Página 101 - Blog K
-
Publicado: Marzo 14, 2011
"CONSTRUTORES", de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, Premio Ánxel Casal ao Mellor Libro de Non-Ficción 2010.
"CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA", de Pinto&Chinto, Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil 2010.
“Construtores”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, publicado na colección "Animais Extraordinarios" de FAKTORÍA K, e “Contos para nenos que dormen deseguida”, de Pinto&Chinto, que pertence á colección Sete Leguas de KALANDRAKA, recibiron respectivamente, o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro de Non-Ficción e o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil do ano 2010. A VI Noite da Edición, organizada pola Asociación Galega de Editores, reuniu en Lugo a unha representación dos profesionais deste sector, que concedeu os seus galardóns anuais.
...
-
Publicado: Marzo 11, 2011Categorías: Libros
Dende Ourense, Marcos Guimarey quixo compartir con todos nós a súa impresión persoal da lectura de “Indignádevos!”, de Stéphane Hessel. Grazas, Marcos.
“A indignación medrou en min dende fai uns meses e trato de devorar libros; é o único que me acouga. Coñecendo o fenomeno francés, tan pronto chegou ás librarías fun a polo meu exemplar: non se escatima nin en cultura, nin en arte (aprendino da miña muller). Xa sabía o que mercaba: 17 follas de pensamento condensado no que a pasividade é o inimigo letal da sociedade; e a Declaracion Universal de Dereitos Humanos, unha victoria no ano 1948, que xa queda moi lonxe... Que xa quedou, como ben di Manuel Rivas, en palabras que son follas mortas. Temos a obriga de indignarnos e de loitar de forma pacífica para que todos academos eses dereitos universais”.
-
Publicado: Marzo 10, 2011
A XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO CONTARÁ CO PRESTIXIOSO ILUSTRADOR ITALIANO ROBERTO INNOCENTI
A programación, do 14 de marzo ao 30 de abril, inclúe sesións de contos para escolares, familias e educadores, obradoiros, exposicións e encontros con creadores
O 8 de abril anunciarase a obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela
A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e mais Kalandraka, coa colaboración da Galería Sargadelos e da Deputación da Coruña, comeza este próximo 14 de marzo e vaise prolongar ata o 30 de abril, con sesións de contacontos e obradoiros para escolares, xornadas formativas para o profesorado, exposicións, encontros con ilustradores e actividades abertas ás familias. A principal novidade desta edición, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, en alusión á obra que en 2010 gañou o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, é a presenza do prestixioso artista plástico italiano Roberto Innocenti, Premio Hans Christian Andersen.
...
-
Publicado: Marzo 09, 2011Categorías: General
Además de visitar el BLOG K, a web de KALANDRAKA y la web de FAKTORÍA K, nos puedes seguir en:
-la cuenta de Kalandraka en TWITTER
-la página KALANDRAKA en Facebook
-el perfil de FAKTORÍA K DE LIBROS en FACEBOOK
...Libros, lectura y actividades de dinamización lectora y cultural, también a través de las redes sociales.
-------------------------------
Ademais de visitar o BLOG K, a web de KALANDRAKA e a web de FAKTORÍA K, pódesnos seguir:
-na conta de Kalandraka en TWITTER
-na páxina KALANDRAKA en Facebook
-no perfil de FAKTORÍA K DE LIBROS en FACEBOOK
...Libros, lectura e actividades de dinamización lectora e cultural, tamén a través das redes sociais.
-
Publicado: Marzo 08, 2011
http://www.youtube.com/watch?v=IUWdq6jj26Y
LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá mércores, a partir das 17:30 horas, unha nova sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos de idade, que vai contar coa participación da multiinstrumentista buenense Nébeda Piñeiro, que acompañará as narracións a ritmo de acordeón. Os relatos de “Pequena Lúa”, de Elzbieta, “Lúa”, de Antonio Rubio e Óscar Villán, e “Onde?”, de Leo Lionni, forman o repertorio desta actividade, coa que se pretende achegarlles o libro e a lectura dende a primeira infancia.
