Página 5 - Autores e Ilustradores

  1. KALANDRAKA EN CULTURGAL 2018

    KALANDRAKA EN CULTURGAL

    [30 novembro – 2 decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra]

    Stand 94-95-96

    Axenda de actividades

    A inscrición no obradoiro infantil de creación audiovisual cómpre realizala o domingo de 11:00h a 12:00h. Prazas limitadas a 20 nen@s. Cómpre que asistan ao taller levando o libro preferido.

     

    Lee mas »
  2. XI PREMIO COMPOSTELA: ACTO DE ENTREGA

    Os autores de “Cándido e os demais”, Fran Pintadera e Christian Inaraja, veñen de recibir o XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e KALANDRAKA organizan este certame no marco da Campaña Municipal de Animación á Lectura, cuxa próxima edición contará con “Cándido e os demais” como eixe central das actividades.

    Docentes e alumnado do CIFP Compostela e do IES do Sar, cos que Fran Pintadera e Christian Inaraja compartiran previamente as claves do seu libro, xunto con representantes da Corporación Municipal, membros do xurado do certame e especialistas en literatura infantil e xuvenil, acompañaron os artífices desta historia sobre a diversidade e a diferenza. O quinteto de saxos da Escola Municipal de Música de Santiago amenizou a cerimonia.

    [Encontro con alumnado de Educación Infantil e de Artes Gráficas no CIFP Compostela]

    Publicado en sete linguas -as cinco peninsulares, inglés e italiano-, “Cándido e os demais”...

    Lee mas »
  3. PRESENTAMOS 'A TORRE', DE ANTONIO SANDOVAL

    “A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”

    A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.

    Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (San Andrés, 35) da Coruña. Canda el participarán a directora da Torre de Hércules, Ana Santorum, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que introducirá “A Torre” no marco da nova colección Vitamina N de lecturas sobre a natureza.

    En “A Torre”, o protagonismo do mar, xunto coa importancia da flora e da fauna nun espazo xeográfico senlleiro, complétanse con narracións sobre feitos...

    Lee mas »
  4. XABIER P. DOCAMPO, IN MEMORIAM

    “Siga vivindo o libro galego”, proclamou Xabier P. DoCampo, con voz feble pero firme, hai un mes ao recoller o premio ao mellor autor de narrativa na gala organizada por editoras, escritores/as e librarías. Tamén as súas palabras han seguir vivas e perennes, tanto as que ceibou ao vento levando a súa liberdade por bandeira, como as que deixou negro sobre branco en tantos artigos, entrevistas e, sobre todo, na súa premiada obra literaria, coherente e honesta, auténtica semente de compromiso coa lingua e coa cultura de Galiza.

    Do seu fondo coñecemento dos clásicos da LIX, do seu atinado criterio lector, da súa experiencia como mestre nos nutrimos cando lle confiamos participar no xurado da primeira e da décima edición do Premio Compostela de Álbum Ilustrado. No tinteiro da memoria quedan irremediablemente proxectos e arelas que non remataron de tomar forma. E fica un doce pouso de agradecemento infinito polo tempo compartido e polo moito que nos ensinou: conversas, presentacións…

    Chora Frederick,...

    Lee mas »
  5. KALANDRAKA NA 'FESTA DOS LIBROS' DE PONTEVEDRA

    Máis dunha ducia de autoras e autores dos ‘Libros para soñar’ que KALANDRAKA ten publicado ao longo dos seus 20 anos de traxectoria déronse cita na derradeira xornada da ‘Festa dos Libros’ de Pontevedra: Manuel Lourenzo González, María Xosé Fernández, Pepe Cáccamo, Óscar Villán, Olalla González, Marc Taeger, Pilar Martínez, Chema Heras, Ramón Trigo, Manuela Rodríguez, Xosé Ballesteros, Federico Fernández, Oli, Alicia Súarez, Belén Padrón e Kiko da Silva sumáronse a este acto aberto ao público no marco do aniversario da editorial, no que Bea Campos e Manuel Pombal conduciron unha sesión de contacontos e música.

     

     

     

    Tamén acompañamos a Marga Tojo na presentación de "Cara de velocidade", a obra coa que gañou o X Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Canda ela, outras voces recitaron os versos que falan dunha nena moi especial que dá pasos de xigante nunha gran cidade: Navia e María Varela, nai e xornalista do Diario de Pontevedra, a poeta Lucía Novas...

    Lee mas »
  6. KALANDRAKA NA SELIC COMPOSTELA 2018

    KALANDRAKA estará presente na Semana do Libro de Compostela (SELIC) dando a coñecer algunhas  das súas publicacións máis recentes, como “Cara de velocidade”, de Marga Tojo, que participará nun encontro co público este sábado 2 ás 13:30 horas na carpa instalada na Praza da Quintana. Tamén contará co músico Paco Nogueiras, que ofrecerá un mini-concerto co repertorio do seu novo libro-disco “Radio Bulebule” o luns día 4 ás 18:30 horas. Ademais, o sábado 9 ás 13:30 horas contará cunha representación do elenco do Grupo  Chévere para debullar as claves da Biblioteca de Teatro, cuxo primeiro título, “Río Bravo”, vén de recibir o Premio da Gala do Libro Galego 2018 ao mellor libro neste xénero.

