Na derradeira semana deste curso académico, na que se apuran os últimos exames, as últimas excursións e as últimas festas escolares, dáse tamén por rematada a Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA. Entre sesións de contacontos ilustrados, contacontos e música, e obradoiros de plástica creativa, realizáronse máis de 200 actividades en centros de Educación Infantil, Educación Primaria e bibliotecas públicas de toda Galicia. Esta campaña itinerante é unha iniciativa propia de KALANDRAKA que se vén mantendo continuadamente dende 1998, ano de fundación da editorial. Ademais da  produción editorial, a animación á lectura e a dinamización das bibliotecas escolares son outros piares básicos da actividade cultural e educativa de KALANDRAKA.

No CEIP A Pedra, de Bueu.

No CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas, de Redondela.