http://www.youtube.com/watch?v=JMG1bi0pmCo&feature=player_embedded

O autor e ilustrador de “No bosque”, “Sacapenas” e “O libro dos porcos”, editados tamén en portugués (e mais en euskera estes dous últimos) visitou por primeira vez Arxentina. Anthony Browne impartiu unha conferencia organizada pola Área de Coordinación de Materiais Educativos do Ministerio de Educación da Nación e mais o Centro de Lectura, Escritura e Literatura Infantil da Escola de Humanidades da Universidade Nacional San Martín. O portal educativo Educ.ar publica unha entrevista co creador, realizada pola profesora Mónica Klibanski.

"Os nenos de todas as idades deberían ser estimulados a ler libros álbum".

"Suxírolles aos pais que elixan os libros que eles mesmos gozan".

"Alento a compartir o goce de observar as imaxes e non só concentrarse nas palabras e dar volta á folla inmediatamente. Esa é a miña recomendación".

(Anthony Browne)