Animación Lectora

  1. XIV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    "Ilustrar a música", conJoão Vaz de Carvalho e José Antonio Abad.

    O ilustrador portugués João Vaz de Carvalho será o protagonista da charla titulada “Ilustrar a música”, que se celebrará este xoves día 10 ás 18:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago. Con esta actividade comeza a XIV Campaña de Animación á Lectura, co lema “…Outro conto, mamá”, que se prolongará ata o 31 de maio cun amplo programa de actividades para escolares, docentes e público en xeral. Nesta sesión formativa tamén participará o especialista en didáctica da música José Antonio Abad, autor dos álbums “As catro estacións” e “

    Lee mas »
  2. EN ALICANTE, V JORNADAS DE ANIMACIÓN A LA LECTURA

    Durante esta semana se celebran en Alicante las V Jornadas de Animación a la Lectura. En la presentación del programa participaron Cesáreo Martín, de KALANDRAKA, la directora de las Bibliotecas Municipales, Luisa Villacorta, y el concejal de Cultura, Miguel Valor.

    SESIONES:

    -Lunes 28. El profesor de la Facultad de Educación de la Universidad de Alicante, Ramón Llorens, imparte la conferencia "¿Y tú, por qué no trabajas, Frederick?". Le presenta Cesáreo Martín, de KALANDRAKA.

    -Martes 29. "De la cuna a la lu

    Lee mas »
  3. V JORNADAS DE ANIMACIÓN A LA LECTURA EN ALICANTE

    Información e inscripciones: cesareomartin@kalandraka.com | Tlf. 610 705 231

    Lee mas »
  4. INAUGURACIÓN DA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    “Una bandada de contos” é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que organizan o Departamento de Educación e Kalandraka. Ata o 25 de maio, a Galería Sargadelos ficará convertida nun pequeno museo de ilustracións, instalacións artísticas e libros no que se van realizar sesións de contos e música, obradoiros de escrita e de plástica creativa para escolares, actividades para público familiar, contacontos especiais para bebés e xornadas formativas para o profesorado. Uns 4.500 alumnos e alumnas dos centros educativos de Santiago participarán na programación.

    Os nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria son recibidos pola narradora Patricia González e polo músico Álex Fente, que os van guiando a través dunha exposición chea de colorido polos espazos especialmente ambientados para cada conto.

    Lee mas »
  5. II JORNADAS DE LITERATURA INFANTIL EN ASPE: VERSOS ILUSTRADOS

    Tras el éxito de la primera edición, el ayuntamiento de Aspe y la biblioteca municipal Rubén Darío de esta localidad -en colaboración con Kalandraka- han vuelto a convocar a docentes, mediadores de lectura y bibliotecarios a las II Jornadas de Literatura Infantil y Juvenil, que se han celebrado en el Teatro Wagner. Con el lema “Tras, tras, cucutrás: versos ilustrados”, varios autores e ilustradores expusieron su experiencia en la creación literaria y artística de libros infantiles.

    Lee mas »
  6. CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE KALANDRAKA NAS ESCOLAS

    Patricia González e Álex Fente, do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA, na sesión de contos e música celebrada no Centro Cultural da Senra con escolares do CRA de Bergondo.

     

    Uns 8.000 nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria de toda Galicia van participar nas sesións de contos e música que conforman a Campaña de Animación á Lectura coa que Kalandraka vai percorrer uns 200 centros educativos. A campaña, que chega á súa 14ª edición, estará en marcha ata finais de curso e, durante este periodo, é susceptible de incorporar máis colexios interesados en ofertarlle esta actividade lúdica e formativa ao seu alumnado.

    Os contos tradicionais, os relatos de autor e os clásicos contemporáneos da Literatura Infantil e Xuvenil seguen ocupando o repertorio das sesións. Nesta nova campaña, a adaptación do conto tradicional “A galiña roxa”, de

    Lee mas »
  7. REMATA A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2011-2012

    Na derradeira semana deste curso académico, na que se apuran os últimos exames, as últimas excursións e as últimas festas escolares, dáse tamén por rematada a Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Entre sesións de contacontos ilustrados, contacontos e música, e obradoiros de plástica creativa, realizáronse máis de 200 actividades en centros de Educación Infantil, Educación Primaria e bibliotecas públicas de toda Galicia. Esta campaña itinerante é unha iniciativa propia de KALANDRAKA que se vén mantendo continuadamente dende 1998, ano de fundación da editorial. Ademais da  produción editorial, a animación á lectura e a dinamización das bibliotecas escolares son outros piares básicos da actividade cultural e educativa de KALANDRAKA.

    Lee mas »
  8. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    Nenos e adultos participaron este pasado fin de semana na sesión especial de contos e música celebrada na Galería Sargadelos de Santiago con motivo da clausura da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA. A actividade estivo amenizada por profesores e alumnos da Escola Municipal de Música, que interpretaron diversas composicións intercaladas no repertorio de contos: "Nadarín", de Leo Lionni; "Críctor", de Tomi Ungerer; e "Paco", de Paula Carballeira e Blanca Barrio, na voz dos narradores de Kalandraka. O ilustrador Marc Taeger debuxou en directo unha adaptación ao estilo chinés de "A verdadeira historia de Carapuchiña", mentres Olalla González contaba a historia.

    Dende o pasado mes de abril, a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema "Unha viaxe de ida e volta", realizou ducias de sesións de contos e música, de obradoiros de ilustración e de escrita creativa, que chegaron a milleiros de escolares dos centros educativos de Santiago. O programa tamén incluíu actividades formativas para pais e nais, profesorado e especialistas; así como sesións de contacontos para bebés e tamén para público familiar.

    Toda esta intensa programación desenvolveuse no marco escénico dunha exposición de ilustracións de artistas internacionais e de obxectos relacionados, que consta de imaxes dos seguintes libros: "A viaxe de Olaf", do urugauio Martín León Barreto (IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), "Que che gustaría ser?", da italiana Arianna Papini (finalista do certame); "O león Kandinga", da zaragozana Elisa Arguilé (Premio da Fundación CJ de Cultura de Corea); "O nacemento do dragón", da francesa Catherine Louis; "Letras nos cordóns", da italiana Marina Marcolin; e "Celso Emilio Ferreiro, escolma poética", do galego Baldo Ramos, co gallo do centenario do nacemento do escritor celanovés.

    Lee mas »
  9. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    A XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, chega estes días ao seu fin dende que, o pasado 16 de abril, comezaran a desenvolverse as sesións periódicas de contos e música para escolares, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as sesións de contacontos para bebés e as xornadas formativas para adultos, ademais da exposición de ilustradores internacionais que aínda se pode visitar ata o 31 de maio na Galería Sargadelos, en horario comercial. Mañá sábado, a partir das 12:00 horas, realizarase a derradeira actividade aberta ao público: unha sesión especial de contos que estará amenizada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

     

    Lee mas »
  10. XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO

    “Unha viaxe de ida e volta” é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino.

    A programación está dirixida ao alumnado das Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque, Polígono do Tambre e Trasparlamento. Tamén participan escolares de primeiro, segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria. Na xornada inaugural realizouse unha presentación da campaña ao profesorado para explicarlle os eixos temáticos da campaña: as viaxes como fío condutor dun percorrido imaxinario a través de continentes, culturas, idiomas, tradicións e historias diferentes que enriquecen o coñecemento e a formación a nivel individual e colectivo.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.