Hoxe cúmprense 30 anos do falecemento de Gianni Rodari (Omegna, 1920-Roma, 1980), un dos principais renovadores da pedagoxía, autor de obras senlleiras na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. O catálogo de KALANDRAKA contén varios títulos seus: “Confundindo historias” e “Inventando números”, ilustrados por Alessandro Sanna. Ademais, entre as novidades deste mes figuran a reedición de “Gramática da fantasía”, cun novo deseño e a imaxe de portada de Pablo Otero.

----------------------------

Hoy se cumplen 30 años del fallecimiento de Gianni Rodari (Omegna, 1920-Roma, 1980), uno de los principales renovadores de la pedagogía, autor de obras trascendentales en la historia de la Literatura Infantil y Juvenil contemporánea. El catálogo de KALANDRAKA contiene varios títulos suyos: “Confundiendo historias” e “Inventando números”, ilustrados por Alessandro Sanna. Además, entre las novedades de este mes figuran la reedición en gallego de “Gramática da fantasía”, con un nuevo diseño y la imagen de portada de Pablo Otero.

Reseña de “Confundindo historias”, segundo o Servizo de Orientación de Lectura:

Carapuchiña é vermella ou verde? Atópase no bosque cunha xirafa ou cun lobo? O lobo pregúntalle onde vai ou canto é 6 x 8? Vaia, parece que o avó da nena protagonista deste conto é un pouco distraído, así que é a nena a que ten que lembrarlle a cada paso como é en realidade a historia verdadeira. Pero non por iso se aburren, máis ben todo o contrario. Tamén é divertido ter un avó tan despistado.

Reseña de “Inventando números”, segundo o Servizo de Orientación de Lectura:

Este álbum, escrito por Rodari e acompañado de debuxos de Alessandro Sanna, propón un xogo parecido ao que xa atopabamos “Confundiendo historias”. Desta volta, trátase de números e non do conto de Carapuchiña. A través dunha conversa telefónica entre un home e unha nena desenvólvese un diálogo-xogo no que se van preguntando e dicindo números. A rima é un elemento fundamental nesta proposta que achegará o texto ao neno e animará a que o aprendan. Un álbum interactivo co que se poderá seguir xogando.

Gianni Rodari, xornalista, escritor e pedagogo, naceu en Piemonte (Italia) o 23 de outubro de 1923. Dous anos despois de graduarse como mestre (1937) estalou a II Guerra Mundial. Rodari vencellouse entón ao PCI e comezou a colaborar no xornal comunista L’Unità de Milán. En 1958 fichou por Paese Sera de Roma, diario no que traballou ata a súa morte, en 1980. Rodari comeza a escribir para nenos en 1948 en diversos xornais: recitados, filastrocche, narracións curtas de carácter humorístico, ligadas á poesía popular italiana. A partir daquela, comezará a publicar unha extensa obra na que figuran títulos tan populares como “Contos por teléfono”, “Contos escritos a máquina”, “Contos para xogar”, etcétera. Rodari foi galardoado en 1970 co Premio Hans Christian Andersen en recoñecemento á súa gran obra adicada ao público infantil.

Froito do seu interés pola literatura para nenos, nos anos 60 Rodari recorreu as escolas italianas “para contar historias e responder as preguntas dos nenos. Porque sempre hai un neno que pregunta: “¿Cómo é que se inventan as historias? Pregunta que merece unha resposta”. A través do contacto directo cos nenos, Rodari observa, conversa e toma apuntes, intentando desentranar os procedementos da arte de contar historias. Esta actividade será a base da súa máis importante obra teórica: “Gramática da fantasía”. Rodari presentará nela o “binomio fantástico”, o “que pasaría se...?”, a construción de adiviñas, a “ensalada de contos”, e demais repertorio de propostas rodarianas para crear historias.

No fondo da obra existe unha mensaxe moi clara que fai referencia á escola: ningún tipo de xerarquía entre as distintas materias. E, no fondo, unha soa materia: a realidade, enfocada dende todos os puntos de vista, empezando dende a realidade próxima, a comunidade escolar, o estar xuntos, o modo de estar e de traballar xuntos. Nunha escola deste tipo, o neno xa non está como consumidor de cultura e de valores, senón como creador e produtor, de valores e de cultura.

---------------------------------

Reseña de “Confundiendo historias”, según el Servicio de Orientación de Lectura:

¿Caperucita es roja o es verde? ¿Se encuentra en el bosque con una jirafa o con un lobo? ¿El lobo le pregunta a dónde va o cuánto es 6 X 8? Vaya, parece que el abuelo de la niña protagonista de este cuento es un poco distraído, así que es la niña la que tiene que recordarle a cada paso cómo es en realidad la historia verdadera. Pero no por eso se aburren, más bien todo lo contrario. También es divertido tener un abuelo tan distraído.

Reseña de “Inventando números”, según el Servicio de Orientación de Lectura:

Este álbum, escrito por Rodari y acompañado de dibujos de Alessandro Sanna, propone un juego parecido al que ya encontrábamos en Confundiendo historias. Esta vez, se trata de números y no del cuento de Caperucita Roja. A través de una conversación telefónica entre un señor y una niña se desarrolla un diálogo-juego en el que se van preguntando y diciendo números. La rima es un elemento fundamental en esta propuesta que acercará el texto al niño y animará a que lo aprendan. Un álbum interactivo con el que se podrá seguir el juego.

Gianni Rodari, periodista, escritor y pedagogo, nació en Piemonte (Italia) el 23 de octubre de 1923. Dos años después de graduarse como maestro (1937) estalló la II Guerra Mundial. Rodari se vinculó entonces al PCI y comenzó a colaborar en el periódico comunista L’Unità de Milán. En 1958 fichó por Paese Sera de Roma, periódico en el que trabajó hasta su muerte, en 1980. Rodari comienza a escribir para niños en 1948 en diversos periódicos: recitados, filastrocche, narraciones cortas de carácter humorístico, ligadas a la poesía popular italiana. A partir de entonces, comenzará a publicar una extensa obra en la que figuran títulos tan populares como “Cuentos por teléfono”, “Cuentos escritos a máquina”, “Cuentos para jugar”, etcétera. Rodari fue galardonado en 1970 con el Premio Hans Christian Andersen en reconocimiento a su gran obra dedicada al público infantil.

Fruto de su interés por la literatura para niños, en los años 60 Rodari recorrió las escuelas italianas “para contar historias y responder las preguntas de los niños. Porque siempre hay un niño que pregunta: “Cómo es que se inventan las historias? Pregunta que merece una respuesta”. A través del contacto directo con los niños, Rodari observa, conversa y toma apuntes, intentando desentrañar los procedimientos del arte de contar historias. Esta actividad será la base de su más importante obra teórica: “Gramática de la fantasía”. Rodari presentará en ella el “binomio fantástico”, el “¿qué pasaría si...?”, la construcción de adivinanzas, la “ensalada de cuentos”, y demás repertorio de propuestas rodarianas para crear historias.

En el fondo de la obra existe un mensaje muy claro que hace referencia a la escuela: ningún tipo de jerarquía entre las distintas materias. Y, en el fondo, una sola materia: la realidad, enfocada desde todos los puntos de vista, empezando desde la realidad próxima, la comunidad escolar, el estar juntos, el modo de estar y de trabajar juntos. En un colegio de este tipo, el niño ya no está como consumidor de cultura y valores, sino como creador y productor, de valores y cultura.