua non son tarefa doada, pero nada é comparable á singularidade de Sara.

    DESCARGAR RESEÑAS:

    "Háblame" - "Fálame" - "Sara, nor zara?" - "Parla'm" - "È non è"

    ...

    Lee mas »
  6. ACTIVIDADES DE KALANDRAKA EN CULTURGAL

    Do 26 ao 28 de novembro celébrase no Recinto Feiral de Pontevedra a Feira das Industrias Culturais Culturgal. No programa de actividades -que abarca aos distintos gremios, dende a edición de libros, ata as artes escénicas, pasando pola creación audiovisual, a música, o deseño ou as novas tecnoloxías- KALANDRAKA vai ter unha dobre presenza: como expositor, cun stand propio de mostra e venda de libros, e tamén como promotor de presentacións das obras de autores e ilustradores que se incorporaron recentemente ao catálogo.

    KALANDRAKA ocupará o stand C3, no que se poderá atopar un amplo abano de títulos, tanto para lectores infantís e xuvenís, como para lectores adultos. Destacarán as obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados e un anticipo das novidades previstas para o Nadal: o libro-cd-dvd “Na punta do pé” de música galega e portuguesa do grupo Pesdelán e o caderno de viaxe “Compostela” de David Pintor, entre outros.

    Entre os actos, propiamente ditos, figuran a presentación de “Contos para nenos que dormen deseguida”, de Pinto&Chinto, editado por KALANDRAKA, o sábado 27 de novembro ás 19:30 horas no Salón do Culturgal, coa presenza do autor e mais do ilustrador, Carlos López e David Pintor. Ao día seguinte, domingo 28, a partir das 17:00 horas no Salón do Culturgal, presentarase a  colección “Animais Extraordinarios”, do selo FAKTORÍA K, coa participación do autor, Xulio Gutiérrez, do ilustrador, Nicolás Fernández, e do co-director da colección, Chema Heras. Esa mesma tarde, dende as 16:30 horas, o grupo Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile para todo tipo de público, a partir do material contido no libro-CD-DVD titulado "Na punta do pé". E haberá máis ritmo no concerto "Tic-Tac", co músico Pablo Díaz e a súa banda, ese mesmo domingo ás 12:00 do mediodía, no Auditorio.

    ...

    Lee mas »
  7. INNOCENTI EN BARCELONA

     

    Que Roberto Innocenti es uno de los grandes ilustradores contemporáneos es una afirmación compartida por todos los especialistas en album ilustrado, en arte y en literatura infantil y juvenil. Tras su reciente paso por Alicante, el artista italiano visitó la Biblioteca Xavier Berenguel de Barcelona, donde más de 130 personas tuvieron la oportunidad de conocer más sobre su trayectoria profesional y su obra completa.

    --------------------------------------------

    Que Roberto Innocenti sigui un dels més grans il•lustradors contemporanis és una afirmació per tots compartida. Tant pels especialistes en àlbum il•lustrat, en art com en literatura infantil. Després de la seva recent estada a Alacant, l’artista italià va visitar la Biblioteca Xavier Berenguel de Barcelona, a on més de 130 persones van tenir l’oportunitat de conèixer més de la seva trajectòria professional i de de la seva obra completa.

    ...

    Lee mas »
  8. III SALÓN DE ÁLBUM ILUSTRADO EN ALICANTE

    El ilustrador de “La casa”, “Las aventuras de Pinocho” y “La historia de Erika”, Roberto Innocenti, ha sido el protagonista del III Salón del Álbum Ilustrado Ciudad de Alicante, que se celebró estos días. Su visita nos ha dejado la gran noticia de que está trabajando en un nuevo libro que verá la luz en 2012. Suya fue la conferencia inaugural de las jornadas técnicas, con un título muy sugerente “Contar a través de las imágenes fijas: mi cinema personal, sin cámara ni banda sonora”...

    ...

    Lee mas »
  9. 'OLI', EN SEVILLA

    XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ (Cangas, Pontevedra, 1960) es profesor de Educación Infantil, escritor y especialista en literatura infantil. Pertenece al consejo editorial del sello FAKTORÍA K y codirige la colección SieteLeguas de KALANDRAKA. Entre otros títulos, es autor de los libros titulados “Once damas atrevidas” y “El Pirata Pata de Lata”, editados por KALANDRAKA. Ha colaborado con otras editoriales gallegas como Xerais e Ir Indo.

    En LIBRERÍA RAYUELA de SEVILLA. Sábado 13 de noviembre. 12:00 horas.

    -------------------------

    XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ (Cangas, 1960) é mestre de Educación Infantil, escritor e especialista en literatura infantil. Pertence ao consello editorial do selo FAKTORÍA K e codirixe a colección SeteLeguas de KALANDRAKA. Entre outros títulos, é autor dos libros titulados “Once damas atrevidas” e “O pirata Pata de Lata”, editados por KALANDRAKA. Colaborou con outras editoriais como Xerais e Ir Indo.

    Lee mas »
  10. PRESENTACIÓN DE 'REDELIBROS' EN VIGO

    KALANDRAKA colabora con Redelibros.com, unha plataforma cultural centrada no mundo do libro que a escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores. Trátase dunha rede social galega de literatura, un espazo común onde compartir experiencias, inquietudes, lecturas e intereses; un espazo en Internet que agrupa blogs persoais e profesionais, grupos de opinión, páxinas web de librarías, editoriais e autores, axenda de eventos ou álbums personais. Os usuarios de RedeLibros atoparán lectores que comparten os seus gustos, poderán buscar información sobre outras lecturas ou comentar as obras lidas, facer recomendacións, crear bibliotecas virtuais ou sinxelamente estar ao día de canto acontece no mundo do libro, xa sexan lanzamentos editoriais, charlas de escritores, premios ou convocatorias literarias.

    Redelibros.com está formada tamén, ademais da rede social, por unha plataforma de difusión do libro, tanto electrónico como en papel. Como tal, a plataforma agrupa a...

    Lee mas »