Baixo este epígrafe, o critico literario Ramón Nicolás ven de publicar no suplemento “Culturas” do diario La voz de Galicía do pasado 2 de xullo unha interesante recensión sobre a novela do irlandés Jonh BoyneNoah Barleywater escapa da casa”, recentemente publicada por Faktoría K de Libros con tradución de Carlos Acevedo.

O artigo, ao que podedes acceder tamén no blog Caderno da crítica , salienta diferentes aspectos de interese nesta obra na que o autor de “O neno do pixama a raias” ou “Motín na Bounty” nos propón, en palabras do propio Nicolás, unha “fermosa metáfora sobre o paso do tempo”. “Noah Barleywater...” pode ser unha boa compaña para nenos e maiores este verán. Boa lectura.