LIBROS PARA SOÑAR cumpriu o 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celebrouno invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas. Entre os invitados estiveron o autor Xosé Ballesteros, os autores de “Garavanciño”, Olalla González e Marc Taeger, que ilustrou un mural a partir deste conto tradicional, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo.

-----------------------------------------

LIBROS PARA SOÑAR cumplió el 23 de abril, Día del Libro, su décimo aniversario, y lo celebró invitando a niños y niñas, madres y padres, y público en general, a una sesión especial de cuentos, música y dulces. Entre los invitados estuvieron el autor Xosé Ballesteros, los autores de “Garbancito”, Olalla González y Marc Taeger, que ilustró un mural a partir de este cuento tradicional, la profesora y narradora Iria Mantilla, y el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo.

A tamén viguesa libraría Mañán -que recentemente pechou as súas portas de xeito definitivo- e LIBROS PARA SOÑAR foron as primeiras librarías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantís e xuvenís. De LIBROS PARA SOÑAR tamén destaca a súa iniciativa pioneira de desenvolver para a cidadanía de Vigo unha programación cultural, gratuita e continuada, dirixida non só aos máis cativos, mediante sesións de contos, obradoiros e encontros con autores e ilustradores, senón tamén a docentes, bibliotecarios e mediadores de lectura, coa organización de charlas ou cursos de formación sobre narración oral, confección de monicreques ou teatro.

Nesa liña de traballo, marcada pola maneira especial que KALANDRAKA ten de entender a Literatura Infantil e Xuvenil, LIBROS PARA SOÑAR introduciu como novidade na súa oferta de servizo público as sesións de contos para bebés de cero a tres anos, que se celebran quincenalmente, con moito éxito de participación. Na súa sala de actos tamén se poden contemplar exposicións das ilustracións coas que están feitos os libros. E nas súas estanterías atópase a mellor escolma de libros para nenos e nenas de todas as idades, nun ambiente cómodo e acolledor.

Nesta década, LIBROS PARA SOÑAR acometeu un proceso de reforma e modernización das súas instalacións para adaptarse ás novas necesidades do momento, para renovar a súa imaxe no conxunto do Casco Vello vigués e para atender en mellores condicións aos lectores. As portas do número 1 da rúa Triunfo seguirán abríndose á imaxinación, á fantasía e aos soños.

-----------------------------------

La también viguesa librería Mañán -que recientemente cerró sus puertas de forma definitiva- y LIBROS PARA SOÑAR fueron las primeras librerías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantiles y juveniles. De LIBROS PARA SOÑAR destaca su iniciativa pionera de desarrollar para la ciudadanía de Vigo una programación cultural, gratuita y continuada, dirigida no solo a los más pequeños, mediante sesiones de cuentos, talleres y encontros con autores e ilustradores, sino también a docentes, bibliotecarios y mediadores de lectura, con la organización de charlas o cursos de formación sobre narración oral, confección de marionetas o teatro.

En esa línea de trabajo, marcada por la manera especial que KALANDRAKA tiene de entender la Literatura Infantil y Juvenil, LIBROS PARA SOÑAR introdujo como novedad en su oferta de servicio público las sesiones de cuentos para bebés de cero a tres años, que se celebran quincenalmente, con mucho éxito de participación. En su sala de actos también se pueden contemplar exposiciones de las ilustraciones con las que están hechos los libros. Y en sus estanterías se encuentra la mejor selección de libros para niños y niñas de todas las edades, en un ambiente cómodo y acogedor.

En esta década, LIBROS PARA SOÑAR realizó un proceso de reforma y modernización de sus instalaciones para adaptarse a las nuevas necesidades del momento, para renovar su imagen en el conjunto del Casco Vello vigués y atender en mejores condicións a los lectores y usuarios. Gracias por acompañarnos en todo este tiempo. Las puertas del número 1 de la calle Triunfo seguirán abriéndose a la imaginación, la fantasía y los sueños.