Página 18 - Faktoría K
-
Publicado: Agosto 03, 2011
Nas librarías galegas atópase xa “1984”, unha emblemática novela de George Orwell, xunto con “A granxa dos animais”; ámbalas dúas editadas na colección de narrativa do selo FAKTORÍA K. A obra, traducida por Fernando Moreiras, e cun deseño de portada de Marc Taeger, xa está colleitando os eloxios da crítica.
“...Festexo esta tradución, de impecable factura e da que subliño as posibilidades que se lle poden tirar ao texto final titulado “Os principios da novafala”, porque permite, e permitirá, achegarse con garantías a unha auténtica alfaia da literatura universal, da que case todo xa se ten dito, comezando por adscribila a iso que se ten chamado “distopía” por oposición a “utopía”, é dicir, a descrición dunha sociedade totalitaria, ofegante e sometida ao control dun goberno ditatorial”. Ramón Nicolás, no blog “Caderno da crítica”.
Escrita en 1949, “1984” está considerada como unha das mellores novelas do século XX, e representa unha demoledora crítica contra toda forma de ditadura. Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.
...
-
Publicado: Julio 29, 2011
Dos nuevos álbumes ilustrados se incorporan este verano de ocio y helados al catálogo infantil de FAKTORÍA K: "Arturo", de Xosé Manuel González 'Oli' y Marc Taeger, y "El señor Don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal y Flavio Morais. Ambos de cartón duro, destinados a las manos, los ojos y los corazones tanto de prelectores como de primeros lectores. Ambos con una propuesta estética vanguardista que atrape su atención. Ambos, traducidos a varias lenguas. "Arturo" se asoma a un mundo nuevo que al principio le asusta y luego le acoge con ternura. "El señor Don Nicanor" es un texto rimado que ensalza el valor del libro y la lectura como vehículo para el entretenimiento y el desarrollo de la imaginación.
----------------------------
Dous novos álbums ilustrados incorpóranse este verán de ocio e xeados ao catálogo infantil de FAKTORÍA K: "Artur", de Xosé Manuel González 'Oli' e Marc Taeger, e "O señor Don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal e Flavio Morais. Ámbolos dous de cartón...
-
Publicado: Julio 08, 2011
A Feira do Libro de Vigo acolleu esta semana un faladoiro sobre un dos libros máis vendidos, lidos e comentados dos últimos tempos: “Indignádevos!” (Faktoría K), de Stéphane Hessel, prologado por Manuel Rivas e traducido por Fernando Moreiras. O xermano-francés Stéphane Hessel, con 94 anos de peripecia vital ás súas costas, axitou a sociedade enteira cun breve manifesto, contundente e reivindicativo, no que fai un chamamento, especialmente dirixido á mocidade, para que se sacuda esa cotra de indiferenza que a asfixia, para que lle saque lustre as súas neuronas durmidas e actúe con rebeldía e imaxinación contra a realidade social, política e económica que nos atenaza....
-
Publicado: Julio 05, 2011
Baixo este epígrafe, o critico literario Ramón Nicolás ven de publicar no suplemento “Culturas” do diario La voz de Galicía do pasado 2 de xullo unha interesante recensión sobre a novela do irlandés Jonh Boyne “Noah Barleywater escapa da casa”, recentemente publicada por Faktoría K de Libros con tradución de Carlos Acevedo.
O artigo, ao que podedes acceder tamén no blog Caderno da crítica , salienta diferentes aspectos de interese nesta obra na que o autor de “O neno do pixama a raias” ou “Motín na Bounty” nos propón, en palabras do propio Nicolás, unha “fermosa metáfora sobre o paso do tempo”. “Noah Barleywater...” pode ser unha boa compaña para nenos e maiores este verán. Boa lectura.
-
Publicado: Julio 05, 2011
La hora de los relojes viajó a Jerez para participar en la Feria del Libro. Fran Nuño y Enrique Quevedo presentaron su obra en un calido encuentro con público familiar en el marco de esta edición que por primera propone un horario nocturno y más acorde con este tiempo de verano. Disfrutamos mucho leyendo poemas, dibujando relojes y compartiendo experiencias en el recinto de La Pescadería Vieja acompañados de nuestra amiga Julia, propietaria de la librería El árbol de las Palabras. Además, tuvimos la oportunidad de conocer a José Carlos Román, profesor y coordinador de un interesante blog (Soñando Cuentos) sobre literatura infantil. Los niños y niñas participantes, regalaron a Fran y Enrique algunos de sus dibujos que seguro guardarán con mucho cariño. Gracias a todos y a todas los que nos habéis acompañado . Continuad leyendo para ver las imágenes de lo sucedido en esta inolvidable tarde de verano.
...
-
Publicado: Julio 01, 2011
A cuarta edición de “Indignádevos!” (FAKTORÍA K), de Stéphane Hessel, con limiar de Manuel Rivas e tradución de Fernando Moreiras, está a piques de chegar ás librarías. Dende o seu lanzamento, o pasado mes de marzo, a produción deste título acadou xa os 7.000 exemplares e sitúase á cabeza dos libros máis vendidos. A Feira do Libro de Vigo acolle, este luns 4 de xullo, a partir das 19:30 horas, un faladoiro aberto ao público sobre esta obra rompedora, contundente e reivindicativa. Intervirán Manuel Martínez, en representación de ATTAC Galicia, o tradutor da obra, Fernando Moreiras, e o director de FAKTORÍA K, Xosé Ballesteros.
