Página 4 - Libros para Soñar-Vigo
-
Publicado: Octubre 14, 2010
LIBROS PARA SOÑAR organiza mañá venres, a partir das 18:30 horas, a primeira sesión infantil de contacontos da nova tempada, co lema Contos do mundo. Trala paréntese estival, a libraría especializada do Casco Vello retoma as actividades de animación á lectura que, nesta ocasión, estarán protagonizadas por libros de procedencia asiática, latinoamericana e doutras latitudes exóticas. Entre os títulos que formarán parte do repertorio destacan “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, de Tim Bowley e Óscar Villán, e “O nacemento do dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis, editados en KALANDRAKA e FAKTORÍA K, respectivamente.
...
-
Publicado: Julio 13, 2010
Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.
...
-
Publicado: Julio 08, 2010
-
Publicado: Julio 05, 2010
...vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.
...
-
Publicado: Junio 30, 2010
A 36ª Feira do Libro de Vigo comeza este venres 2 de xullo na Praza de Compostela. As casetas van estar abertas ao público ata o domingo día 11, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. O escritor Xosé Cid Cabido, autor -entre outros títulos- de “Oralmente pola boca”, editado en castelán por FAKTORÍA K, vai ler o pregón inaugural a partir das 19:30 horas. Ao longo dos próximos días, a caseta da libraría LIBROS PARA SOÑAR vai ofrecer unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, mais tamén unha escolma de títulos dirixidos a lectores adultos. Entre as actividades que ofrece a Feira, destaca a presenza de autores e ilustradores que publicaron algunha obra en KALANDRAKA:
-O sábado 3, ás 20:00 horas, o ilustrador Óscar Villán asinará exemplares do seu traballo máis recente, “O Rei Oso Branco”, mais tamén doutros álbums emblemáticos, como “O coelliño branco”, polo que recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración en 1999; “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K;...
-
Publicado: Mayo 06, 2010
A libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo tamén é partícipe da homenaxe a Leo Lionni, con motivo do centenario do seu nacemento. A sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas, centrarase na obra do autor e ilustrador de, entre outros títulos, “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “A casa máis grande do mundo” e “Nadarín”. Precisamente, sobre este último, haberá un taller de plástica para crear un gran mural colectivo coa figura de Nadarín. Para elo, utilizaranse as siluetas de Nadarín que figuran nos marcapáxinas deseñados especialmente por KALANDRAKA.
----------------------------
La librería LIBROS PARA SOÑAR de Vigo también es partícipe del homenaje a Leo Lionni, con motivo del centenario de su nacimiento. La sesión de cuentacuentos de mañana viernes, a partir de las 18:30 horas, se centrará en la obra del autor e ilustrador de, entre otros títulos, “Pequeño Azul y Pequeño Amarillo”, “Frederick”, “La casa más grande del mundo” y “Nadarín”. Precisamente...
-
Publicado: Abril 27, 2010
LIBROS PARA SOÑAR cumpriu o 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celebrouno invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas. Entre os invitados estiveron o autor Xosé Ballesteros, os autores de “Garavanciño”, Olalla González e Marc Taeger, que ilustrou un mural a partir deste conto tradicional, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo.
-----------------------------------------
LIBROS PARA SOÑAR cumplió el 23 de abril, Día del Libro, su décimo aniversario, y lo celebró invitando a niños y niñas, madres y padres, y público en general, a una sesión especial de cuentos, música y dulces. Entre los invitados estuvieron el autor Xosé Ballesteros, los autores de “Garbancito”, Olalla González y Marc Taeger, que ilustró un mural a partir de este cuento tradicional, la profesora y narradora Iria Mantilla, y el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo.
A tamén...
-
Publicado: Abril 22, 2010
LIBROS PARA SOÑAR cumpre mañá, 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celébrao invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas, a partir das 18:30 horas. Entre os invitados estarán os autores Xosé Ballesteros e Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, que fará un mural colectivo cos debuxos dos asistentes, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo. Como é tradicional nesta data, os libros terán un 10% de desconto no seu prezo. Ademais, os visitantes poderán participar nestes días no sorteo dun lote de álbums ilustrados.
A tamén viguesa libraría Mañán -que acaba de pechar definitivamente as súas portas- e LIBROS PARA SOÑAR foron as primeiras librarías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantís e xuvenís. De LIBROS PARA SOÑAR tamén destaca a súa iniciativa pioneira de desenvolver para a cidadanía de Vigo unha programación cultural, gratuita...
-
Publicado: Abril 12, 2010
LIBROS PARA SOÑAR acolle este mércores día 14, a partir das 17:30 horas, unha sesión de contos para bebés ata tres anos de idade. No mes do seu décimo aniversario, a libraría infantil do Casco Vello vigués segue programando actividades de animación á lectura. Na sesión de contos do pasado venres, o repertorio deparou obras como “O traxe novo do rei”, "O anano saltareiro" e "O zapateiro e os trasnos" na voz de Lucas, Carmela e Sandra. Consulta o PROGRAMA DE ACTIVIDADES e acode á festa de cumpreanos de LIBROS PARA SOÑAR este próximo 23 de abril, Día do Libro.
-
Publicado: Abril 09, 2010
LIBROS PARA SOÑAR abriu as súas portas no ano 2000 na rúa Triunfo do Casco Vello e o próximo 23 de abril, Día do Libro, celebra o seu décimo aniversario: dez anos ofrecendo unha variada e completa oferta especializada aos lectores, cos títulos máis relevantes no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Ademais de facer un servizo personalizado, a cualidade que máis define a LIBROS PARA SOÑAR ao longo destes anos é a súa programación continua de actividades de animación á lectura. Todos os venres, de xeito gratuito, celébranse sesións de contos e música para nenos e nenas.
...