Libros para Soñar-Vigo

  1. LIBROS PARA SOÑAR: VOLVEN OS CONTACONTOS

    LIBROS PARA SOÑAR organiza mañá venres, a partir das 18:30 horas, a primeira sesión infantil de contacontos da nova tempada, co lema Contos do mundo. Trala paréntese estival, a libraría especializada do Casco Vello retoma as actividades de animación á lectura que, nesta ocasión, estarán protagonizadas por libros de procedencia asiática, latinoamericana e doutras latitudes exóticas. Entre os títulos que formarán parte do repertorio destacan “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, de Tim Bowley e Óscar Villán, e “O nacemento do dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis, editados en KALANDRAKA e FAKTORÍA K, respectivamente.

    Lee mas »
  2. 'TIC-TAC' CON PABLO & MARC

    Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.

    Lee mas »
  3. FEIRA DO LIBRO DE VIGO: 'TIC-TAC'

    Reseña de "TIC-TAC".

    Lee mas »
  4. FEIRA DO LIBRO DE VIGO

    ...vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.

    Lee mas »
  5. SINATURAS NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

    A 36ª Feira do Libro de Vigo comeza este venres 2 de xullo na Praza de Compostela. As casetas van estar abertas ao público ata o domingo día 11, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. O escritor Xosé Cid Cabido, autor -entre outros títulos- de “Oralmente pola boca”, editado en castelán por FAKTORÍA K, vai ler o pregón inaugural a partir das 19:30 horas. Ao longo dos próximos días, a caseta da libraría LIBROS PARA SOÑAR vai ofrecer unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, mais tamén unha escolma de títulos dirixidos a lectores adultos. Entre as actividades que ofrece a Feira, destaca a presenza de autores e ilustradores que publicaron algunha obra en KALANDRAKA:

    -O sábado 3, ás 20:00 horas, o ilustrador Óscar Villán asinará exemp

    Lee mas »
  6. RELATOS DE LEO LIONNI EN 'LIBROS PARA SOÑAR'

     

    A libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo tamén é partícipe da homenaxe a Leo Lionni, con motivo do centenario do seu nacemento. A sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas, centrarase na obra do autor e ilustrador de, entre outros títulos, “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “A casa máis grande do mundo” e “Nadarín”. Precisamente, sobre este

    Lee mas »
  7. CELEBRACIÓN 'DÉCIMO ANIVERSARIO' DE LIBROS PARA SOÑAR

    LIBROS PARA SOÑAR cumpriu o 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celebrouno invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas. Entre os invitados estiveron o autor Xosé Ballesteros, os autores de “Garavanciño”, Olalla González e Marc Taeger, que ilustrou un mural a partir deste conto tradicional, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo.

    -----------------------------------------

    LIBROS PARA SOÑAR cumplió el 23 de abril, Día del Libro, su décimo aniversario, y lo celebró invitando a niños y niñas, madres y padres, y público en general, a una sesión especial de cuentos, música y dulces. Entre los invitados estuvieron el autor Xosé Ballesteros, los autores de “Garbancito”, Olalla González y Marc Taeger, que ilustró un mural a partir de este cuento tradicional, la profesora y narradora Iria Mantilla, y el músico Xoan Carlos Vázquez, del c

    Lee mas »
  8. 10º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR, EN VIGO

    LIBROS PARA SOÑAR cumpre mañá, 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celébrao invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas, a partir das 18:30 horas. Entre os invitados estarán os autores Xosé Ballesteros e Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, que fará un mural colectivo cos debuxos dos asistentes, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo. Como é tradicional nesta data, os libros terán un 10% de desconto no seu prezo. Ademais, os visitantes poderán participar nestes días no sorteo dun lote de álbums ilustrados.

    A tamén viguesa libraría Mañán -que acaba de pechar definitivamente as súas portas- e LIBROS PARA SOÑAR foron as primeiras librarías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantís e xuvenís. De LIBROS PARA SOÑAR tam

    Lee mas »
  9. X ANIVERSARIO DE LPS (II)

    LIBROS PARA SOÑAR acolle este mércores día 14, a partir das 17:30 horas, unha sesión de contos para bebés ata tres anos de idade. No mes do seu décimo aniversario, a libraría infantil do Casco Vello vigués segue programando actividades de animación á lectura. Na sesión de contos do pasado venres, o repertorio deparou obras como “O traxe novo do rei”, "O anano saltareiro" e "O zapateiro e os trasnos" na voz de Lucas, Carmela e Sandra. Consulta o PROGRAMA DE ACTIVIDADES e acode á festa de cumpreanos de LIBROS PARA SOÑAR este próximo 23 de abril, Día do Libro.

    Lee mas »
  10. ESTE MES, X ANIVERSARIO DE LPS

    LIBROS PARA SOÑAR abriu as súas portas no ano 2000 na rúa Triunfo do Casco Vello e o próximo 23 de abril, Día do Libro, celebra o seu décimo aniversario: dez anos ofrecendo unha variada e completa oferta especializada aos lectores, cos títulos máis relevantes no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Ademais de facer un servizo personalizado, a cualidade que máis define a LIBROS PARA SOÑAR ao longo destes anos é a súa programación continua de actividades de animación á lectura. Todos os venres, de xeito gratuito, celébranse sesións de contos e música para nenos e nenas.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.