Página 37 - Actos | Actividades
- 
    Publicado: Julio 13, 2010Lee mas »
Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.
...
 - 
    Publicado: Julio 08, 2010
 - 
    Publicado: Julio 06, 2010Lee mas »
KALANDRAKA participa en la Feria del Libro de Alicante, que se celebra hasta el 11 de julio en la Explanada de España, uno de los espacios más emblemáticos de la ciudad. Con un peculiar horario, de 19:00 a 24:00 horas, la caseta de KALANDRAKA ofrece una selección de obras destinadas a pre-lectores, clásicos contemporáneos de la literatura infantil y juvenil, y obras de autor, desde relatos, hasta narrativa, pasando por poesía y libros de arte. El autor Pablo Albo y el ilustrador Pablo Auladell acudirán mañana a la Feria, a partir de las 19:00 horas, para firmar ejemplares de “Diógenes”.
 - 
    Publicado: Julio 05, 2010Lee mas »
...vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.
...
 - 
    Publicado: Julio 02, 2010Lee mas »
O escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente atoparanse este DOMINGO 4, a partir das 20:00 horas, cos lectores de “A araña e mais eu”. Asinarán exemplares desta obra, galardoada co Premio Xosé Neira Vilas 2009 ao mellor libro infantil, concedido pola Asociación Galega de Editores. Será na FEIRA DO LIBRO DE VIGO, na que LIBROS PARA SOÑAR ocupa a caseta número 7.
DESCARGA AS RESEÑAS DE
"A araña e mais eu" (galego) - "La araña y yo" (español) - "A aranha e eu" (portugués) - "The spider and me" (inglés)
 - 
    Publicado: Julio 01, 2010Lee mas »
O artista plástico Óscar Villán asistirá este SÁBADO 3 DE XULLO, a partir das 20:00 HORAS, á FEIRA DO LIBRO DE VIGO para asinar exemplares da súa recente obra, “O Rei Oso Branco”, editada por KALANDRAKA, na que ilustra os relatos do narrador británico Tim Bowley. Óscar Villán ten unha ampla e solvente traxectoria como ilustrador, na que destacan títulos como “O coelliño branco” (Premio Nacional de Ilustración 1999), “A cebra Camila”, “Amora”, os cinco títulos da colección para pre-lectores “Do berce á lúa” e “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K.
DESCARGA AS RESEÑAS DE:
"O Rei Oso Branco" (en galego) - "El Rey Oso Blanco" (en español) - "Contos do mundo" (en portugués)
 - 
    Publicado: Junio 30, 2010Lee mas »
A 36ª Feira do Libro de Vigo comeza este venres 2 de xullo na Praza de Compostela. As casetas van estar abertas ao público ata o domingo día 11, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. O escritor Xosé Cid Cabido, autor -entre outros títulos- de “Oralmente pola boca”, editado en castelán por FAKTORÍA K, vai ler o pregón inaugural a partir das 19:30 horas. Ao longo dos próximos días, a caseta da libraría LIBROS PARA SOÑAR vai ofrecer unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, mais tamén unha escolma de títulos dirixidos a lectores adultos. Entre as actividades que ofrece a Feira, destaca a presenza de autores e ilustradores que publicaron algunha obra en KALANDRAKA:
-O sábado 3, ás 20:00 horas, o ilustrador Óscar Villán asinará exemplares do seu traballo máis recente, “O Rei Oso Branco”, mais tamén doutros álbums emblemáticos, como “O coelliño branco”, polo que recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración en 1999; “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K;...
 - 
    Publicado: Junio 24, 2010Lee mas »
Del 6 al 8 de agosto se celebrará en Valladolid el III Encuentro Internacional de Álbum Ilustrado, IlustraTour 2010, organizado por Ilustrarte. El programa incluye conferencias, exposiciones, entrevistas, actuaciones, cine y mesas de editores. KALANDRAKA será uno de los sellos que participará en esos encuentros, el sábado 7 de 16:00 a 20:00 horas en el Museo Patio Herreriano, donde los ilustradores tendrán citas de 15 minutos para exponer una muestra de su trabajo artístico. Las solicitudes se coordinan en la web de Ilustrarte.
------------------------
Do 6 ao 8 de agosto celebrarase en Valladolid o III Encontro Internacional de Álbum Ilustrado, IlustraTour 2010, organizado por Ilustrarte. O programa inclúe conferencias, exposicións, entrevistas, actuacións, cine e mesas de editores. KALANDRAKA será un dos selos que participará neses encontros, o sábado 7 de 16:00 a 20:00 horas no Museo Patio Herreriano, onde os ilustradores terán citas de 15 minutos para expór unha mostra do seu traballo artístico. As solicitudes coordínanse na web de Ilustrarte.
...
 - 
    Publicado: Junio 17, 2010
 - 
    Publicado: Junio 15, 2010Lee mas »
Gracias a todas las personas que han visitado la caseta de KALANDRAKA durante la Feria del Libro de Madrid. Pequeños y mayores: tan pequeños que a penas alcanzaban el mostrador, tan mayores como para peinar canas. Anónimos e incluso famosos. Con sol, con luna, con lluvia, con viento, con nubes. A patas, sobre ruedas, con casco, con transportín, con carrito, con bolsa, con sombrero, con lazo, con chupete, con chuvasquero. Gracias al equipo K, a pie de feria y en la distancia. Gracias a los autores e ilustradores, por su obra, por su disposición, por su amabilidad, por su paciencia, por su ilusión. Gracias al público, por las preguntas, por la curiosidad, por las sugerencias, por los halagos, por las críticas, por los buenos deseos. Gracias al número “pi”. Hasta la Feria del Libro de Madrid 2011. Feliz lectura.
------------------------------
Grazas a todas as persoas que visitaron a caseta de KALANDRAKA durante a Feira do Libro de Madrid. Cativos e maiores: tan cativos que a penas alcanzaban o mostrador, tan maiores como para peinar canas. Anónimos e mesmo famosos. Con sol, con lúa, con chuvia, con vento, con nubes. A patas, sobre rodas, con casco, con transportín, con carriño, con bolsa, con sombreiro, con lazo, con chupete, con chuvasqueiro. Grazas ao equipo K, a pé de feira e na distancia. Grazas aos autores e ilustradores, pola súa obra, pola súa disposición, pola súa amabilidade, pola súa paciencia, pola súa ilusión. Grazas ao público, polas preguntas, pola curiosidade, polas suxerencias, polos halagos, polas críticas, polos bos desexos. Grazas ao número “pi”. Ata a Feira do Libro de Madrid 2011. Feliz lectura.
...