A narración dos contos compleméntase coa interpretación de cantigas tradicionais, arrolos e retrousos que envolven a sesión nun clima cálido e acolledor ao longo dos 30 minutos que dura a sesión. Os pais e nais que acoden cos seus meniños e meniñas reciben asesoramento personalizado sobre as propostas de lectura máis acordes para cada etapa do crecemento.
Trala de mañá, a seguinte sesión de contos para bebés celebrarase o 23 de marzo. As sesións habituais de...
-
Publicado: Marzo 07, 2011
DESCARGAR documento en formato pdf: LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, EN FEMENINO
DESCARGAR documento en formato pdf: LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, EN FEMININO
DESCARREGAR document en format pdf: LITERATURA INFANTIL I JUVENIL, EN FEMENÍ
-
El álbum “Kembo, incidente en la pista del Circo Medrano”, con texto de Carlos Pérez e imágenes de Miguel Calatayud, fue elegido para formar parte de la Lista de Honor de la IBBY (Organización Internacional del Libro Infantil y Juvenil, en sus siglas en inglés), en el apartado de ilustración. “Kembo” también figura entre los finalistas de los Premios Visual de Diseño Editorial 2010, en la misma categoría.
En este prestigioso catálogo internacional fue incluida también la traducción en euskera del libro “¡Qué bonito es Panamá!”, de Janosch, realizada por Ainhoa Irazustabarrena Barriola, con el título “Zein polita den Panama!”, coeditado por KALANDRAKA y Pamiela. Se trata de su primera traducción de un texto para público infantil.
-----------------------------------------------------
O álbum “Kembo, incidente en la pista del Circo Medrano”, con texto de Carlos Pérez e imaxes de Miguel Calatayud, foi elixido para formar parte da Lista de Honra da IBBY (Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, nas súas siglas en inglés), no apartado de ilustración. “Kembo” tamén figura entre os finalistas dos Premios Visual de Deseño Editorial 2010, na mesma categoría.
Neste prestixioso catálogo internacional foi incluida tamén a tradución en euskera do libro “Que bonito é Panamá!”, de Janosch, realizada por Ainhoa Irazustabarrena Barriola, co título “Zein polita den Panama!”, coeditado por KALANDRAKA e Pamiela. Trátase da súa primeira tradución dun texto para público infantil.
...
-
Publicado: Marzo 04, 2011
CARNAVAL
La ciudad,
como no tiene antifaz,
se disfraza con palabras:
El rascacielos, de rascasuelos.
El paso de cebra, de paso de cabra.
Incluido en "Ciudad Laberinto", de Pedro Mañas (II Premio Ciudad de Orihuela de Poesía Infantil 2009), ilustrado por Silvina Socolovsky.
-
Publicado: Marzo 03, 2011
Reseña de "INDIGNÁDEVOS!", editado por FAKTORÍA K DE LIBROS na nova colección ÁGORA K.
-
Publicado: Febrero 28, 2011
Los días lluviosos se pasan mejor en la Biblioteca de Moralzarzal (Madrid), con el colectivo Volvoreta y sus actividades de animación a la lectura. En una sesión reciente contaron con un espectador de excepción, el poeta y maestro Antonio Rubio, autor de la colección de la colección de poegramas “De la cuna a la luna” y de álbumes tan queridos como “La mierlita” o “El pollito de la avellaneda”, entre otros títulos. Una auténtica “fiesta de los cuentos” de la que participaron pequeños y mayores.
--------------------------------
Os días chuviosos pásanse mellor na Biblioteca de Moralzarzal (Madrid), co colectivo Volvoreta e as súas actividades de animación á lectura. Nunha sesión recente contaron cun espectador de excepción, o poeta e mestre Antonio Rubio, autor da colección de poegramas “Do berce á lúa” e de álbums tan queridos como “A merliña” ou “O poliño da abeleira”, entre outros títulos. Unha auténtica “festa dos contos” da que participaron cativos e maiores.