Página 23 - Actos | Actividades
-
Publicado: Septiembre 06, 2011
-
Publicado: Agosto 31, 2011
Do 5 ao 8 de setembro celebraranse en Santiago de Compostela as ponencias programadas na parte presencial do VIII Curso de Formación Continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas: a súa influencia na formación lectora. O álbum ilustrado”. Baixo a dirección da profesora Blanca-Ana Roig, estas xornadas están organizadas polo departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. No programa figuran autores e ilustradores que comentarán a súa experiencia literaria e artística na creación de libros editados por KALANDRAKA: Chema Heras e Rosa Osuna comentarán “Avós”; haberá un encontro con Gémeo Luís e João Pedro Mésseder, autores de “O tempo voa”; o ilustrador Miguel Calatayud impartirá unha conferencia titulada “A imaxe do texto: códigos e observacións”; tamén participará Paula Carballeira para falar de “Mateo”; e o equipo de animación á lectura de KALANDRAKA ofrecerá unha sesión de contos e música.
...
-
Publicado: Agosto 23, 2011
A presentación de “Artur” (FAKTORÍA K) en Cangas foi un grande éxito de público. Cativos e adultos, familiares, amigos e veciños, alumnos e alumnas de Xosé Manuel González ‘Oli’, arroupárono con agarimo e entusiasmo na presentación do seu último libro infantil, celebrada na sala Salasón, da súa vila natal. Unha incidencia familiar impediu que puideramos contar co ilustrador da obra, Marc Taeger. Colaborou neste acto o músico Nicolás Martínez, que acompañou a ‘Oli’ a ritmo de vibráfono mentres narraba a historia, chea de tenrura e sensibilidade, deste poliño, no seu esforzo por abrir a casca do seu ovo, por nacer e descubrir un mundo que, malia que pareza enorme e frío, malia que produza algo de medo, tamén resulta un lugar acolledor. Esta noite, como Artur, todos e todas nós puidemos durmir e soñar arroupados por un confortable "edredón de plumas".
...
-
Publicado: Agosto 22, 2011
"ARTUR" asómase ás rúas de Cangas dende as vidrieiras das librarías da vila e chama a atención de cativos e maiores, que se fixan neste poliño curioso e amigable recén saído do cascarón, que trae un libro de pastas azuis debaixo das ás. O escritor Xosé Manuel González 'Oli' participará mañá martes, a partir das 20:00 horas, na presentación deste álbum ilustrado por Marc Taeger. Acompañarao o percusionista Nicolás Martínez para contar, a ritmo de pío-pío, a súa entrañable historia. Agardámosvos no Salasón.
Grazas ás librarías El Pozo de los Tres Deseos e Viláfer por compartir connosco as imaxes dos seus fermosos escaparates.
-
Publicado: Agosto 15, 2011
O escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger presentan "ARTUR", un álbum ilustrado tenro e entrañable, cunha proposta estética moderna e chamativa. Será o 23 de agosto ás 20:00 horas na sala Salasón de Cangas.
...Pío, pío!
-
Publicado: Agosto 10, 2011
O escritor Fran Nuño asinou exemplares do poemario "La hora de los relojes" na Feira do Libro da Coruña.
“Yo me inspiro mucho en los objetos cotidianos, en lo que nos rodea en casa o en la ciudad, y para mí el reloj siempre ha sido un objeto muy poético. Hay muchos tipos de relojes, jugamos con el tiempo cronológico, que también me parece un aspecto muy poético. También he intentado jugar con el sentido del humor. Así que, pensando y pensando, fueron saliendo estos poemas, y cuando me di cuenta tenía un poemario”.
Fran Nuño, sobre “La hora de los relojes”, en Radiofusión.
