Dende Ourense, Marcos Guimarey quixo compartir con todos nós a súa impresión persoal da lectura de “Indignádevos!”, de Stéphane Hessel. Grazas, Marcos.

“A indignación medrou en min dende fai uns meses e trato de devorar libros; é o único que me acouga. Coñecendo o fenomeno francés, tan pronto chegou ás librarías fun a polo meu exemplar: non se escatima nin en cultura, nin en arte (aprendino da miña muller). Xa sabía o que mercaba: 17 follas de pensamento condensado no que a pasividade é o inimigo letal da sociedade; e a Declaracion Universal de Dereitos Humanos, unha victoria no ano 1948, que xa queda moi lonxe... Que xa quedou, como ben di Manuel Rivas, en palabras que son follas mortas. Temos a obriga de indignarnos e de loitar de forma pacífica para que todos academos eses dereitos universais”.