A libraría Papa-Livros, en Porto, acolle ata finais deste mes de xuño a exposición das ilustracións orixinais do artista plástico João Vaz de Carvalho para o libro-cd-dvd “Na punta do pé”, interpretado polo grupo Pesdelán. Imaxes expresivas, simpáticas e chamativas, que animan a cantar e a bailar nas páxinas deste traballo editorial e musical que reúne unha mostra representativa do folclore tradicional galego, portugués e mirandés.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS DE PÉSDELÁN INTERPRETANDO “NA PUNTA DO PÉ” / “PEZINHOS DE LÔ:

-19 de xuño, 20:30 h. no Parque Ramón Barba do Temple, en Cambre (A Coruña) dentro das festa.

-22 de xuño, 09:30 h. no Colexio Santa Comba

-1, 2 e 3 de agosto, no Festival Andanças en San Pedro do Sul (Portugal)

-10 de agosto, 22:30 h. en A Cañiza (Pontevedra)

-20 de agosto, en Portosín (A Coruña)

-27 de agosto, 22:00 h. en Neda (A Coruña)

-9 de setembro, en Rois (A Coruña)

-1 de outubro, no Centro Cultural A Ramallosa de Teo (A Coruña)

E tamén en Porto, vén de finalizar a Feira do Libro. A caseta de KALANDRAKA PORTUGAL contou coa ilustradora Joana Rêgo, que asinou exemplares da obra "Florbela Espanca: antologia poética", editada no selo Faktoría K de Livros. A súa interpretación dos versos transporta os lectores ata un mundo abstracto, simbólico e vangardista, cos sentimentos rebordando cada páxina, en perfecta harmonía cos poemas atormentados, desgarradores e viscerais da autora.