Página 37 - Blog K

  1. XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: PROFESORADO

    Na xornada inaugural da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago outra das actividades realizadas foi unha charla de presentación ao profesorado dos máis de 30 centros escolares inscritos: os obxectivos desta edición, o repertorio de contos, a bibliografía relacionada, a visita á exposición de ilustracións e de libros... Xosé Pérez, en representación de KALANDRAKA, e o equipo de animación á lectura formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, foron os anfitrións desta visita especial á Galería Sargadelos.

    AXENDA DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES:

    *Para profesorado e público en xeral:

    -9 de abril ás 18:30 horas, encontro co ilustrador Federico Delicado, Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014 coa obra "Ícaro". O lema da súa intervención é O voo do debuxante.

    *Abertas ao público:

    -11 de abril ás 12:00 horas, sesión aberta de contos e música para as familias. Entrada de balde.

    -25 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, sesións de contos para bebés (0-3 anos) Do berce á lúa. Capacidade limitada. Solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago ([email protected] - tlf 981 554 400/401).

    -9 de maio ás 12:00 horas, sesión de contos, música e sorpresas na clausura da XV Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

    ...

    Lee mas »
  2. XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: INAUGURACIÓN

    A narradora Patricia González e o músico Álex Fente comezan a sesión contando "Ícaro", de Federico Delicado

    A XV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela inaugurouse na Galería Sargadelos coa visita dos primeiros grupos de escolares: os alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola asistiron á sesión de contacontos e música con Patricia González e Álex Fente, mentres que os do CEIP López Ferreiro foron os primeiros en participar nos obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico galego Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración, ao tempo que Alberto Barreiro coordinaba o taller de escrita creativa co alumnado do colexio San Jose de Cluny.

    Ao longo dos 15 anos de traxectoria desta Campaña de Animación á Lectura, máis de 50.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra visitaron as salas da Galería Sargadelos, convertidas ben nun pequeno museo, ben nun laboratorio de creación. Nesta edición inscribíronse máis de 30 centros educativos que, sumando as actividades abertas ao público, permitirán superar un ano máis os 5.000 participantes.

    ...

    Lee mas »
  3. PRESENTACIÓN DE 'DONDE NACE LA NOCHE' EN MADRID

    Celebramos el Día de la Poesía y la llegada de la primavera con la escritora argentina Laura Forchetti, que presentará su poemario "Donde nace la noche" (VII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños), ilustrado por María Elina Méndez.

    Lee mas »
  4. LAURA FORCHETTI RECIBE EL VII PREMIO CIUDAD DE ORIHUELA

    Lee mas »
  5. ENTREGA DEL VII PREMIO CIUDAD DE ORIHUELA A LAURA FORCHETTI

    La entrega del VII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños se celebrará mañana martes, 17 de marzo, a las 19:00 horas en el centro cultural La Lonja. La ganadora del certamen, Laura Forchetti, ha venido desde Buenos Aires para recoger el galardón y presentar su poemario, publicado con el título “Donde nace la noche”.

    En el acto de entrega del premio participarán alumnos y alumnas del IES Gabriel Miró y de los colegios Villar Palasí, La Aparecida, Miguel Hernández, La Murada, La Matanza, Jesús María de San Isidro y Virgen de la Puerta, que recitarán sus poemas.

    Laura Forchetti aprovechará su estancia en Orihuela para visitar tres centros escolares -Gabriel Miró, Jesús María de San Isidro y Villar Palasí- para compartir con los niños y niñas su experiencia literaria. En este último acompañará a la comunidad educativa en la inauguración de su biblioteca.

     

    Laura Forchetti también será la invitada especial del ESPACIO KALANDRAKA de Madrid este sábado a las 12:00 horas...

    Lee mas »
  6. TONUCCI PRESENTA 'A CIDADE DOS NENOS' EN PONTEVEDRA E SANTIAGO

    O prestixioso educador e psicopedagogo italiano Francesco Tonucci visitará Galicia esta semana para presentar o seu proxecto "A cidade dos nenos" e o libro do mesmo título, traducido ao galego por Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez.

