Página 13 - Internacionalización
-
Publicado: Diciembre 29, 2009
Europa y Asia reciben libros 'made in' KALANDRAKA y FAKTORÍA K. Tras “Jaime y las bellotas”, el mercado coreano vuelve a incorporar otro relato del narrador británico Tim Bowley. “Amelia quiere un perro”, ilustrado por André Neves, acaba de ser traducido y publicado por la editorial Mirae. Además, “Bocas”, de Xulio Gutiérrez y Nicolás Fernández, ya forma parte del catálogo del sello alemán Gerstenberg para 2010, al que se añadirá también “Nacer”, el último volumen de la colección ‘Animales Extraordinarios’.
---------------------------------
Europa e Asia reciben libros “made in” KALANDRAKA e FAKTORÍA K. Tras “Xaime e as landras”, o mercado coreano volve incorporar outro relato do narrador británico Tim Bowley. “Amelia quere un can”, ilustrado por André Neves, acaba de ser traducido e publicado pola editorial Mirae. Ademais, “Bocas”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, xa forma parte do catálogo do selo alemán Gerstenberg para 2010, ao que se engadirá tamén “Nacer”, o último volume da colección ‘Animais Extraordinarios’.
...
-
Publicado: Diciembre 24, 2009
Ilustración, Christian Voltz (“¿Dónde está?”, KALANDRAKA)
-
Publicado: Diciembre 16, 2009
Faktoria K e o ilustrador Pedro Proença apresentam “Fernando Pessoa: antologia poética”, um novo volume da colecção Treze Luas. Será este 18 de dezembro, sexta-feira: na livraria Papa-Livros, para público infantil, a partir das 18:30 horas, com Emilio Remelhe como moderador; e na livraria, café-bar e galería de arte Labirintho, a partir das 21:45 horas, para leitores adultos, com a participação de José Carlos Tinoco.
-----------------------------
Faktoría K e o ilustrador Pedro Proença presentan “Fernando Pessoa: antologia poética”, un novo volume da colección Trece Lúas. Será este sábado 18 de decembro: na libraría Papa-Livros, para público infantil, a partir das 18:30 horas, con Emilio Remelhe como moderador; e na libraría, café-bar e galería de arte Labirintho, a partir das 21:45 horas, para lectores adultos, coa participación de José Carlos Tinoco.
-
Publicado: Diciembre 07, 2009
KALANDRAKA e a editorial brasileira Callis asinaron un acordo para crear o selo KALANDRAKA BRASIL, co que aspiran a converterse nun referente na edición de álbums ilustrados de calidade para os lectores dese país. Ao longo de 2010 publicaranse os primeiros dez títulos, entre os que figuran as obras gañadoras do Premio Internacional Compostela: “Cerca”, de Natalia Colombo, e “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, ás que se sumará o traballo que resulte galardoado o vindeiro mes de abril na terceira edición do certame.
------------------------------------------
KALANDRAKA y la editorial brasileña Callis firmaron un acuerdo para crear el sello KALANDRAKA BRASIL, con el que aspiran a convertirse en un referente en la edición de álbumes ilustrados de calidad para los lectores de ese país. A lo largo de 2010 se publicarán los primeros diez títulos, entre los que figuran las obras ganadoras del Premio Internacional Compostela: “Cerca”, de Natalia Colombo, y “Un gran sueño”, de Felipe Ugalde, a las que se sumará el trabajo que resulte galardonado el próximo mes de abril en la tercera edición del certamen.
...
-
Publicado: Diciembre 01, 2009
“No es una caja”, editado por FAKTORÍA K, es otro de los libros protagonistas de la FIL de Guadalajara. El Banco del Libro de Venezuela lo incluyó tiempo atrás en la prestigiosa selección de “Los mejores libros para niños y jóvenes 2009”, en el apartado de traducciones. Uno de los espacios más concurridos de FIL Niños es precisamente una exposición de todas las obras escogidas, donde los adultos y, especialmente los niños, echan a volar su imaginación.
---------------------------
“Non é unha caixa”, editado por FAKTORÍA K, é outro dos libros protagonistas da FIL de Guadalajara. O Banco do Libro de Venezuela incluiuno tempo atrás na prestixiosa escolma “Os mellores libros para nenos e mozos 2009”, no apartado de traducións. Un dos espazos máis concurridos de FIL Nenos é precisamente unha exposición de todas as obras escollidas, onde os adultos e, especialmente os nenos, botan a voar a súa imaxinación.
...