-
Publicado: Agosto 09, 2011
Saíu do seu ovo e, tras botar unha agradable soneca, calidamente arroupado entre as plumas da mamá galiña, "Artur" xa comezou a explorar o mundo arredor... Das librarías aos fogares dos nenos e nenas, o álbum ilustrado de Xosé Manuel González 'Oli' e Marc Taeger é unha tenra reflexión sobre a fraxilidade da vida que comeza. Destinado a pre-lectores e primeiros lectores, está editado no selo FAKTORÍA K en castelán, galego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. Autor e ilustrador presentárono na Feira do Libro da Coruña, que se clausura mañá. Esta tarde, o escritor Fran Nuño asinará exemplares do poemario "La hora de los relojes".
---------------------------------------------------------------------
Salió de su huevo y, después de dormir, arropado entre las plumas de mamá gallina, "Arturo" ya comenzó a explorar el mundo alrededor... De las librerías a los hogares de los niños y niñas, el álbum ilustrado de Xosé Manuel González 'Oli' y Marc Taeger es una tierna reflexión sobre la fragilidad de la vida que comienza. Destinado a pre-lectores y primeros lectores, está editado en el sello FAKTORÍA K en castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. Autor e ilustrador lo presentaron en la Feria del Libro de A Coruña, que se clausura mañana. Esta tarde, el escritor Fran Nuño firmará ejemplares del poemario "La hora de los relojes".
...
-
Publicado: Agosto 08, 2011
Comeza na Coruña unha nova edición do Salón do Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposicións, conferencias e venda de historietas nas casetas dos Xardíns de Méndez Núñez. Ata este domingo 14 de agosto, o selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, onde se atopan as novidades na colección de banda deseñada: "Historias de Mestre Raposo 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.
A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "O Señor Don Nicanor", hoxe é o turno de "Artur": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.
-------------------------------------
Comienza en A Coruña una nueva edición del Salón del Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposiciones, conferencias y venta de historietas en las casetas de los Jardíns de Méndez Núñez. Hasta este domingo 14 de agosto, el sello FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, donde se encuentran las novedades de la colección de banda diseñada: "Historias de Maese Zorro 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.
A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "El Señor don Nicanor", hoxe é o turno de "ARrturo": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.
...
-
Publicado: Agosto 06, 2011
A Feira do Libro da Coruña acollerá esta tarde de sábado, a partir das 18:30 horas, a presentación do libro infantil “O Señor Don Nicanor”, editado por FAKTORÍA K, coa presenza da súa autora, Ana Fernández-Abascal. O acto completarase cunha sesión de contacontos para público familiar, amenizada pola narradora Ana Abelenda. Trátase dunha das novidades estivais que presenta este selo editorial de KALANDRAKA, xunto con “Artur”, un texto do escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ ilustrado por Marc Taeger, que se presentará este luns día 8 a partir das 19:00 horas.
...
-
Publicado: Agosto 04, 2011
“Noah Barleywater escapa da casa” é o último traballo de John Boyne, autor do bestseller “O neno do pixama a raias” e da novela “Motín na Bounty”. Os tres títulos están publicados no selo FAKTORÍA K, que esta tarde ás 19:30 horas organiza un faladoiro na 40ª Feira do Libro da Coruña sobre a obra máis recente deste escritor irlandés. O tradutor de “Noah Barleywater escapa da casa”, Carlos Acevedo, vai protagonizar un faladoiro aberto ao público no que se abordará a traxectoria e o estilo narrativo de Boyne, con especial énfase neste libro, que marca un punto de inflexión na produción literaria do autor, ao tratarse da súa primeira novela non histórica. O propio John Boyne describiuna como un “conto de fadas”, que destaca pola tenrura do relato, sobre un neno de oito anos que foxe do seu fogar e chega á tenda dun vello artesán que elabora bonecos de madeira, e ao que lle confía as súas dúbidas e inquedanzas infantís, xurdindo entre eles unha relación entrañable de amizade, compañía e comprensión mutuas, que mestura a experiencia do ancián coa inmadurez do cativo.
...