O artista plástico Óscar Villán asistirá este SÁBADO 3 DE XULLO, a partir das 20:00 HORAS, á FEIRA DO LIBRO DE VIGO para asinar exemplares da súa recente obra, “O Rei Oso Branco”, editada por KALANDRAKA, na que ilustra os relatos do narrador británico Tim Bowley. Óscar Villán ten unha ampla e solvente traxectoria como ilustrador, na que destacan títulos como “O coelliño branco” (Premio Nacional de Ilustración 1999), “A cebra Camila”, “Amora”, os cinco títulos da colección para pre-lectores “Do berce á lúa” e “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K.

DESCARGA AS RESEÑAS DE:

"O Rei Oso Branco" (en galego) - "El Rey Oso Blanco"  (en español) - "Contos do mundo" (en portugués)