Página 89 - Blog K
-
Publicado: Agosto 08, 2011
Comeza na Coruña unha nova edición do Salón do Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposicións, conferencias e venda de historietas nas casetas dos Xardíns de Méndez Núñez. Ata este domingo 14 de agosto, o selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, onde se atopan as novidades na colección de banda deseñada: "Historias de Mestre Raposo 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.
A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "O Señor Don Nicanor", hoxe é o turno de "Artur": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.
-------------------------------------
Comienza en A Coruña una nueva edición del Salón del Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposiciones, conferencias y venta de historietas en las casetas de los Jardíns de Méndez Núñez. Hasta este domingo 14 de agosto, el sello FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, donde se encuentran las novedades de la colección de banda diseñada: "Historias de Maese Zorro 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.
A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "El Señor don Nicanor", hoxe é o turno de "ARrturo": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.
...
-
Publicado: Agosto 06, 2011
A Feira do Libro da Coruña acollerá esta tarde de sábado, a partir das 18:30 horas, a presentación do libro infantil “O Señor Don Nicanor”, editado por FAKTORÍA K, coa presenza da súa autora, Ana Fernández-Abascal. O acto completarase cunha sesión de contacontos para público familiar, amenizada pola narradora Ana Abelenda. Trátase dunha das novidades estivais que presenta este selo editorial de KALANDRAKA, xunto con “Artur”, un texto do escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ ilustrado por Marc Taeger, que se presentará este luns día 8 a partir das 19:00 horas.
...
-
Publicado: Agosto 05, 2011
La revista Qué Leer ha vuelto a publicar un suplemento de Literatura Infantil y Juvenil, con sugerencias de lectura durante estas vacaciones estivales. Se reseña un número importante de libros, tanto del catálogo de KALANDRAKA como de FAKTORÍA K: álbum ilustrado, poesía, libros de arte... "Leer aporta conocimientos y nos hace pasar ratos estupendos; pero no olvidemos que también mantiene musculado nuestro cerebro y engrasa los mecanismos del pensamiento. Así que este verano hay que animar a los chicos y chicas a que practiquen el deporte de la lectura. Su mundo interior se lo agradecerá", dice el director de la revista, Antonio G. Iturbe.
--------------------------
A revista Qué Leer volveu publicar un suplemento de Literatura Infantil e Xuvenil, con suxerencias de lectura durante estas vacacións estivais. Reséñase un número importante de libros, tanto do catálogo de KALANDRAKA como de FAKTORÍA K: álbum ilustrado, poesía, libros de arte... "Ler achega coñecementos e fainos pasar ratos estupendos; pero non esquezamos que tamén mantén musculado o noso cerebro e engraxa os mecanismos do pensamento. Así que este verán hai que animar os mozos e mozas a que practiquen o deporte da lectura. O seu mundo interior agradecerallo", di o director da revista, Antonio G. Iturbe.
...
-
Publicado: Agosto 04, 2011
“Noah Barleywater escapa da casa” é o último traballo de John Boyne, autor do bestseller “O neno do pixama a raias” e da novela “Motín na Bounty”. Os tres títulos están publicados no selo FAKTORÍA K, que esta tarde ás 19:30 horas organiza un faladoiro na 40ª Feira do Libro da Coruña sobre a obra máis recente deste escritor irlandés. O tradutor de “Noah Barleywater escapa da casa”, Carlos Acevedo, vai protagonizar un faladoiro aberto ao público no que se abordará a traxectoria e o estilo narrativo de Boyne, con especial énfase neste libro, que marca un punto de inflexión na produción literaria do autor, ao tratarse da súa primeira novela non histórica. O propio John Boyne describiuna como un “conto de fadas”, que destaca pola tenrura do relato, sobre un neno de oito anos que foxe do seu fogar e chega á tenda dun vello artesán que elabora bonecos de madeira, e ao que lle confía as súas dúbidas e inquedanzas infantís, xurdindo entre eles unha relación entrañable de amizade, compañía e comprensión mutuas, que mestura a experiencia do ancián coa inmadurez do cativo.
...
-
Publicado: Agosto 03, 2011
Nas librarías galegas atópase xa “1984”, unha emblemática novela de George Orwell, xunto con “A granxa dos animais”; ámbalas dúas editadas na colección de narrativa do selo FAKTORÍA K. A obra, traducida por Fernando Moreiras, e cun deseño de portada de Marc Taeger, xa está colleitando os eloxios da crítica.
“...Festexo esta tradución, de impecable factura e da que subliño as posibilidades que se lle poden tirar ao texto final titulado “Os principios da novafala”, porque permite, e permitirá, achegarse con garantías a unha auténtica alfaia da literatura universal, da que case todo xa se ten dito, comezando por adscribila a iso que se ten chamado “distopía” por oposición a “utopía”, é dicir, a descrición dunha sociedade totalitaria, ofegante e sometida ao control dun goberno ditatorial”. Ramón Nicolás, no blog “Caderno da crítica”.
Escrita en 1949, “1984” está considerada como unha das mellores novelas do século XX, e representa unha demoledora crítica contra toda forma de ditadura. Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.
...