-
Publicado: Noviembre 30, 2009
El artista plástico mexicano Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran sueño”, presentó en la FIL de Guadalajara (México) esta obra con la que ganó el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Ugalde expresó su “orgullo” por incorporarse al catálogo de KALANDRAKA con este libro cuyo personaje, un cocodrilo, “nació con buena estrella y hoy forma parte del universo”, en alusión a su relación con la astronomía, la mitología maya y la sociedad contemporánea.
---------------------------------------
O artista plástico mexicano Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran soño”, presentou na FIL de Guadalajara esta obra coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Ugalde expresou o seu “orgullo” por incorporarse ao catálogo de KALANDRAKA con este libro cuxo protagonista, un crocodilo, “naceu con boa estrela e hoxe forma parte do universo”, en alusión á relación coa astronomía, a mitoloxía maia e a sociedade contemporánea.
...
-
Publicado: Noviembre 29, 2009
El ilustrador Kiko Da Silva y el guionista Carlos Portela están en la Feria del Libro de Guadalajara, donde impartieron una charla sobre cómic para el público mexicano. Los autores de títulos como “Fiz” y “La cuenta atrás”, editados por FAKTORÍA K, mostraron sus respectivas obras y pusieron en común su experiencia en este género. El resultado, una divertida historieta elaborada en vivo y en directo: una niña que se pierde en la FIL es el argumento de “Una feria para no perderse”, que juega con el doble sentido de esta cita ineludible dedicada al libro y la lectura.
-----------------------------
O ilustrador Kiko Da Silva e o guionista Carlos Portela están na Feira do Libro de Guadalajara, onde impartiron unha charla sobre cómic para o público mexicano. Os autores de títulos como “Fiz” e “A conta atrás”, editados por FAKTORÍA K, amosaron as súas respectivas obras e puxeron en común a súa experiencia neste xénero. O resultado, unha divertida historieta elaborada en vivo e en directo: unha nena que se perde na FIL é o argumento de “Unha feira para non perderse”, que xoga co dobre sentido desta cita ineludible adicada ao libro e á lectura.
...
-
Publicado: Noviembre 28, 2009
Además del stand de LIBROS PARA SOÑAR, los libros de KALANDRAKA y FAKTORÍA K se encuentran también en otros puntos de la FIL de Guadalajara. En castellano, en el stand de la Asociación de Editores de Andalucía, y en gallego, en el stand de la Asociación Gallega de Editores.
----------------
Ademais do stand de LIBROS PARA SOÑAR, os libros de KALANDRAKA e FAKTORÍA K tamén se atopan noutros puntos da FIL de Guadalajara. En castelán, no stand da Asociación de Editores de Andalucía, e en galego, no stand da Asociación Galega de Editores.
...
-
Publicado: Noviembre 27, 2009
KALANDRAKA y FAKTORÍA K ya están con Callis y Obranegra en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México. Situado a las puertas del espacio infantil FIL Niños, el stand de LIBROS PARA SOÑAR se abre estos primeros días al público familiar, sorprendido por la constelación del cocodrilo que decora el espacio. El protagonista de “Un gran sueño”, el álbum ganador del II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, se asoma desde un cielo azul y estrellado, rodeado de otras historias, colores y emociones.
--------------------------------Obranegra
KALANDRAKA e FAKTORÍA K xa están con Callis e Obranegra na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México. Situado ás portas do espacio infantil FIL Niños, o stand de LIBROS PARA SOÑAR ábrese estes primeiros días ao público familiar, sorprendido pola constelación do crocodilo que decora o espazo. O protagonista de “Un gran soño”, o álbum gañador do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, asómase dende un ceo azul e estrelado, rodeado doutras historias, cores e emocións.
...
-
Publicado: Noviembre 24, 2009
KALANDRAKA, FAKTORÍA K y LIBROS PARA SOÑAR se preparan para participar, un año más, en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México. “Un gran sueño”, galardonado con el II Premio Internacional Compostela, será el protagonista del stand y su autor, Felipe Ugalde, presentará la obra el próximo 30 de noviembre a las 18:30 horas en la sala Mariano Azuela de la FIL. Le acompañarán el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, y el coordinador de LIBROS PARA SOÑAR, José Manuel Mateo.
-----------------------------------
KALANDRAKA, FAKTORÍA K e LIBROS PARA SOÑAR prepáranse para participar, un ano máis, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México. “Un gran soño”, galardoado co II Premio Internacional Compostela, será o protagonista do stand e o seu autor, Felipe Ugalde, presentará a obra o vindeiro 30 de novembro ás 18:30 horas na sala Mariano Azuela da FIL. Acompañarano o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, e o coordinador de LIBROS PARA SOÑAR, José Manuel Mateo.
...