Página 5 - Actos | Actividades

  1. KALANDRAKA EN CULTURGAL 2016

    KALANDRAKA presenta este fin de semana en Culturgal, no Recinto Feiral de Pontevedra, unha selección das obras publicadas este ano, coas novidades que veñen de saír do prelo neste mes de decembro, e unha escolma do seu fondo editorial. Ademais, este sábado ás 18:30 horas está programada a actuación de Migallas Teatro no Espazo Infantil para interpretar cancións do libro-disco “Canta connosco!”, con motivo do 20º aniversario deste traballo musical. Ao día seguinte e á mesma hora, no Espazo Foro, o tradutor Xesús Fraga presentará a novela “Un monstro vén a verme”, acompañado polo psicólogo Enrique Casas, da xunta provincial en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.

    Polo stand de KALANDRAKA tamén pasarán o escritor Pepe Cáccamo que o venres ás 19:00 horas asinará exemplares de “Ganapán das palabras”, do que se cumpriron 18 anos da súa publicación. Seguiralle o autor de “A árbore da escola”, Antonio Sandoval, o sábado ás 13:00 horas. E pola tarde, a partir das 19:00 horas...

    Lee mas »
  2. IX PREMIO COMPOSTELA PARA ANTONIS PAPATHEODOULOU E IRIS SAMARTZI

    Lee mas »
  3. IX PREMIO COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO: ACTO DE ENTREGA

    “Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas.

    O último día de ser o único carteiro en toda a illa.

    Naquel tempo non había teléfono nin correo electrónico,

    e todas as noticias viaxaban a pé...”

    Este xoves 10 de novembro, ás 19:00 horas, celebrarase no Pazo de Raxoi, en Santiago, o acto público de entrega do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado aos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores da obra titulada UNHA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de novembro nas cinco linguas peninsulares. Narra o derradeiro día de traballo dun entrañable carteiro que reparte a correspondencia entre os habitantes dunha illa mediterránea. A visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi tamén inclúe un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o mesmo xoves ás 11:00 horas, para amosar o proceso de elaboración deste traballo dende o punto de vista literario e plástico. Ao día seguinte, venres 11 ás 18:30 horas, visitarán...

    Lee mas »
  4. KALANDRAKA EN EL FESTIVAL DE LA PALABRA DE BOGOTÁ

    Entre el 1 y el 5 de septiembre se ha celebrado en Bogotá el V Festival de la Palabra que organiza la Asociación de Amigos del Instituto Caro y Cuervo. Con el lema “De sobremesa”, esta edición ha contado con la participación de poetas, novelistas, ensayistas, antropólogos, sociólogos y otros agentes que analizaron la relación entre cultura y gastronomía, tan presente en la cultura occidental. El director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, ha impartido un taller literario para público juvenil y adulto titulado “Iniciación al arte de cocinar historias”.

    El objetivo de estas jornadas ha sido reflexionar sobre las relaciones entre alimentación, bebida y palabra para enriquecer el conocimiento literario, histórico y filosófico que hay detrás de autores, libros y gastronomía, también desde el punto de vista de las obras para jóvenes lectores. En el programa figuraban relatorios a cargo de los autores mexicanos Laura Esquivel y Jorge Volpi, y del argentino Martín Caparrós, entre otros....

    Lee mas »
  5. PRESENTACIÓN DE 'DIARIO DE CROSSES GREEN', CON MARTÍN VEIGA

    A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, en Noia, acolleu a presentación do “Diario de Crosses Green”, do escritor Martín Veiga. Volta o autor á súa terra natal procedente de Cork, a cidade irlandesa onde reside e traballa como profesor universitario. En Cork empezaron a agromar estes versos; de hai xa 15 anos son as primeiras composicións. Porque a obra poética de Martín Veiga constrúese lentamente, dende o sosego, a observación e a reflexión de vagar, en conexión sensorial e espiritual coa natureza.

    “Unha garza fita as augas pousada nas ponlas

    do salgueiro, estantía coma un penedo branco”

    Garzas, lavandeiras, merlos… a presenza das aves é constante no “Diario de Crosses Green”, tal e como destacou a poeta e xornalista Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural da Radio Galega. Definiuno como unha “cartografía emocional que nos convoca, un mapa dos lugares da emoción”. Citando a profesora e crítica literaria Chus Nogueira, trataríase dunha “poética do territorio”, unha poética...

