Felipe Ugalde e a súa familia, rodeado do equipo de KALANDRAKA e de LIBROS PARA SOÑAR, coa obra premiada

Un gran soño” e Felipe Ugalde xa son unha parte máis da traxectoria editorial de KALANDRAKA. A estadía en Galicia do autor e ilustrador deste álbum rematou coa presentación da obra en LIBROS PARA SOÑAR. Contos sobre a lúa e as estrelas, contos sobre artistas que, como Frida Kahlo, contribuiron a engrandecer a Historia de México... foron os ingredientes dunha velada aderezada a ritmo de violín.

-----------------------------------

Un gran sueño” y Felipe Ugalde ya son una parte más de la trayectoria editorial de KALANDRAKA. La estancia en Galicia del autor e ilustrador de este álbum finalizó con la presentación de la obra en LIBROS PARA SOÑAR. Cuentos sobre la luna y las estrellas, cuentos sobre artistas que, como Frida Kahlo, contribuyeron a engrandecer la Historia de México... fueron los ingredientes de una velada aderezada a ritmo de violín.

Sandra presenta a Felipe Ugalde en LIBROS PARA SOÑAR

Presentación de "Un gran soño" en LIBROS PARA SOÑAR

Sandra, Carmela e Iria foron as anfitrionas dunha tarde de luxo en LIBROS PARA SOÑAR, con Felipe Ugalde como invitado especial. O público, sobre todo os máis cativos, foron moi participativos entoando “lúa-lúa-lúa, lúa-lúa-sol”, imitando o rato Paco no seu empeño por lucir uns dentes impecables, emocionándose coa vida da pintora nacida na Casa Azul de Coyoacán e, por fin, escoitando “Un gran soño” co acento mexicano de Felipe Ugalde.

Afinando o violín para acompañar a Felipe Ugalde na narración do conto

Escaparate exterior de LIBROS PARA SOÑAR

As libreiras de LIBROS PARA SOÑAR e Mari-Sol son as artífices do escaparate e da decoración que loce estes días o número 1 da rúa Triunfo de Vigo. Dende o interior, “Un gran soño” invítanos a facer unha viaxe polo universo, con parada ineludible na constelación do Crocodilo e con destino final na lectura deste libro, que se exhibe xenerosamente nas sete linguas nas que está publicado o flamante II Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

Decoración interior de LIBROS PARA SOÑAR

Decoración interior de LIBROS PARA SOÑAR
(Fotos de Mari-Sol García)

-----------------------------------

Presentación de "un gran soño" en LIBROS PARA SOÑAR

Sandra, Carmela e Iria fueron las anfitrionas de una tarde de lujo en LIBROS PARA SOÑAR, con Felipe Ugalde como invitado especial. El público, sobre todo los más pequeños, fueron muy participativos entonando “luna-luna-luna, luna-luna-sol”, imitando al ratón Paco en su empeño por lucir unos dientes impecables, emocionándose con la vida de la pintora nacida en la Casa Azul de Coyoacán y, por fin, escuchando “Un gran sueño” con el acento mexicano de Felipe Ugalde.

Felipe Ugalde conta "Un gran soño" a ritmo de violín

Felipe Ugalde en LIBROS PARA SOÑAR

Las libreras de LIBROS PARA SOÑAR y Mari-Sol son las artífices del escaparate y de la decoración que luce estos días el número 1 de la calle Triunfo de Vigo. Desde el interior, “Un gran sueño” nos invita a hacer un viaje por el universo, con parada ineludible en la constelación del Cocodrilo y con destino final en la lectura de este libro, que se exhibe generosamente en las siete lenguas en las que está publicado el flamante II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Público infantil e adulto que asistiu á presentación de "Un gran soño" en Vigo

Felipe Ugalde asinou exemplares de "Un gran soño"

(Fotos de Mari-Sol García)