     

    Para a presentación deste sábado, a escritora e xornalista compostelá Marga Tojo recitará unha selección de textos da obra coa que gañou o X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Tras recoller o galardón na vila natal do poeta Miguel Hernández no pasado mes de...

    Lee mas »
  7. FERIA DEL LIBRO DE MADRID 2018

    Este viernes comienza la 77º Feria del Libro de Madrid en el Parque del Buen Retiro, hasta el 10 de junio. Un año más, los 'Libros para soñar' no faltarán a su cita con los lectores y lectoras. Os esperamos en la caseta 164 con un amplio calendario de firmas y variadas propuestas de lectura: los clásicos de siempre... ¡y muchas novedades! Este primer fin de semana no te pierdas el encuentro con:
    - Antonio Rubio: sábado 26 a las 12h.
    - Óscar Villán: sábado 26 a las 18:30h.
    - Fernando Alonso: domingo 27 a las 12h.
    - Xosé Ballesteros: domingo 27 a las 18:30h.

    Lee mas »
  8. 'TEMPO TRANSFIGURADO' EN ESPACIO KALANDRAKA

    "Poesía para os sentidos, coa imprescindible cooperación das sinestesias". Así describía Vicente Araguas o poemario "Tempo transfigurado" de Cesáreo Sánchez Iglesias. Na presentación celebrada no Espacio Kalandraka de Madrid, o profesor e crítico literario falou de beleza, de autenticidade. Canda el, Paz Castro, en representación de Kalandraka, e o autor, que evocou as claves deste décimo volume da colección Tambo: a música e o amor.

    "Só somos como nos soñamos cando amamos. Somos memoria do amor, e dos seres que amamos e polos que moitas veces fomos amados. Somos memoria do amor, e dela quizais veñen as orfandades do amor, das máis diversas formas de amor do feminino, sabendo da forza do non dito, e como nos procuramos nel. A busca do feminino é unha constante neste libro". 

    . . . . . . . . . .

    "Poesía para los sentidos, con la imprescindible cooperación de las sinestesias". Así describía Vicente Araguas el poemario "Tempo transfigurado" de Cesáreo Sánchez Iglesias. En la presentación...

    Lee mas »
  9. 'CERVATOS', DE LUCÍA NOVAS

    A poeta Lucía Novas presentou no seu Bueu natal o seu novo poemario, Cervatos, publicado na colección Tambo de Faktoría K. Na Sala Amalia Domínguez Búa estivo acompañada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás, e polo director da colección Tambo, Luis Rei Núñez. O gusto polas atmosferas kitsch, a beleza do efémero e a riqueza de obxectos superfluos marcan o estilo desta obra, que bebe das fontes do videoclip e do cinema, da música e da cultura audiovisual contemporánea.

    A diferenza dos dez títulos de Tambo precedentes, os poemas de Cervatos teñen un carácter fragmentario, están elaborados a base dun atrevido colaxe de palabras enxertadas con tino, sensibilidade e lirismo. A autora amosa un mundo urbano, nocturno e inhóspito; mais tamén recolle o pouso e a autenticidade do mundo rural. Trátase, en conxunto, dunha poética híbrida entre memoria e cosmopolitismo, que aposta pola mestizaxe entre o popular e o vangardismo. Tampouco elude a crítica á posmodernidade, ao carácter fuxidío...

    Lee mas »
  10. ENTREGA DEL PREMIO MUESTRA DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL A 'LAS PESCADORAS'

    La ilustradora Nadia Menotti y el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, han recibido en Madrid el Premio de la 33ª Muestra del Libro Infantil y Juvenil -que se ha concedido por primera vez este año- por la obra "Las pescadoras", elegida entre las 200 obras que componen el catálogo de esta exposición, que se celebra en el marco del 41º Salón del Libro Infantil y Juvenil.

    Con libros como "Las pescadoras", KALANDRAKA “mantiene su apuesta por la multiculturalidad, la educación en igualdad, la tolerancia y la estimulación de la imaginación y la curiosidad”, ha señalado el jurado del certamen, formado por la autora Margarita del Mazo, el editor Diego Moreno, la maestra Sara Moreno, el autor e ilustrador Raúl Nieto Guridi, el librero Rodrigo Rivero y el jefe de la Unidad del Libro y la Lectura de la Comunidad de Madrid, Pedro Valverde. Tamén han destacado la trayectoria de la editorial -que cumplirá 20 años en 2018- y su línea de trabajo “definida por la animación a la lectura y el apoyo...

    Lee mas »