    Lee mas »
  6. COS AUTORES DO 'GANAPÁN DAS PALABRAS', 18 ANOS DESPOIS

    "Ganapán das palabras" é un libro que, en si mesmo, é historia viva: chegou ao mercado editorial galego entre os primeiros títulos dunha nova editorial que, en abril de 1998, se presentaba en sociedade co lema "Libros para soñar". 18 anos despois, KALANDRAKA remóntase ás súas orixes publicando unha edición especial da obra creada polo poeta Pepe Cáccamo e pola artista plástica María Xosé Fernández, e reunindo os seus autores.

    E canda eles, o director da editorial, Xosé Ballesteros, que fixo memoria daqueles primeiros tempos, e o mestre e escritor Xosé Manuel González 'Oli', que dixiría a colección na que se enmarcou aquela primeira fornada do "Ganapán das palabras".

    Un encontro co público que, aos 18 anos daquel fito, se celebra nunha libraría que, curiosamente, acaba de nacer: Wells Libros, en Cangas do Morrazo. Paradoxos que unen a veteranía dun álbum ilustrado plenamente vixente, coa valentía de Carlos González na súa recén estreada aventura como libreiro.

    Os referentes literarios e...

    Lee mas »
  7. ENTREGA DE PREMIOS DO IV CERTAME DE RELATO CURTO DE FANPA PONTEVEDRA

    O salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra encheuse de público con motivo da entrega dos premios do IV Certame de Relato Curto organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da provincia de Pontevedra en colaboración co Concello de Pontevedra, a Deputación e varias empresas. Como resultado desta iniciativa, á que se presentaron 720 textos, publicouse un libro deseñado e producido por KALANDRAKA, que reúne os 120 traballos seleccionados por un xurado formado por  Xosé Ballesteros, Adolfo Caamaño, Francisco Freire, Xosé Manuel González 'Oli', Chema Heras, Xosé Monteagudo, Concepción Pérez e Xosé Pérez, coa participación de Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.

    Á entrega das distincións sumouse a ilustradora Belén Padrón, autora da imaxe da portada do libro.

    "Como editor, desexo que reflexiones sobre un dato preocupante: os resultados das enquisas elaboradas polo Centro de Investigacións Sociolóxicas indican que de cada cinco cidadáns,...

    Lee mas »
  8. ANTONIO RUBIO, EN GALICIA

    O poeta Antonio Rubio, autor da colección “Do berce a lúa” para pre-lectores, ilustrada polo galego Óscar Villán e publicada por KALANDRAKA, visita Galicia durante esta semana.

    A primeira cita será mañá martes ás 18:30 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16), para impartir unha sesión formativa co lema “Do berce á lúa: o traballo poético na escola”. O encontro, aberto ao público e dirixido especificamente a educadores, bibliotecarios, mediadores, nais e pais, e público en xeral, está organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, en colaboración con KALANDRAKA.

    O mércores acudirá á libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (Rúa Triunfo, 1), onde participará en dúas actividades: ás 17:30 horas, na sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos; e ás 19:00 horas, na charla-encontro “Do berce á lúa: o traballo poético na escola”. Na primeira cómpre inscribirse previamente no enderezo electrónico...

    Lee mas »
  9. 2 DE ABRIL: 18º ANIVERSARIO DE KALANDRAKA

    KALANDRAKA cumpre 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da editorial.

    KALANDRAKA elixiu este obra para botar unha ollada ás súas orixes e sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que aínda segue vixente: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense do revés, nun xogo de rimas e de versos.

    A celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil terá unha trascendencia especial en Santiago de Compostela, onde a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia” ábrese ao público familiar cunha sesión de contacontos e música, mañá sábado a partir das 12:00 horas na Galería Sargadelos....

    Lee mas »
  10. PRESENTACIÓN DE 'MUNDINOVI', VIII PREMIO CIUDAD DE ORIHUELA

    Este jueves 17 de marzo a las 19:00 horas se celebrará, en la Sala de Exposición "La Lonja", en Orihuela, el acto de entrega del VIII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños y la presentación de la obra galardonada:

    "Mundinovi", de Juan Carlos Martín Ramos

    Lee mas »