-
Publicado: Junio 29, 2011
-
Publicado: Junio 24, 2011
A cuarta edición de “Indignádevos!” (FAKTORÍA K), de Stéphane Hessel, con tradución de Fernando Moreiras, chegará ás librarías en próximas datas. Dende o seu lanzamento, o pasado mes de marzo, a produción deste título acadou os 7.000 exemplares. “Indignádevos!” ocupa actualmente a lista dos libros en galego máis vendidos, segundo as principais librarías. A continuación, algunhas valoracións da obra, por parte da crítica especializada:
Xesús González Gómez (en http://www.anosaterra.org): “Indignádevos!", de Stéphane Hessel (Faktoría K), é un libro que non deixa indiferente e que logrou poñer na boca da xente termos como activismo, militancia e compromiso”.
Ramón Nicolás (en Caderno da Crítica): “...Un libro que non teño reparo en cualificar como histórico, por vir da man dunha persoa que posúe unha biografía exemplar e exemplarizante, chea de luces e sen posíbeis sombras, por retratar criticamente un tempo como o actual e porque se erixe, por dereito propio, nunha das propostas...
-
Publicado: Junio 20, 2011
Ilustración y Arte van de la mano. Quedó evidenciado en la exposición “Sueños Ilustrados” que se celebró en el Espacio EMAO de la Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo. Las piezas cerámicas del artesano Francisco Pérez Porto elaboradas para el libro-disco “Solaina” -que participaron en esa muestra- se exponen ahora, hasta el 10 de julio, en el Edificio Arquivo de Betanzos. “No ronsel das cores” es el título de esta retrospectiva, organizada por la Asociación Cultural Eira Vella. Y hasta el 30 de junio se puede visitar aún la exposición “Los hilos invisibles” de la artista plástica Silvina Socolovsky, en el Centro Comarcal Humanidades de la Sierra Norte, en Madrid. Consta de pinturas al óleo sobre lienzo, papel y madera, una instalación de participación colectiva llamada “Tejiendo memorias”, y los originales en óleo que ilustraron “Ciudad Laberinto”, el poemario de Pedro Mañas galardonado con el II Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños. Ilustración y Arte al servicio de la Literatura, formando un binomio que llega a los lectores en formato libro, y que no solo propicia su acercamiento a la lectura, sino también a la expresión plástica y estética de los versos. El Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños ha deparado ya un buen número de títulos con esa premisa: “El secreto del oso hormiguero”, “Ciudad Laberinto” y “Los versos del libro tonto” son los ganadores de las tres primeras ediciones, a los que se suman “Tras, tras, cucutrás” y “La hora de los relojes”, que surgieron del propio certamen. En conjunto forman una colección sólida y singular en el catálogo de FAKTORÍA K.
-----------------------------------
Ilustración e Arte van da man. Quedou evidenciado na exposición “Soños Ilustrados” que se celebrou no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. As pezas cerámicas do artesán Francisco Pérez Porto elaboradas para o libro-disco “Solaina” -que participaron nesa mostra- expóñense agora, ata o 10 de xullo, no Edificio Arquivo de Betanzos. “No ronsel das cores” é o título desta retrospectiva, organizada pola Asociación Cultural Eira Vella. E ata o 30 de xuño pódese visitar aínda a exposición “Os fíos invisibles” da artista plástica Silvina Socolovsky, no Centro Comarcal Humanidades da Serra Norte, en Madrid. Consta de pinturas ao óleo sobre lenzo, papel e madeira, unha instalación de participación colectiva chamada “Tecendo memorias”, e os orixinais en óleo que ilustraron “Ciudad Laberinto”, o poemario de Pedro Mañas galardoado co II Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos. Ilustración e Arte ao servizo da Literatura, formando un binomio que chega aos lectores en formato libro, e que non só propicia o seu achegamento á lectura, senón tamén á expresión plástica e estética dos versos. O Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos deparou xa un bo número de títulos con esa premisa: “El secreto del oso hormiguero”, “Ciudad Laberinto” e “Los versos del libro tonto” son os gañadores das tres primeiras edicións, aos que se suman “Tras, tras, cucutrás” e “La hora de los relojes”, que xurdiron do propio certame. En conxunto forman unha colección sólida e senlleira no catálogo de FAKTORÍA K.
...
-
Publicado: Junio 15, 2011
A libraría Papa-Livros, en Porto, acolle ata finais deste mes de xuño a exposición das ilustracións orixinais do artista plástico João Vaz de Carvalho para o libro-cd-dvd “Na punta do pé”, interpretado polo grupo Pesdelán. Imaxes expresivas, simpáticas e chamativas, que animan a cantar e a bailar nas páxinas deste traballo editorial e musical que reúne unha mostra representativa do folclore tradicional galego, portugués e mirandés.
...