Libros para Soñar-Vigo

  1. SESIÓNS DE CONTOS PARA BEBÉS, EN LIBROS PARA SOÑAR (VIGO)

    Sesión de contos para bebés en LPS

    O próximo mércores 4 de novembro, a partir das 17:30 horas, celebrarase a primeira sesión de contos para bebés da nova tempada de actividades na libraría LIBROS PARA SOÑAR, do Casco Vello vigués. Esta actividade gratuita, dirixida a nenos e nenas de cero a tres anos, coas súas nais e pais, repetirase con periodicidade quincenal.

    Lee mas »
  2. ACTIVIDADES EN LIBROS PARA SOÑAR (VIGO)

    Próximas actividades en LPS

    Descargar documento.

    Lee mas »
  3. FELIPE UGALDE EN 'LIBROS PARA SOÑAR' DE VIGO

    Felipe Ugalde e a súa familia, rodeado do equipo de KALANDRAKA e de LIBROS PARA SOÑAR, coa obra premiada

    Un gran soño” e Felipe Ugalde xa son unha parte máis da traxectoria editorial de KALANDRAKA. A estadía en Galicia do autor e ilustrador deste álbum rematou coa presentación da obra en LIBROS PARA SOÑAR. Contos sobre a lúa e as estrelas, contos sobre artistas que, como Frida Kahlo, contribuiron a engrandecer a Historia de México... foron os ingredientes dunha velada aderezada a ritmo de violín.

    -----------------------------------

    Un gran sueño” y Felipe Ugalde ya son una parte más de la trayectoria editorial de KALANDRAKA. La estancia en Galicia del autor e ilustrador de este álbum finalizó con la presentación de la obra en LIBROS PARA SOÑAR. Cuentos sobre la luna y las estrellas, cuentos sobre artistas que, como Frida Kahlo, contribuyeron a engrandecer la Historia de México... fueron los ingredientes de una velada aderezada a ritmo de violín.

    Lee mas »
  4. TIM BOWLEY EN LIBROS PARA SOÑAR

    Curso de narración oral en Libros para Soñar con Tim Bowley

    O británico Tim Bowley, autor de libros como “Amelia quere un can” e “Xaime e as landras”, impartiu un curso de contacontos en LIBROS PARA SOÑAR, no que compartiu a súa experiencia como narrador oral. Que cada un atope o seu propio estilo, que interiorice as historias e as aderece con elementos da súa bagaxe persoal, son algunhas recomendacións de Tim Bowley para quen se inicia na arte da narración oral.

    -----------------------------

    El británico Tim Bowley, autor de libros como “Amelia quiere un perro” y “Jaime y las bellotas”, impartió un curso de cuentacuentos en LIBROS PARA SOÑAR, en el que compartió su experiencia como narrador oral. Que cada uno encuentre su propio estilo, que interiorice las historias y las aderece con elementos de su bagage personal, son algunas recomendaciones de Tim Bowley para quien se inicia en el arte de la narración oral.

    Lee mas »
  5. PRÓXIMO CURSO DE TIM BOWLEY EN 'LIBROS PARA SOÑAR'

    Cartel do curso de Tim Bowley, o próximo mes de outubro en 'Libros para Soñar'

    O narrador Tim Bowley vai impartir un curso de contacontos para adultos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR os días 16 e 17 de outubro. O curso está dirixido a docentes e profesionais relacionados co ensino, animadores de tempo libre, libreiros, bibliotecarios e persoas interesadas na narración oral como estratexia para animar a ler e como medio de expresión dirixido ao público infantil.

    Lee mas »
  6. LIBROS PARA SOÑAR NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO | Libros para Soñar en la Feria del Libro de Vigo

    A nosa compañeira Carmela, na caseta de LIBROS PARA SOÑAR

    A Feira do Libro de Vigo cumpre 35 anos! Fiel á súa cita cos lectores, LIBROS PARA SOÑAR volve estar entre os expositores que ocupan os xardíns da Praza de Compostela. Ata el próximo domingo día 19, Sandra e Carmela agárdanvos na caseta nº 3 coas últimas novidades de KALANDRAKA e FAKTORÍA K.
    -----------------------------------
    La Feria del Libro de Vigo cumple 35 años! Fiel a su cita con los lectores, LIBROS PARA SOÑAR vuelve a estar entre los expositores que ocupan los jardines de la Plaza de Compostela. Hasta el próximo domingo día 19, Sandra y Carmela os esperan en la caseta nº 3 con las últimas novedades de KALANDRAKA y FAKTORÍA K.

    Lee mas »
  7. CURSO DE TIM BOWLEY EN LPS

    Curso de contacontos con Tim Bowley en LIBROS PARA SOÑAR

    O autor de "Xaime e as landras" e "Amelia quere un can", Tim Bowley, vai impartir un curso de contacontos para adultos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR os días 26 e 27 deste mes de xuño.
    ----------------------------------------
    El autor de "Jaime y las bellotas" y "Amelia quiere un perro", Tim Bowley, va a impartir un curso de cuentacuentos para adultos, con el lema Sementes ao vento, que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR los días 26 y 27 de este mes de junio.

    Lee mas »
  8. "OS TRES BANDIDOS", EN TEATRO DE SOMBRAS

    As nosas compañeiras Mari-Sol e Carmela participaron no curso de sombras de Tanxarina

    LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá a partir das 18:30 horas unha representación da obra "Os tres bandidos", un clásico da literatura infantil do autor Tomi Ungerer, adaptada ao teatro de sombras. Será un espectáculo moi vistoso, cunha elaborada e coidada escenografía a base de cartulina e celofán de cores, que reproduce todos os espazos nos que transcorre a historia, como bosques e cidades.

     

    Lee mas »
  9. 23 DE ABRIL EN LIBROS PARA SOÑAR (VIGO)

    Festa de oitavo aniversario de Libros para Soñar, este venres ás 18:30h.

    LIBROS PARA SOÑAR celebra hoxe a partir das 17:30 horas unha nova sesión de contos para bebés de cero a tres anos de idade, acompañados dos seus pais e nais. Nesta ocasión, o repertorio abordará o tema das partes do corpo, con obras como "Quen fala" e "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", editadas por FAKTORÍA K y KALANDRAKA, respectivamente. Tamén se completará con cancións tradicionais infantís.
    ----------------------------------------------------------------------------------------
    LIBROS PARA SOÑAR celebra hoy a partir de las 17:30 horas una nueva sesión de cuentos para bebés de cero a tres años de edad, acompañados de sus padres y madres. En esta ocasión, el repertorio abordará el tema de las partes del cuerpo, con obras como "Quién habla" y "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", editadas por FAKTORÍA K y KALANDRAKA, respectivamente. También se completará con canciones tradicionales infantiles. 

    Lee mas »
  10. A FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO DE VIGO, MAÑÁ EN LPS

    Exposición fotográfica organizada pola FSG de Vigo con motivo do 8 de abril de 2009

    A sesión infantil de animación á lectura que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR, contará con integrantes da Fundación Secretariado Xitano de Vigo como invitados especiais, para dar a coñecer esta cultura e lembrar a conmemoración do Día Internacional dos Xitanos, o pasado 8 de abril.

    Lee mas »