XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: PROFESORADO
Na xornada inaugural da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago outra das actividades realizadas foi unha charla de presentación ao profesorado dos máis de 30 centros escolares inscritos: os obxectivos desta edición, o repertorio de contos, a bibliografía relacionada, a visita á exposición de ilustracións e de libros... Xosé Pérez, en representación de KALANDRAKA, e o equipo de animación á lectura formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, foron os anfitrións desta visita especial á Galería Sargadelos.
AXENDA DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES:
*Para profesorado e público en xeral:
-9 de abril ás 18:30 horas, encontro co ilustrador Federico Delicado, Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014 coa obra "Ícaro". O lema da súa intervención é O voo do debuxante.
*Abertas ao público:
-11 de abril ás 12:00 horas, sesión aberta de contos e música para as familias. Entrada de balde.
-25 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, sesións de contos para bebés (0-3 anos) Do berce á lúa. Capacidade limitada. Solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago ([email protected] - tlf 981 554 400/401).
-9 de maio ás 12:00 horas, sesión de contos, música e sorpresas na clausura da XV Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.