A cuarta edición de “Indignádevos!” (FAKTORÍA K), de Stéphane Hessel, con limiar de Manuel Rivas e tradución de Fernando Moreiras, está a piques de chegar ás librarías. Dende o seu lanzamento, o pasado mes de marzo, a produción deste título acadou xa os 7.000 exemplares e sitúase á cabeza dos libros máis vendidos. A Feira do Libro de Vigo acolle, este luns 4 de xullo, a partir das 19:30 horas, un faladoiro aberto ao público sobre esta obra rompedora, contundente e reivindicativa. Intervirán Manuel Martínez, en representación de ATTAC Galicia, o tradutor da obra, Fernando Moreiras, e o director de FAKTORÍA K, Xosé Ballesteros.