    Francesco Tonucci é autor de numerosos libros sobre a infancia na sociedade actual. Graduado en Pedagoxía en 1963, traballou como mestre e dirixiu o Departamento de Psicopedagoxía do Consello Nacional de Investigación italiano. Desde 1991 realiza na súa cidade natal de Fano o proxecto «A cidade dos nenos».  En 1997 foi nomeado presidente do Comité Italiano de Televisión e Menores, para a protección da infancia. Colabora coa Cidade da Ciencia de Nápoles e co seu Laboratorio dos nenos; é asesor científico do proxecto «O museo dos nenos» de Roma e doutras entidades vencelladas ao Proxecto Internacional da Cidade dos Nenos. Nos últimos anos vén realizando unha gran difusión das súas investigacións a través de distintas obras que, desde o italiano...

    Lee mas »
  7. LECTURAS EN FEMENINO

    Cuentos en femenino con Adela Turin y Nella Bosnia

    Rosa Caramelo - Arturo y Clementina - Una feliz catástrofe - La historia de los bonobos con gafas

    . . . . . .

    Contos en feminino con Adela Turin e Nella Bosnia

    Rosa Caramelo - Artur e Clementina - Unha feliz catástrofe - A historia dos bonobos con lentes

    . . . . . .

    Contes en feminí amb Adela Turin i Nella Bosnia

    Rosa Caramel - L'Artur i la Clementina - Una catàstrofe afortunada - La història dels bonobos amb ulleres

    . . . . . .

    Contos no feminino con Adela Turin e Nella Bosnia

    Rosa Rebuçado - Uma feliz catástrofe - Artur e Clementina - A historia dos bonobos com óculos

    Lee mas »
  8. AGENDA DE MARZO EN EL ESPACIO KALANDRAKA

    La ilustradora madrileña Rocío Martínez será la protagonista de la sesión para público adulto que se celebrará mañana, viernes 6, en el ESPACIO KALANDRAKA (calle Santa María, 16), a las 20:00 horas. Presentará “La historia del Rainbow Warrior”, el libro del que es autora e ilustradora, que acaba de regresar a las librerías, y cuyas ilustraciones ocupan una parte de la exposición de arte que se puede visitar hasta el 7 de abril.

    Rocío Martínez explicará el proceso creativo de este libro, que surgió de la recreación de una escena familiar en la que el ecologista Alberto de la Fuente le contaba a su hija la historia del buque insignia de Greenpeace, que debe su nombre a una profecía de los indios Cree. La peculiaridad de “La historia del Rainbow Warrior” es que en el proceso de producción de este libro se ha utilizado papel fabricado a partir de madera procedente de plantaciones ambientalmente sostenibles, por lo que Greenpeace ha certificado que cumple los requisitos del proyecto “Libro...

    Lee mas »
  9. PRESENTACIÓN DE 'LEVIATÁN' EN VERSUS, DE VIGO

    O artista vigués Ramón Trigo presentará este venres 6 de marzo, ás 20:30 horas, o seu último libro, “Leviatán”, galardoado co Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado 2012 e publicado no selo Faktoría K. A presentación, na Libraría Versus de Vigo, tamén contará coa participación de Xosé Amoedo, do colectivo A Madriña Asociados, e do director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros. O propio Ramón Trigo fará unha intervención artística sobre a obra presentada.

    Ambientado no mar, “Leviatán” narra unha historia novidosa e enigmática con referencias ao “Moby Dick” de Herman Melville e a textos bíblicos do “Libro dos Salmos”. No fondo, é un traballo cunha importante carga simbólica, xa que reflicte a complexa relación entre os seres humanos e a natureza, advertindo contra as graves agresións que sofre o noso planeta que, malia todo, continúa o seu cíclico devir.

    Dende o punto de vista artístico, “Leviatán” destaca pola forza e pola expresividade das ilustracións, representadas cunha paleta de cores básica...

    Lee mas »
  10. ILUSTRADORES SELECCIONADOS PARA BRATISLAVA

    David Pintor, co caderno de viaxe “Lisboa”, e Dani Padrón, coas ilustracións do libro-disco “Pan de millo”, publicados por KALANDRAKA, van participar na Bienal de Ilustración de Bratislava 2015, que se celebrará do 4 de setembro ao 25 de outubro na capital de Eslovaquia.

    A representación de KALANDRAKA complétase con “Ícaro”, a obra coa que Federico Delicado gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

    A Bienal de Bratislava, que neste 2015 cumpre 50 anos da súa fundación, é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros infantís e xuvenís, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos.

    A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) -como delegación española da Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBBY, nas súas siglas en inglés)- escolleu 15 ilustradores do Estado español para que envíen obras orixinais -cos seus respectivos...

    Lee mas »