O escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente atoparanse este DOMINGO 4, a partir das 20:00 horas, cos lectores de “A araña e mais eu”. Asinarán exemplares desta obra, galardoada co Premio Xosé Neira Vilas 2009 ao mellor libro infantil, concedido pola Asociación Galega de Editores. Será na FEIRA DO LIBRO DE VIGO, na que LIBROS PARA SOÑAR ocupa a caseta número 7.

DESCARGA AS RESEÑAS DE

"A araña e mais eu" (galego) - "La araña y yo" (español) - "A aranha e eu" (portugués) - "The spider and me" (inglés)