Página 122 - Blog K
-
Publicado: Abril 23, 2010
-
Publicado: Abril 22, 2010
LIBROS PARA SOÑAR cumpre mañá, 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celébrao invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas, a partir das 18:30 horas. Entre os invitados estarán os autores Xosé Ballesteros e Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, que fará un mural colectivo cos debuxos dos asistentes, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo. Como é tradicional nesta data, os libros terán un 10% de desconto no seu prezo. Ademais, os visitantes poderán participar nestes días no sorteo dun lote de álbums ilustrados.
A tamén viguesa libraría Mañán -que acaba de pechar definitivamente as súas portas- e LIBROS PARA SOÑAR foron as primeiras librarías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantís e xuvenís. De LIBROS PARA SOÑAR tamén destaca a súa iniciativa pioneira de desenvolver para a cidadanía de Vigo unha programación cultural, gratuita...
-
Publicado: Abril 21, 2010
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitaron esta mañá na Galería Sargadelos aos escolares dos colexios Vilas Alborada e San Jorge, que participaban na sesión de contos e música da X Campaña de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA. Xuntos, contemplaron a exposición das ilustracións de Felipe Ugalde para a obra “Un gran soño”, coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, e escoitaron a Patricia González narrando o conto, co acompañamento de Pablo Díaz ao clarinete.
...
-
Publicado: Abril 20, 2010
¿Eres de arriba o de abajo, del norte o del sur del planeta? No importa, lo interesante es la mezcla de idiomas, de razas y de culturas. Fue el mensaje de la autora e ilustradora Paloma Valdivia en el taller que realizó este pasado fin de semana en Món Llibre, con la colaboración de la actriz y narradora Irma Borges. El álbum “Los de arriba y los de abajo” fue el hilo conductor de una actividad dinámica y participativa en la que los más pequeños contribuyeron a crear un mural con sus propios personajes, a uno y otro lado de la línea del Ecuador.
...
-
Publicado: Abril 19, 2010
L'il.lustradora Rebeca Luciani i la narradora Sherezade Bardaji varen ser les anfitriones d'un taller d'il.lustració dedicat a l'àlbum "El somriure de la Daniela". Els sentits, els sentiments, els colors i l'alegria d'aquest àlbum contagiaren a petits i grans en aquesta sessió de Món Llibre celebrada a Barcelona. Rebeca Luciani va comptar amb l'inestimable col.laboració del públic per posar una nota d'alegria a cada mural. L'objectiu: participar i compartir l'imaginació, la fantasia i la lectura.
----------------------------------------
La ilustradora Rebeca Luciani y la narradora Sherezade Bardaji fueron las anfitrionas de un taller de ilustración dedicado al álbum “La sonrisa de Daniela”. Los sentidos, los sentimientos, los colores y la alegría de este álbum contagiaron a pequeños y grandes en esta sesión de Món Llibre celebrada en Barcelona. Rebeca Luciani contó con la inestimable colaboración del público para poner la nota de alegría a cada mural. Objetivo: participar y compartir la imaginación, la fantasía y la lectura.
...
-
Publicado: Abril 16, 2010
http://www.youtube.com/watch?v=JMG1bi0pmCo&feature=player_embedded
O autor e ilustrador de “No bosque”, “Sacapenas” e “O libro dos porcos”, editados tamén en portugués (e mais en euskera estes dous últimos) visitou por primeira vez Arxentina. Anthony Browne impartiu unha conferencia organizada pola Área de Coordinación de Materiais Educativos do Ministerio de Educación da Nación e mais o Centro de Lectura, Escritura e Literatura Infantil da Escola de Humanidades da Universidade Nacional San Martín. O portal educativo Educ.ar publica unha entrevista co creador, realizada pola profesora Mónica Klibanski.
"Os nenos de todas as idades deberían ser estimulados a ler libros álbum".
"Suxírolles aos pais que elixan os libros que eles mesmos gozan".
"Alento a compartir o goce de observar as imaxes e non só concentrarse nas palabras e dar volta á folla inmediatamente. Esa é a miña recomendación".
(Anthony Browne)
-
Publicado: Abril 15, 2010
Aquest cap de setmana es celebra a Barcelona la sisena edició de Món Llibre, dies abans del dia de Sant Jordi, el gran dia de la Rosa i el Llibre. Durant aquests dos dies el Raval s'omplirà d'activitats per a joves lectors de totes les edats. Kalandraka i 40 editorials més hi participaran activament.
---------------------------------
Este fin de semana se celebra en Barcelona la sexta edición de Món Llibre. En vísperas del Día del Libro, la gran fiesta de Sant Jordi, la ciudad se llenará de actividades para lectores infantiles y juveniles. KALANDRAKA es una de las 40 editoriales que participará activamente en la programación.
...
-
Publicado: Abril 14, 2010
Hoxe cúmprense 30 anos do falecemento de Gianni Rodari (Omegna, 1920-Roma, 1980), un dos principais renovadores da pedagoxía, autor de obras senlleiras na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. O catálogo de KALANDRAKA contén varios títulos seus: “Confundindo historias” e “Inventando números”, ilustrados por Alessandro Sanna. Ademais, entre as novidades deste mes figuran a reedición de “Gramática da fantasía”, cun novo deseño e a imaxe de portada de Pablo Otero.
----------------------------
Hoy se cumplen 30 años del fallecimiento de Gianni Rodari (Omegna, 1920-Roma, 1980), uno de los principales renovadores de la pedagogía, autor de obras trascendentales en la historia de la Literatura Infantil y Juvenil contemporánea. El catálogo de KALANDRAKA contiene varios títulos suyos: “Confundiendo historias” e “Inventando números”, ilustrados por Alessandro Sanna. Además, entre las novedades de este mes figuran la reedición en gallego de “Gramática da fantasía”, con un nuevo diseño y la imagen de portada de Pablo Otero.
...
-
Publicado: Abril 14, 2010
-
Publicado: Abril 13, 2010
A Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos, cumpre unha década ao servizo da comunidade escolar e educativa da bisbarra compostelá. Co lema “Un gran soño”, que non só é o título da obra galardoada co II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, senón tamén a expresión do camiño percorrido nestas dez edicións, a Campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades gratuitas para pre-lectores, escolares, educadores, bibliotecarios e promotores da lectura, público familiar e, por primeira vez, futuros creadores artísticos. A programación transcorrerá ata o 22 de maio na Galería Sargadelos, nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre, e tamén no IES de Sar.
------------------------------------------------
La Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA, en colaboración con la Galería Sargadelos, cumple una década al servicio de la comunidad escolar y educativa de la comarca compostelana. Con el lema “Un gran sueño”, que no solo es el título de la obra galardonada con el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, sino también la expresión del camino recorrido en estas diez ediciones, la Campaña se vuelca un año más en desarrollar actividades gratuitas para escolares, educadores, bibliotecarios y promotores de lectura, público familiar y, por primera vez, pre-lectores y futuros creadores artísticos. La programación transcurrirá hasta el 22 de mayo en la Galería Sargadelos, en las escuelas infantiles de Conxo, As Fontiñas, San Roque y Polígono do Tambre, y también en el IES de Sar.
...