-
Publicado: Agosto 02, 2011
Ata o 10 de agosto, os Xardíns de Méndez Núñez son o epicentro da lectura na cidade da Coruña, coa inauguración da 40ª Feira do Libro. Das 37 librarías e editoriais participantes, KALANDRAKA ocupa a caseta número 36, a carón do posto de información e da carpa na que se celebran as actividades. Nesta edición, pois, os Libros para Soñar atópanse entre os primeiros, comezando o percorrido da feira polo final. Ambientada nas ilustracións de Mariona Cabassa para “A familia C” (III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), a caseta de KALANDRAKA ofrécelles aos lectores unha ampla gama de posibilidades para todos os gustos e idades: libros de cartón duro para prelectores, como os da colección “Frederick” ou os novos de produción propia titulados “O Señor Don Nicanor” e “Artur”, que se van presentar o sábado 6 ás 18:30 horas e o luns 8 ás 19:00, respectivamente; clásicos recuperados como “Tío Elefante” de Lobel, “Que fai falta?” de Rodari, ou “Correo para tigre” de Janosh; no xénero da banda deseñada, destacan “Historias de Mestre Raposo 2”, “¡Me aburro!” ou “El señor Top”, para os entusiastas da novena arte; ou as incorporacións recentes no apartado de narrativa de FAKTORÍA K, que este verán propón a lectura de “1984” de George Orwell e “Noah Barleywater escapa da casa”, que se presentará tamén este xoves a partir das 19:30 horas. Feliz agosto, feliz lectura.
...
-
Publicado: Agosto 01, 2011
Pinto&Chinto achéganse mañá, martes día 2, á 40ª Feira do Libro da Coruña, que xa está aberta ao público nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto. A partir das 20:30 horas, asinarán exemplares das súas obras. Os Libros para Soñar de KALANDRAKA atópanse na caseta número 36.
"COMPOSTELA", un caderno de viaxe de David Pintor.
"CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA", un libro de microrrelatos ilustrados, de Pinto&Chinto, distinguido co Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2010 pola Asociación Galega de Editores, e incluido na prestixiosa selección internacional The White Ravens 2011, pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich.
"HÉRCULES E CRUNIA", un texto de José Antonio Abad ilustrado por David Pintor.
"TITO LONGUEIRÓN", un cómic infantil de Pinto&Chinto.
-
Publicado: Julio 29, 2011
Dos nuevos álbumes ilustrados se incorporan este verano de ocio y helados al catálogo infantil de FAKTORÍA K: "Arturo", de Xosé Manuel González 'Oli' y Marc Taeger, y "El señor Don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal y Flavio Morais. Ambos de cartón duro, destinados a las manos, los ojos y los corazones tanto de prelectores como de primeros lectores. Ambos con una propuesta estética vanguardista que atrape su atención. Ambos, traducidos a varias lenguas. "Arturo" se asoma a un mundo nuevo que al principio le asusta y luego le acoge con ternura. "El señor Don Nicanor" es un texto rimado que ensalza el valor del libro y la lectura como vehículo para el entretenimiento y el desarrollo de la imaginación.
----------------------------
Dous novos álbums ilustrados incorpóranse este verán de ocio e xeados ao catálogo infantil de FAKTORÍA K: "Artur", de Xosé Manuel González 'Oli' e Marc Taeger, e "O señor Don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal e Flavio Morais. Ámbolos dous de cartón...
-
Publicado: Julio 28, 2011
Chegan ás librarías os novos álbums infantís de produción propia, editados no selo FAKTORÍA K: "O Señor Don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal, con ilustracións de Flavio Morais; e "Artur", un texto de Xosé Manuel González 'Oli' ilustrado por Marc Taeger. Ámbolos dous presentaranse na Feira do Libro da Coruña, que organiza a Federación de Libreiros de Galicia do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, e na que KALANDRAKA ocupará a caseta número 36. Tamén se celebrará un faladoiro sobre a última novela de John Boyne, titulada "Noah Barleywater escapa da casa", coa participación do tradutor da obra, Carlos Acevedo. Ademais, Pinto&Chinto asinarán exemplares das súas obras, ao igual que Fran Nuño, que adicará o poemario "La hora de los relojes".
-----------------------------------
Llegan a las librerías los nuevos álbumes infantiles de producción propia, editados en el sello FAKTORÍA K: "El Señor don Nicanor", de Ana Fernández-Abascal, con ilustraciones de Flavio Morais...
-
Un ano máis ven de ser actualizada a relación de obras recomandadas no Plano Nacional de Leitura de Portugal. De entre os centos de títulos destinados aos diferentes tramos de idade para o curso 2010-2011, quince son os editados por Kalandraka Portugal. Estas obras veñen a sumarse ás xa seleccionadas nos cinco anos anteriores: libros para ler en voz alta, de lectura autónoma ou en sala, de apoio a proxectos, en lingua inglesa...En resume, máis de 80 títulos que vos presentamos de seguido se continuades a ler esta nova.
___________________________________
Un año más ha sido actualizada la relación de las obras recomendadas por el Plano Nacional de Leitura de Portugal. De entre los cientos de títulos destinados a diferentes tramos de edad para en curso 2011-2012, quince son los editados por Kalandraka Portugal. Estas obras vienen a sumarse a las ya seleccionados en los cinco años anteriores: libros para leer en voz alta, de lectura autónoma o en sala, de apoyo a proyectos, en lengua inglesa...En resumen, más de 80 títulos que os presentamos a continuación si continuais leyendo esta noticia.
...